Dende o 15 de maio de 2013, por fin podo asistir a todas as comisión
informativas do Concello con voz e voto.
No Pleno extraordinario do día 20 de maio, os grupos municipais do BNG, EU
e PSOE acordaron no 4º punto da orde do día, limitar as indemnizacións por
asistencias que podo cobrar, como podedes ler aquí.
Esto quere decir que, ainda que asista e poda votar, non me van pagar as
comisións de Obras, Urbanismo, Cultura e Facenda. Só me pagarán unha, Benestar.
Como podedes ver nas miñas intervencións nese Pleno, a decisión adoptada
considero que é manifestamente ilegal e claramente discriminatoria, posto que os demáis concelleiros e concelleiras cobran por asistencias ou por adicacións.
Tomar decisións inxustas a
sabendas é un delito tipificado no código
Penal como prevaricación, que pode conlevar para autoridades e funcionarios
públicos multa, suspensión de emprego e/ou inhabilitación.