O pasado venres celebrouse a sesión do mes de febreiro do Pleno do Concello, e
non podo deixar de comentar o que para min foi o maior acto de indignidade persoal e política dende que formo
parte dese plenario.
Eu presentei para aprobación a seguinte moción, na que como podedes ver, solicitaba que se enviaran condolencias ás famílias, se dera
lectura a ditas condolencias, e se preste asistencia legal gratiuta aos afectados
do noso concello polas ordes de desafiuzamentos, tal como o Concello fai coas vítimas
da violencia de xénero.
Por estar xa convocado o Pleno cando fixen o rexistro da moción, ao
inicio da sesión debe votarse a urxencia. BNG,
EU e PSOE votaron en contra. Si, en
contra. Dixeron non a falar da moción.
Non sei se porque consideran que esta non é unha cuestión urxente, ou
porque consideran que este non é un asunto importante. En ambolosdous casos,
paréceme incrible.
Se o seu voto en contra está relacionado directamente co feito de que
fose eu a que presentara a moción, case que pido a dimisión dos/as Concelllerios/as
por esquecer que están alí para xestionar os intereses públicos e non as
vinganzas persoais.
O motivo da presentación da moción foi que considero éste un tema de vital importancia. No mes de novembro xa propuxen que o Pleno aprobara (nunha moción do BNG; punto 6 do Pleno) que a nosa policía local non participara en desafiuzamentos, e que o Concello non manteña relacións con entidades financieriras que practiquen desafiuzamentos. Pensei que debíamos dar un paso máis adiante que nos implique directamente, cos nosos recursos e co noso compromiso, adiantandonos a posibles casos que puideran producirse no noso Concello, para que quen o sufra non se sinta só e sen saber qué facer ante tan grave problema.
A plataforma Stop desahucios fala de que, neste momento, o 34% dos siucidios no Estado débense
directa ou indirectamente a situación de desafiuzamentos, e só no mes de
febreiro 5 persoas non poideron máis e suicidáronse logo de recibir a orde de
desafiuzamento por impago de hipoteca ou aluguer; e houbo un intento máis,
dunha muller que queimouse ao bonzo no interior dunha sucursal dunha entidade
financieira.
Non foi suficiente motivo de solidaridade para eles, e votaron en contra
da urxencia porque non querían votar sí á moción.
Sorprendentemente, ao longo
do Pleno, sí foi aprobado adherirnos á iniciativa da Femp (Federación Española de Municipios y
Provincias) da creación dun fondo social de vivendas para desafiuzamentos. Será
que como non supón compromiso ningún dos nosos recursos, eso si están dispostos
a facelo… porque é gratis para nós
Esta é a súa dobre moral: tanta
manifestación, tanta loita polos dereitos perdidos, tanta moción estandar
que mandan os partidos dende Santiago e que afectan a outras administracións.…,
pero cando temos que dar un paso
adiante, e comprometernos cos nosos veciños e veciñas, a troika mugardesa vota
NON.
Unha vez máis, penso que son
incapaces de empatizar, poñerse na situación dos outros e, como pensan que
probablemente eles nunca serán afectados, non se molestan en imaxinar o que supón.
Pero seguro que din que apoian a Aurelia, a muller de 85 anos que
tentan desahuciar en Coruña no que algúns denuncian como exemplo de mobbing inmobiliario.
Se Aurelia fose a nosa
veciña, e coa súa pensión de 350€ aproximadamente (e aluguer de 126€), a troika mugardesa BG-EU-PSOE o venres, co
seu voto negativo, díxenronlle que non podería ter asesoría legal do Concello.
Aclaro, asesoría legal non quere dicir que nós paguemos a súa defensa
nun xuízo. Quede dicir que pode vir ao Concello, e unha letrada (que xa temos) podería
asesorar sobre os pasos a dar, poñer en contacto con plataformas ou asociacións
de afectados, decir cómo acceder a un avogado ou avogada de oficio... vamos,
empezar polo mínimo. Pois nin eso.
Bandeiriña en alto e manifestacións, si.
Moción estandar que comprometa a outras
administracións, si
Axuda real, NON.
En resumo: Dobre moral.
E o peor é....¿Qué se pode esperar de quen se
comporta así?
PD: Non quero deixar a frase "5 suicidios no mes de febreiro" na frialdade do número, son persoas:
Un home (36 anos,8 de febrero de 2013)
PD: Non quero deixar a frase "5 suicidios no mes de febreiro" na frialdade do número, son persoas:
Un home (36 anos,8 de febrero de 2013)
Parella de xubilados (68 e 67 anos, 12 de febrero de 2013)
Un home (55 anos, 13 de febrero de 2013)
Un home (56 anos, 11 de febreiro de 2013)
Un home (55 anos, 13 de febrero de 2013)
Un home (56 anos, 11 de febreiro de 2013)
Por sus palabra se entiende que a lo que votaron no, fué a la urgencia de la moción, y sí a crear un fondo social de viviendas para los deshauciados, algo que sí cuesta dinero y que sí favorece y ayuda a estas personas.
ResponderEliminarSin embargo usted hizo unas bases de ayudas escolares que no favorecen a la ciudadanía y llegó a decir que los juguetes no son una necesidad para niños en una situación desfavorecida.............
Doble moral??? pregunte a quien necesitó ayuda bajo su mandato
Considero ambas medidas complementarias e non excluintes a unha da outra. De feito, eu votei a favor do fondo de vivendas, que por certo, non supón coste ningún para o Concello.
EliminarSobre as axudas á escolariación e xoguetes de Nadal, non comparto a súa opinión. Mentras eu fun concelleira, o BNG sempre negociou as bases co resto dos grupos, con todos, e posteriormente, foron aprobadas por resolución da Alcaldía. Que non se acadara a unanimidade non quere decir que non se negociara.
Agradézolle a súa participación.
En primeiro lugar quero pensar que non estamos ante un tema de dobre moral tal e como consta no titular da entrada, aínda que considero a posibilidade que isto poida ser unha máis das contraadicións que tamén se dan na vida cotiá pero que con máis frecuencia da desexada se reproducen na actividade política.
ResponderEliminarTampouco vou a valora ou cualificar a actitude dos grupos municipais do BNG, EU e PSOE en canto ao rexeitamento da urxencia da proposta da concelleira non adscrita, porque descoñezo a argumentación e as motivacións que os levaron a votar en contra.
Quero dicir tamén que non comparto o feito de intentar culpabilizar ou responsabilizar en exclusiva a concelleira aludida por unha decisión acordada polo goberno municipal do BNG do que ata non hai moito tempo formaba parte.
Dicir por último que para ben ou para mal, as decisións ou os acordos dos distintos órganos municipais requiren en cada caso da mayoría necesaria , aínda que sería reconmendable para iso o consenso previo en lugar do pronunciamento sistémico ou sistemático como algunas veces acontece .
Si a decisión corresponde á Xunta de Goberno Local será responsabilidade exclusiva do grupo municipal do BNG.
No caso que a decisión ou o acordo corresponda ao Pleno da Corporación, a responsabilidade será de todos aqueles que votasen a favor da proposta e tamén aos que coa abstención puidesen colaborar á súa aprobación.
A partir das devanditas premisas deberan repartirse as responsabilides e no seu caso tamén os acertos e os erros.
Agradézolle a súa participación.
ResponderEliminarDescoñezo o motivo do voto en contra da urxencia da moción por parte do tripartito, posto que os grupos non se pronunciaron ao respecto.
Con posterioridade si houbo afirmacións por parte dalgún grupo sobre o seu posicionamento ao respecto das miñas propostas, comentarios, solicitudes e preguntas, das que en canto de faga pública a acta do Pleno explicarei a miña opinión.