sábado, 30 de marzo de 2013

¿incongruencia? ¿incompetencia?


Na comisión de Benestar do pasado luns 18 de marzo, o goberno do BNG levou unha proposta de prego de condicións do comedor escolar. Esto é, sacar a concurso público o servizo de comedor que se está a prestar o Concello no centro de Unión Mugardesa.
O importe do menú que se propón é de 5,24€/menú.
O importe máximo a pagar polas familias é de 5,15€/menú.
Esto significa que o Concello de Mugardos paga a todos os alumnos e alumnas 9 céntimos do menú. Independentemente  da súa renda, todos son bonificados con 9 céntimos todos os días.
 
Ata aquí todo correcto, senón fora porque no momento de aprobar as taxas da escola infantil, tamén municipal como o comedor escolar, estas foron algunhas das declaracións da Señora Díaz, voceira de EU. Busquei as do presidente da comisión de Benestar e as do presidente da comisión de Facenda, Señor Barcia e Señor Bouza respectivamente, pero non hai. Aquel día tocáralle a Pilar defender a proposta no Pleno como membro da Troika gobernante...que tempos aqueles...(as declaracións feitas polo Sr. Bujones non as poño porque como xa dixen noutra entrada, aquel día non estivo moi afortunado). A Sra. Díaz dixo:
"O Concello de Mugardos  fai un esforzo  importante,  tódolos veciños de Mugardos, por que a repercusión desta taxa non só é sobre os usuarios, é sobre o conxunto dos  veciños  de Mugardos...E polo tanto hai unha vinculación importante e hai unha diminución importante da contribución que vai a ter que facer o Concello..."
"e  é  verdade  que  por  iso  esta proposta  é moito máis  beneficiosa  para  a  xente  que  ten menos  rendas  que  a  que  estaba  en vigor. E tamén é certo que grava ás familias de tres membros que a súa renda comeza a subir a partir dos 1.996,92€..."

Pois o argumento precisamente contrario é o que se utiliza no comedor escolar. O que na escola infantil xustificaba a suba da taxa (que ven sendo eso de que quen máis ten máis paga) no comedor escolar non é así, e a familia con 3 membros con renda a partir dos 1.996,92€/mes que paga o 100% na escola infantil vai estar bonificada no comedor escolar, e a de 5 membros con renda de 10.000€/mes tamén vai estar bonificada no comedor, e a de 4 membros con 50.000€/ mes, tamén bonificada no comedor...porque todas, absolutamente todas as familias, van ter unha bonificación mínima de 9 céntimos por menú.
En resumo:
Tes unha renda de 700€ e es alumno da escola infantil. 0 bonificación.
Tes unha renda de 5.000€ e es usuario do comedor escolar. 9 céntimos de bonificación por menú.
Tes unha renda de 500€ e es alumno do Colexio de Franza. Nin acceso tes ao comedor.


Eu o primeiro que pido do goberno é que teña un argumento. Un. O mesmo sempre. Non me importa cal, pero o mesmo argumento para a mesma situación.
Se bonificamos todos os menús do comedor escolar, bonifiquemos todas as prazas da escola infantil.
Se bonificamos as prazas da escola infantil en función da renda, bonifiquemos o comedor en función da renda. Se na escola infantil chegado a un determinado nivel de renda hai que facer fronte ao 100% do prezo, que se faga o mesmo no comedor escolar.

Evidentemente, non é a cantidade bonificada o que me preocupa, senón a diferencia de criterios á hora de plantexar un servizo municipal. E se engadimos que non todos os alumnos e alumnas do Concello teñen acceso a dito servizo, é cando menos, inxusto.

A miña proposta é que se faga o mesmo que se fai na escola infantil: que se elimine a bonificación de 9 centimos lineal, que as bonificación sexan exclusivamente en funcion da renda e situacións especiais (familia monoparental,con membros dependentes, informe social etc) e que a baremacion para o acceso siga os mesmos criterios que na escola infantil
A maiores, e dado que das 58 prazas dispoñibles no comedor, na actualidade estanse a cubrir unha media de 16 ao día, que se amplíe o servizo aos alumnos do resto dos centros educativos do Concello de Mugardos e se incorpore un servizo de transporte gratuito entre os centros de ensino e o comedor escolar de Unión Mugardesa. 


PD. O motivo de facer a comparación entre comedor escolar e escola infantil é que son dous servizos municipais, e de conciliación familiar e laboral.
PD2.  Por se teño sorte e o Alcalde le esta entrada, antes de que na comisión me pregunte con qué podemos financiar o servizo gratuito de transporte para o comedor, dígolle que o faga, entre outros, cos cartos que propuxo gastar nun taller de ximnasia pélvica (480€ máis IVE). É cuestion de prioridades.

10 comentarios:

  1. ¿ INCOMPETENCIA , INCAPACIDADE OU IRRESPONSABILIDADE ?

    O 24 de novembro de 2088 o Diario Oficial de Galicia publicaba o anuncio de licitación da Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mugardos mediante concurso, cun presuposto base de licitación de 104.400 euros e un prazo de execución de 30 meses.

    Posteriormente , a mediados de febreiro de 2009, adxudícanse os traballos de redacción da citada revisión á empresa gañadora do concurso por un importe económico de 93.475 euros.
    Naquela ocasión o alcalde manifestaba nos medios de comunicación que coa devandita revisión do plan se pretendía a apertura de chan industrial no municipio e a busca de " criterios de sostenibilidade á hora de planificar o crecemento urbanístico da nosa vila "

    Pasados algo máis de catro anos, concretamente 50 meses cando o contrato fixaba 30 para a entrega dos traballos de redacción, sín que nada se saiba sobre o particular a min lévame a pensar que estamos a asistir a un monumental fracaso da xestión e tramitación da Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal por parte do goberno municipal do BNG.

    Finalmente dicir que sería desexable coñecer as condicións do contrato inicial subscrito coa empresa redactora , por ser un documento público, e saber o calendario do proceso de elaboración e tamén as correspondentes porcentaxes de pagamentos, aínda que a estas alturas o máis lóxico sería pensar que á vista dos feitos se producise unha revisión ou modificación do devantito contrato que de ser así tamén sería bo coñecer .

    A importancia do asunto merece unha resposta documentada tal e como vostede como concelleira procura facer habitualmente.

    Grazas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación e en canto teña toda a documentación farei unha entrada sobre o tema, que sen dúbida ten unha enorme relevancia para os veciños e veciñas. Fai aproximadamente un mes preguntei, unha vez máis, na Comisión de Urbanismo, e a resposta do Presidente foi "hai estamos" á espera do documento dos redactores do Plan.

      Eliminar
  2. En un ayuntamiento como Mugardos, con todos esos supuestos delitos urbanísticos que tan felices denunciaron IU y sus colaboradores, que no eran más que mentiras para cargarse al Alcalde y a tres más que pasaban por allí, mejor que se tomen el plan de urbanismo con toda la calma que haga falta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      Penso que na redacción do novo Plan será mellor para todos, pero en especial para os veciños e veciñas que os políticos que o negocien, esquezan rencillas pasadas. De non ser así, pode que o documento final non sexa o que recolla todas as melloras que tanto necesitamos, ou no peor dos casos, que non se chegue nin a ese novo planeamento urbanístico que o noso Concello necesita.

      Eliminar
  3. O que acontece no Concello de Mugardos en canto á revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal , iniciado fai algo máis de catro anos , parece algo insólito e non soamente polo enorme atraso en canto á súa redacción e xestión senón tamén, o que non deixa de ser aínda máis preocupante , polo escurantismo que envolve todo este proceso e que choca frontalmente coa transparente xestión que sobre o devandito documento urbanítico se está desarrollarndo no municipio de Cariño tal e como se pode ler no diario La Voz de Galicia do día de hoxe:

    O NOVO PXOM DE CARIÑO PREVÉ CREAR CHAN INDUSTRIAL NA PARROQUIA DE FEÁS

    Unha comisión permanente, formada por representantes dos tres grupos municipais, seguirá os avances do texto

    A creación de chan industrial na parroquia de Feás constitúe unha das novidades recollidas no documento inicial do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXIM) de Cariño. Trátase, segundo explica a alcaldesa, a nacionalista Purificación Seixido, «dunha zona boa porque está lonxe dás vivendas e máis cerca dás principais vías de comunicación, como é ou futuro corredor costeiro (que comunicará A Mariña lucense e Ferrol)».

    Este polígono complementaría a área industrial xa existente, a pesar da falta de actividade, na parte posterior da estación de servizo. «Está moi afectada polo POL (Plan de Ordenación do Litoral), porque define vos dous canles fluviais, anque son ríos pequenos, cunha área de protección tan extensa que case cómese todo ou polígono», sinala a rexedora, que espera que a Xunta reduza a superficie condicionada polo POL.

    Representantes dos tres grupos municipais integrarán unha comisión permanente, que se encargará de seguir os avances da nova normativa urbanística. A proposta de Seixido foi ben recibida polos portavoces socialista, José Luis Armada, e popular, Juan Manuel Fachal, na xunta de portavoces celebrada onte pola mañá. O documento inicial do plan foi remitido á Xunta e o proceso que se abre, ata lograr a aprobación definitiva do texto, alargarase. O goberno local pretende que, ademais do resto de formacións políticas, tamén se impliquen as asociacións veciñais na elaboración do PXOM. O actual data do ano 2000 e tivo que ser modificado para a súa adaptación á última reforma da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural.

    Sín comentarios .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación e como xa comentei nunha resposta anterior, en canto teña toda a documentación farei unha entrada sobre o Plan de Urbanismo.

      Eliminar
  4. Paréceme increible o que se está a facer neste axuntamento, pero creo que vostede está equivocada. Aquí non depende onde vives, depende de a quen votas para que te den unha axuda ou non, ou un servizo ou non. E logo non sabe que non todos temos auga, ou recollida de basura, ou que non se escoita a todos os que vamos a falar cos concelleiros, nin con algúns dos que traballan alí, que tamén se pensan estrelas. Aquí todos os partidos movense polos votos. E será que o Alcalde pensa que non ten votos en Franza e por eso non pon o comedor para os nenos dali.
    E vendo que aquí se pregunta por máis cousas, gustaríame saber que opina vostede sobre o que conta Esquerda unida no seu blog que di que foron limpiar unha finca que colleron unha cruz de pedra que entregaron na Policía, porque o mesmo pensan vostedes que a máis de non respetarnos os veciños, tamén poden entrar nas nosas casa. A miña que non veña ninguén nin a levar nada, nin a pedir o voto, como xa teñen feito.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      Lamentablemente, son consciente da falla de servizos básicos que neste Concello padecen algúns veciños e veciñas, é por eso que na miña entrada falo da necesidade de priorizar as inversións do Concello. Por que son eso, inversión en servizos e non gasto, dar acceso ao comedor escolar a todos os estudantes do noso Concello. E abrir á participación os orzamentos municipais, que será o mellor xeito de respostar ás auténticas necesidades dos nosos veciños e veciñas.
      Ao respecto do asunto da cruz, acabo de facer unha nova entrada no blog ao respecto, co que espero respostar ás súas dúbidas. E por suposto, repito que non comparto de ningún xeito que, políticos ou non, entren nunha propiedade privada sen autorización para levar nada.

      Eliminar
  5. Mire, después de ver las noticias de ayer y de hoy del periódico sobre la cruz de marras, tengo que preguntarle: ¿Se puede saber a qué carajo se dedican ustedes en el ayuntamiento? De verdad llevo pagándole 20 años el sueldo a una concejala que todavía no diferencia la propiedad privada de la pública. De verdad todos esos concejales, porque yo he visto las fotografías y salen todos los de Izquierda Unida, no tienen entre todos ni dos dedos de frente. ¿De verdad son ustedes los concejales tan parvos que si no le ponen cancilla a una finca piensan que es pública y que se puede entrar? Porqué yo pienso que todos los de Mugardos sabemos que la de Villalobos es privada. Dígame usted la verdad por favor, en estos momentos es la única que parece algo normal, por los menos en los Plenos parece que sabe usted leer y escribir. Visto lo visto de otros concejales, ya no sé si ponerlo en duda.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      como pode comprobar, fixen unha entrada ao respecto fai uns días. Nela penso que deixo bastante clara a miña opinión ao respecto dos feitos acontecidos.
      Non vou entrar a valorar as opinións que poida vostede ter sobre outros concelleiros ou concelleiras, pero podo asegurarlle que eu sei que esa é unha propiedade privada, e non, non necesito que me poñan unha cancilla para sabelo.

      Eliminar