(Recollido de "El blog de Acal, Abogados y consultores de Administración Local". Pode consultarse o artigo íntegro aquí)
Este é o parágrafo que onte esqueceu ler a voceira de EU Pilar Díaz cando xustificou a suba realizada pola empresa aos usuarios nas cotas da piscina municipal dende o mes de setembro, logo da denuncia realizada polo PP do suposto cobro irregular aos usuarios por parte da empresa concesionaria entre setembro e novembro, por repercutirlles a suba do IVE sen que se tiveran modificado a ordenanza fiscal.
A situación é a seguinte. No mes de setembro o IVE aplicable ao servizo da piscina subiu do 8% ao 21% pola lei aprobada polo goberno popular do Estado, pero a ordenanza fiscal vixente no mes de setembro (pode consultarse aquí, na páxina 62 e seguintes) e que regulaba o cobro aos usuarios da piscina, puña que o prezo para, por exemplo un abono indiidual para maiores de 25 anos, era de 25€ IVE incluido.
Polo tanto, e como reza o primeiro parágrafo desta entrada, o cambio no imposto non podía repercutirse nos usuarios, posto que o prezo recollido na ordenanza xa contemplaba o IVE Incluido.
Outra cousa sería se o importe que aparecese na ordenanza fose 25€ IVE non incluido. Nese caso, efectivamente a empresa podería subir dende o 1 de setembro as cotas aos usuarios, posto que o recollido na ordenanza non sería o prezo final, que está composto pola base máis o IVE. Neste caso, aos 25€ habería que engadirlles o IVE para coñecer o prezo final a pagar polo usuario.
Pero non era así no caso de Mugardos, onde a ordenanza fiscal xa recollía os prezos con IVE incluido.
¿Qué tería que terse feito nese caso, para repercutirlles a suba do IVE aos usuarios? que foi o que dixo o voceiro do BNG, que nin a empresa nin o Concello podían asumir esa suba, polo que tiñan que ser os usuarios os que a pagaran. O mesmo artigo recolle a solución:
"Así pues, cuando la ordenanza fiscal indique que las tarifas en ella
contenida ya incluyen el IVA, podría justificarse un aumento de las
mismas a través de la modificación de la ordenanza fiscal, siempre y
cuando se demuestre por la empresa que gestione el servicio que se ha
producido un desequilibrio económico"
Efectivamente, a solución era a modificación da ordenanza fiscal. E esta produciuse o 26 de novembro (pode consultarse aquí) e por eso dende o 1 de setembro ata o 26 de novembro, o prezo cobrado pola empresa aos usuarios da Piscina Municipal de Mugardos semella irregular.
Esta primeira entrada do blog ten como única finalidade dar información e aclarar o que xa tentei explicar no Pleno de onte, así como o que penso que os centos de usuarios da Piscina deben saber sobre o porqué non se lles debeu subir o recibo no mes de setembro.
As valoracións políticas sobre este punto do Pleno, sobre as posturas de cada partido e sobre a miña propia virán máis adiante noutra entrada. Hoxe limítome á informar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario