viernes, 12 de abril de 2013

A causa do mal causado


Tendo en conta os comentarios recibidos estos días na rúa, e neste blog, non podo deixar de manifestar a miña opinión sobre o asunto da cruz sempre dende un principio de uso común no mundo do Dereito: “A causa da causa é causa do mal causado”
Esto quere decir que aquelo que orixina o mal é considerado como causa do mesmo e, polo tanto, responsable do mal causado.
A cronoloxía dos feitos é xa máis que coñecida, comentada na prensa, e nos blogs municipais de EU e PP.

Das preguntas realizadas por esta Concelleira e as respostas recibidas dos responsables das diferentes áreas do concello implicadas na solución do caso, as miñas conclusions son as seguintes:
-A cruz foi retirada por un grupo de persoas da candidatura de EU dunha propiedade privada, sen autorización dos propietarios.
- A cruz ten unha protección patrimonial por atoparse en zona de afectacióndun ben catalogado, como é o Castelo da Palma, e polo tanto se precisa autorización de Patrimonio para o seu traslado, e  non o tiñan.
- Non se fixo entrega do obxecto á Policía Local,  senon que foi deixada na oficina do Rexistro.
- As declaracións feitas por EU e BNG na prensa non respostan á realidade dos feitos.
O que mal empeza, mal acaba. Un obxecto de protección patrimonial rematou roto pola inconsciencia duns concelleiros que no caso de crer, como din, que a cruz estaba en perigo deberon poñer a situación en coñecemento dos propietarios, da Policía e/ou de Patrimonio, pero en ningún caso actuar pola sua conta colocando ao Concello en una situación máis que embarazosa pola sua irresponsabilidade, que rematou coa a cruz rota por meterse donde non debían:
-As responsabilidades penais, de existir, serán determiñadas polo Xulgado.
-As responsabilidade políticas quedan claras no principio ao que fixen referencia anteriormente: “A causa da causa é causa do mal causado”
Na acción política, como responsables políticos que somos, precisamente a responsabilidade é o primeiro que debe guiar as nosas actuacións. Non podemos actuar por impulsos. Porque o Alcalde non resposte ou non actúe ás preguntas ou ás peticións que se fan en Plenos, ou en comisións, non podemos actuar como nos pareza, levando aquelo que consideremos nós que está mellor noutro sitio, xustificando erros propios con pésimas actuacións alleas.

Olvídese Sra Díaz de botarlle a culpa aos demais. Non quero pensar como se poñería si outros fixeran cousa semellante. Como mínimo, espero as súas desculpas públicas aos propietarios, ao Concello, e aos veciños e veciñas, que merecen políticos responsables, non xustificacións absurdas do que non as ten.

16 comentarios:

  1. Por fin alguien que cuenta las cosas como son. Lo de izquierda unida en su pagina es un escándalo y el partido popular se lo toma a chufla. Usted explica las cosas y después nos da su opinión, que en este caso comparto.
    Como vecino quiero que izquierda unida pida perdón, me da vergüenza leer el periódico y ver los motivos por los que Mugardos sale.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. El Partido Popular no se lo toma a chufla, ni mucho menos. Es una forma de definir el circo enb que se ha convertido este Concello, en el que se pasa de denunciarse en el Virgin, a compartir café y pastas por los bares del pueblo, cogobernar en secreto (para no herir las sensibilidades de los votantes engañados por el cambio, cambio que no solo no produjo sino que ayudó a mantener a Barcia aun con una concejala menos)y por ultimo y una vez rotas las negociaciones de un pacto (esta vez con el psoe para poder oficilializarlo sin parecer un bis a bis) ahora el despecho hace volver a ser oposicion a los ojos de los votantes escarmentados. ¿? Y ahora denuncian a un concejal del BNG? Es una vergüenza, y ojalá los mugardese se den cuenta y dejen de votar por ideologias y voten a quien tenga dos dedos de frente, sea de izquierdas (no se ve ninguna) o centro (como el PP). De la izquierda mugardesa ya lo hemos visto todo (pactos, repactos, luchas de poder, denuncias, contradenuncias, abandono de concejalas, procesos judiociales por doquier...hasta a una IU que aparentó querer el cambio, pero cuya intencion solo fue escenificarlo incluso con el PP (una actuacion de oscar) para intentar volver a pactar con Barcia y lo que queda de BNG... Lo serio seria que los mugardeses votáramos al sentido comun, no a descerebrados de la izquierda como los que tenemos ahora.

      Eliminar
    2. Agradézo a participación tanto do anónimo como do Partido Popular. Só unhas pequenas aclaracións. Independentemente das posturas tomadas por cada quen, que poden compartirse ou non, o certo é que o importante e grave son os feitos. E non penso que neste caso faga falta tirar de hemeroteca co Virgin, os cafés ou os pactos ou as negociacións.
      Sobre o que dí o PP dos dedos de frente, o sentido común, a esquerda, a dereita ou o centro, penso que
      non se trata de desprestixiar as propostas nin o traballo político pola manía de situar á xente na dereita ou na esquerda, sexan votantes ou políticos. Os mugardeses e mugardesas son maiorciños e teñen unha ampla experiencia en coñecementos e acción política. Os cidadáns, que non se equivocan, votan á candidatura que perciben que, co seu programa e acción política, mellor defenderá os seus lexítimos intereses.
      ¿Quen decide ao que ten dous dedos de frente ou non?. Son os cidadáns os que valoran, por percepción, coas súas decisións (votos) o que máis lles convén. Nesto reside a DEMOCRACIA.
      Non comparto as xeralizacións. Unha persoa/partido non é de dereitass, esquerdas ou centro por que o diga. Son os seus actos e a percepción que deles teña o cidadán, o que a define.

      Eliminar
  2. "E a rotura da pedra non é consecuencia da acción de EU (que o fai todo por protexela), senón dun concelleiro do BNG que actúa sen coidado"

    Velaí a reproducción textual da resposta de EuMugardos ante o suceso de rotura da pedra.

    Manteñen unha posición cerril, lonxe de asumir nin chisco de culpa, separándose de toda responsabilidade e negando o descontento e fartura que parte dos veciños deixamos ver nas nosas intervencións públicas en redes socias, blogues ou similares, afirmando: "non temos polo de agora constancia desa "fartura" ou polo menos ninguén máis nola transmitiu". Non sei si é que non leen os comentarios que eles mesmo aceptan no seu blogue...pero afirmacións do estilo so poden significar que teñen os ollos e oídos pechados ou no peor dos casos que non lles interesa o intercambio de posturas agás que sexa a mesma na que eles viven inmóbiles. Sexa como fora é un mal síntoma, o peor deles, o do distanciamento cos veciños e veciñas.

    Permanecen impermeables as voces que discrepan minimamente das súas actuacións, actuacións que aínda que con bo fondo non conseguen neste caso acadar a forma oportuna e acaban en desgraza.

    Negan a maior e son quen de rebater cada verba, sen amosar o menor síntoma de culpabilidade.

    Por outra banda, BNG Mugardos, non merece mellores palabras. Alonxado maioritariamente dos veciños, das necesidades desta vila, permanecendo anclados no pasado e con poucas miras no futuro. A renovación é urxente.

    Uns e outros, con idas e vidas, con amagos de amoríos e intercambio de denuncias, non fan máis que perder a pouca credibilidade que algúns aínda depositábamos neles.

    Non espere vostede desculpas. Ou (des)espere esperando.

    Verónica, unha veciña farta. Aínda que ós ollos da oposición sexa a única.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. No eres la única, Verónica. Somos la mayoría los que estamos ya cansados de las historias para no dormir de Esquerda Unida y Bloque en este pueblo, más concreto, de las de Pilar y Barcia. Lo de la cruz no es más que un ejemplo más de la incapacidad de ella para reconocer errores (dios quiera que nunca mande) y la de él para decir la verdad (dios quiera que se vaya pronto). Mientras nos entretienen con sus peleas, nadie se acuerda del desempleo en Mugardos, del PXOM, de los problemas en el ayuntamiento. Ellos están en política para ellos, para sus egos y sus amigos, no para nosotros.

      Eliminar
    2. Agradezo a súa participación.
      Esa fartura da que vostedes falan, penso que é froito da ruptura do compromiso de represetación que os políticos firmamos cos nososo veciños e veciñas, e non pode negala ninguén.
      Todos escoitamos eso de "non nos representan".
      Eu mesma non me sinto representada por políticos que cando cometen erros son incapaces de recoñecelo, desculparse, enmendalo e seguir adiante.
      Ou por aqueles que fan descursos que pouco ou nada reflicten a miña realidade como veciña.
      No meu traballo como Concelleira de Benestar cometín erros, e negalo sería de xénero bobo. Non teño o don da infalibilidade. No meu traballo como Concelleira non adscrita tamén os cometo, e de seguro que seguirei comentendoos, pero asumilos é o primeiro paso.
      Pero non desesperen. Eu sigo pensando que outra forma de facer política é posible, e casi diría que necesaria.
      Recoméndolles a lectura de artigos sobre o "Síndrome de Hybris". Penso que, nestes intres, pode explicar comportamentos dalgúns políticos do noso Concello, e o motivo polo que tal vez vostedes sintan esa fartura

      Eliminar
  3. Cando as cousas non se fan ben, os políticos deben ser listos. Sair, decilo e pedir perdón porque a estratexia de tirar merda ao que se mova é tan ruín que, como xa dixo vostede tantas veces, o que queda descalificado é o que o fai. Neste caso a portavoz municipal de EU descalifícase ela. Era un sitio privado, era un ben patrimonial, non o deixou na Policía, e o de Roca, ainda que non entendo porque o fixo, creo eu que é consecuencia de todo eso.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      Ainda estamos á espera de coñecer todos os detalles dos informes que fixo a policía local, e supoño que co tempo ponderemos coñecelos.
      Eu xa fixen unha entrada ao respecto, expoñendo a miña opinión ao respecto, e mentras non teña máis información, que lamentablemente non a teño, non podo comentar moito máis.

      Eliminar
  4. Unha xoia máis de Esquerda Unida no seu facebook en resposta a un comentario: "...xa que coñece as leis, explíquenos a qué proprietario privamos de qué ben; e de paso ilústrenos sobre as obrigas que impón á cidadanía a Lei de patrimonio. Ou busca o párrafo legal que lle interesa, nun momento determinado, en Google?"
    Ainda non entenderon que, por moita boa vontade que se lles poida supor, que eu estou convencido que tiñan, non deberon coller a cruz e marchar con ela ao concello, senón chamar á policía dende alí, e que eles actuasen.
    No final da resposta xa se ve cal é a actitude, tentando ofender ao señor que comentaba dicindo que anda a buscar leis no Google. Igual a EU non lle viría mal ter buscado eles algo de leis en Google antes de coller a cruz.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      Non son coñecedora desas afirmacións que fai EU no facebook, pero manteño a miña opinión da entrada que fixen sobre este tema. Entendo que é unha finca privada, pero serán os xuices os que teñan que falar das leis a aplicar en defensa dun ben protexido.

      Eliminar
  5. Buenas tardes. Le informo que si el ayuntamiento no denuncia que se le ha entregado un objeto robado sabiendo que lo es, todos ustedes pueden tener una responsabilidad importante tanto en mantener el objeto en su poder como en los daños que pueda sufrir. Avisados quedan

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      Descoñezo cal podería ser a responsabilidade derivada aos Concelleiros e Concelleiras que non participamos nin na limpieza, nin na recollida, nin no rexistro, nin na custodia, nin na ruptura da cruz en cuestión. Entendo que son os participantes nestas actividades e o Concello, os que terían en todo caso
      , ditas responsabilidades. Pero repito que será a xustiza que teña que falar de responsabilidades penáis ou civís. Das políticas, xa falei na entrada que fixen ao respecto.

      Eliminar
  6. A parte contratante de la primera parte..... Groucho Marx y Mónica Fernández con sus obsesiones: Barcia y Pilar. Por sus palabra les cono cereis y por lo publicado en este blog más todavía, la TROIKA PP+NON ADSCRITA AL ATAQUE
    No hace falta más que un calificativo PATÉTICO, aunque claro a ustedes la propiedad privada incluso del agua los "priva"

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ahora va a resultar que lo que dejó Izquierda Unida en el ayuntamiento es una botella de litro y medio de puro agua mineral natural, y no un bien de protección patrimonial y propiedad privada.

      Eliminar
    2. ¿a xente ainda non entende que estamos encantados, eu polo menos, de que por fin alguén diga as catro verdades que todo o mundo sabía e ninguén dicía? Se de todo o que escribe aquí o peor que lle podedes decir a rapaza é chamarlle patética, mal ides. Que a concelleira esta dixo cousas, e ben gordas, e non lle decides máis que tránsfuga nos Plenos (que como ela dixo se fora certo xa a teríades denunciado fai meses) e mentirosa (Pero nunca dicides cando mentiu, nin en qué)
      En cambio ela cando fala dos temas da datas, cantidades, actas de Plenos, enlaces de prensa, blogues. E despois da a súa opinión. Eu non sempre estou dacordo, pero é certo que nunca tanta información tivemos os que estamos interesados nas cousas do Concello.
      Eu anímote, Mónica xa o fixen máis veces neste espacio, e a pena é que non fagas máis publicacións e de moitos máis temas. Tes pendente o do Plan de Urbanismo que te pediran nalgún comentario, e que eu tamén estou moi interesado en saber cal é o teu posicionamento.

      Eliminar
    3. Agradezo a súa participación.
      Xa comentei que na miña acción política non existen manías persoais. Fago o meu traballo de control e fiscalización do goberno o mellor que podo e me deixan. A persoas non son o importante, o importante son as iniciativas, as solucións e os actos levados a cabo, que influen nos nosos veciños e veciñas e no noso Concello.
      Eu non fago máis que trasladar a información da que dispoño e a miña opinión ao respecto.
      Penso que dentro do debate político pode discreparse, entendendo sempre que o que tes enfronte, de ser o caso, é un rival político e non un inimigo persoal. Aquel que confunda estos principios, que son os meus, non me atopará na confrontación do insulto, nin agora, nin no futuro.
      E volvo aclarar, eu considero a todos os Concelleiros e Concelleiras como compañeiros. Debato e comparto opinións con todos eles sempre que o solicitan encantada da vida. Outra cousa é que algúns grupos tomen a decisión política de que non van facelo. Ben, unha mágoa e dende o meu punto de vista un erro, pero eu nin o fixen, nin vou facelo. Apoio iniciativas cando considero que debo facelo, independentemente de quen as presenta.
      Ao respecto do Plan de Urbanismo, estou pendente de rematar a solicitude de información. En canto teña todo o que necesito, comprométome a facela entrada.
      Sobre o número de entradas, pois seguro que podería facer moitas máis, pero o tempo é escaso e a miña capacidade de traballo ten limitacións. Pero tentarei, na medida do posible, actualizar o blog e facer máis entradas. Ahora ben, agradézo enormemente a proposta de temas, pois así axusto mellor as entradas aos temas que a xente espera e quere coñecer en profundidade.

      Eliminar