lunes, 18 de marzo de 2013

Novo prazo praza policía local


Debido a un erro (que raro) nas bases inicialmente publicadas para a formación dunha lista aberta para a contratación laboral temporal de auxiliares de policía local, volve abrirse o prazo da convocatoria, dende hoxe mesmo ata dentro de 10 días naturais, esto é, ata o mércores 27 de marzo.

A bases iniciáis son estas
Os Artigos modificados son estos

Persoalmente, sinto moito que non se cubra permanentemente a praza do Policía xubilado o año pasado. Esta lista, polo que se transmitiu na comision, será para cubrir dita praza temporalmente, nos periodos de verán e supoño que momentos puntuáis, xa que pola lei autonómica non pode contratarse máis de 4 meses ao ano como podedes ver na Lei 4/2007 de coordinación de policía local que regula estos aspectos.

Para os que din que traballan polo emprego público de calidade, esto é o que fan. E neste punto incluo ao PSOE e EU, que durante o seu periodo de goberno oficioso, durante o periodo da Toika, apoiaron esta convocatoria de contratación temporal, e non a cobertura da praza fixa, como permite a lei e como eu solicitaba.
Tamén solicitei, entre outros puntos, que se incluira como requisito ter o curso básico de primeiros auxilios. Polo visto, tamèn pareceulles innecesario.

Non fai falta que diga, que cando viñeron ás bases á comisión de persoal (á que asisto,na que participo, pero non podo votar, pola negativa a recoñecer os dereitos desta Concelleira mais de 6 meses despois de abandoar o goberno) que se fixera un informe por parte do secretario para comprobar a correcta elaboración das bases. Ainda así, tanto secretario como interventora asisten á Xunta de Goberno onde se aproban as bases, supoño que alí farían constar as súas impresións.
De todos os xeitos o certo é que unha vez máis facemos as cousas mal, e hai que cambialas bases e axustalas á lexislación.

20 comentarios:

  1. Quería aproveitar o seu blog, aínda que non teña relación coa entrada, para denunciar publicamente a reiterada censura, e non sei se calificala xa de tipo estalinista, a que está a aplicalo blog de EU, no que non se publica nin unha minima crítica, e podo asegurar que os comentarios que intentei publicar non conteñen nin insultos, nin descalificacións de ningún tipo, só conteñen críticas que un espera que se debatan con argumentos nos foros que nos brindan as novas tecnoloxías e que nos permiten intercambiar opinións cos representantes políticos e cos veciños deste pobo, tal e como sucede neste blog, e no do PP. Podedes comprobar como das sete últimas entradas que teñen publicadas tan só hai catro comentarios e todos positivos, e a proporción e igual coas entradas antigas, penso e sei que non é porque a nadie lle interese o que dí EU, nin porque todo o mundo esté de acordo ou diga amén ás suas políticas, senón porque alguén, e a máxima responsabilidade do grupo municipal todos sabemos quen a ten, decide non contestar e debatir cos veciños que teñen algo que decirlle. Ese debe ser o seu concepto de liberdade e participación cidadá.
    Non nombro o blog do PSOE, porque era un blog "morto" polo menos ate o de agora, e nunca envieí ningún comentario pero vou facelo agora mesmo con esta misma denuncia pública que espero publiquen.
    Moitas grazas, por permitir expresala miña opinión libremente.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Descoñezo a política de administración de comentarios que levan noutros blogs. Neste, poderá participar calquera persoa, sempre que o faga sen insultar ou ofender.
      Ten vostede as portas abertas deste espazo para expresar a súa opinion sempre que o desexe.

      Eliminar
  2. En relación o comentario do 19 de marzo as 10:40, debo dicir que logo de intentar envíalo ó blog do PSOE, comprobo que non ten habilitado o perfil de “anónimo”, e do mismo xeito que o voto é anónimo, e este anonimato é o que o fai completamente libre, entendo que estou no meu dereito de enviar comentarios con este perfil. Polo que animo ós xestores do blog da agrupación socialista mugardesa a que corrixan este detalle, e entre todos na medida das nosas posibilidades fomentalo debate político municipal, que sempre dende o respeto e a educación contribuirá a enriquecelos nosos puntos de vista e tratar de comprendelos dos demais, e non utilizalos blogs dos grupos políticos como simples plataformas de propaganda sin espacio para a discrepancia e libre participación dos veciños.
    Non fixen mención ó blog do BNG no meu anterior comentario porque iste si que está morto de verdade e non ten ningunha entrada dende o dous de outubro do 2011.
    Espero que agora o censor/a de EU non caia na tentación de inhabilitalo perfil de anónimo, ainda que tanto ten, non creo que isto lle supoña problema ningún. ¡¡Tanto que se loitou na ditadura por poder expresalas ideas!!, e agora que temos tantos medios ó noso alcance para facelo ¿qué pasa…?, ¿a qué tedes medo…?, ¿ou é que o que de verdade vos vai é o pensamento único?
    Moitas grazas de novo por permitir expresarme no seu blog.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Novamente, expresolle o meu descoñecemento sobre o funcionamento doutras bitácoras, nin os motivos que os levan a non publicar comentarios como vostede di. Eu, ainda que as veces con algún retraso polo que me desculpo, publico todos os comentarios que cumpren coas normas de administracion que establecín.

      Eliminar
  3. Cántas veces houbo que cambiar as bases feitas por vostede? esas que non permiten cobrar á xente as axudas.
    Lista é para criticar a outros, un poco de autocrítica non está mal, é un exercicio de hixiene mental moi recomendable.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezolle que me considere lista, pero ainda que así fose, non son xurista, nin interventora,nin secretaria municipal, ni arquitecta polo que non corresponde a esta concelleira coñecer e valorar os criterios legáis, económicos ou calquera outro aspecto técnico, e non político dos regulamentos, bases, etc. Todas esas publicacións, teñen que ser visadas ou fiscalizadas polos órganos técnicos respectivos, non polos políticos. Como ben sabe se lee este blog ou as actas dos Plenos, son a primeira que pide informes técnicos para todo.
      Voulle poñer un exemplo:políticamente poderíamos declarar a república independente de Mugardos no Imposto do IBI (contribución) aprobando declararnos en rebeldía á suba por unanimidade na comisión correspondiente. Cando eso chegara á Xunta de Goberno, para a súa aprobación, ou ao Pleno, hai dous técnicos presentes (intervención e secretaria) que deberían expresar a súa opinión técnica, ou as súas salvedades, de telas, ante dita medida. Os políticos, precisamente porque non somos especialistas en todas as materias, non estamos obrigados a coñecer a legalidade toda. Para eso están os técnicos especialistas.
      Dos erros políticos por suposto que asumo as críticas. Pero dos erros técnicos hai outros responsables no Concello.
      Grazas pola súa participación.

      Eliminar
    2. Buenas tardes. Soy un padre de la guardería. No sé cuantas veces se cambiaron las bases de las ayudas siendo esta chica jefa de bienestar. Pero sé que es la única del ayuntamiento que les dijo claramente a IU, PSOE y BNG que no aprobaran la subida de la mensualidad de la guardería. Eso podían haberlo cambiado, y no lo han hecho, y no lo van a hacer nunca, y eso si es un error. ¿Y saben porqué subieron las tasas de la guardería? Para ahorrar dinero el ayuntamiento. Lo vi en la revista del PP y resulta que es verdad, que me lo dijo una chica que trabaja en la guardería, q ahora le dan menos dinero a la empresa el ayuntamiento de lo que daba antes. Así qué me lo quitan a mi, para ahorrarlo el ayuntamiento. ¿Y lo van a utilizar en qué, en otro parque? Miren, menos parques y más ayudas para los padres. Que se van a quedar sin niños como sigan así.

      Eliminar
    3. Moi boas, eu tamén son un pai usuario da gardería, e quero criticala escasa ou nula sensibilidade e consideración que BNG, EU e PSOE tiverón e teñen, porque aínda non hai rectificación ó respecto, coas sete familias comprendidas no tramo de ingresos entre o 125 e o 200% do IPREM, e máis concretamente coas catro que non superan o 150% porque son as máis perxudicadas, suprimindo as bonificacións a estes tramos e dicindo que o que facían é que os que máis gañan, paguen máis, MENTIRA, o que fixeron é que a partir do 125% todo o mundo pague o máximo, e meten no mesmo tramo rendas completamente distintas. Unha fiscalidade xusta baséase na progresividade en función das rendas, cada un ten que pagar en función dos seus ingresos, esa é a xustiza social que debe defendela esquerda, outra cousa non é máis que populismo barato. E amparándose nun decreto (que non estaban obrigados a cumprir, polo menos de momento, exactamente igual que como EU e PSOE defenden agora coas taxas do Servizo de Axuda ó Fogar no pleno do pasado mes de febreiro, pero que coas da gardería non se acordaron diso), no que a Xunta do PP na liña que os está a caracterizar firma unha animalada de suba do 61%, aproveitan para aforrar cartos neste servizo aportando menos como concello, pero facendo recaer este esforzo no lombo dunhas familias que nada teñen que ver con todo este desbaraxuste. E logo acórdase tamén o BNG nese mesmo pleno de febrero, pola suba da peaxe da AP9, da deteriorada economía da comarca e da actual situación de grave crise, esa mesma que logo según eles non lle afectou ás sete familias xa nomeadas anteriormente, ás que non tiveron en consideración para retiralas bonificacións correspondentes ó seu tramo, e cando a administradora deste blog dio no pleno, á Sra. Pilar Diaz non se lle ocurre outra cousa que facer un chiste, porque opina que non se está a cinguir ó contido do debate, ¿e logo?, nunha moción contra a suba dunha peaxe pola grave situación de crise ¿non ven a conto falar de todalas subas de taxas e impostos que se aprobaron hai menos de tres meses na mesma situación de crise?, supoño que para ela non, porque ese xa é un tema pechado, pero a mín, señores concelleiros, a mín recórdamo todolos meses un recibo de 230€ da guardería MUNICIPAL que non teño máis remedio que pagar para poder conciliala miña vida laboral e familiar.

      Eliminar
    4. Acabo de ler a resposta que fai ao meu comentario sobre os seus erros,e a conclusión, repasando as súas entradas xa a teño clara: cando algo sae ben é vostede a responsable, se sae mal son os demais, comezando polos traballadores..isto era como no cole: APROBÉ OU ME SUSPENDIERON
      e para finalizar unha pregunta: ¿douse conta vostede de que está atrapada por dúas obsesións que son Barcia e Pilar Díaz? e das contradiccións nas que cae? subida para os pobres rebaixa para os ricos? é difícil seguir os seus razoamentos quizá porque a liña argumental cambia co vento...

      Eliminar
    5. En resposta aos dous comentarios dos pais dos usuarios da escola infantil, agradézolles á súa particiación.
      Aproveito estes comentarios para informar de que, a raíz da denuncia dunha denuncia ao Valedor do Pobo, o Concello recibiu unha suxestion deste organismo para modificar a ordenanza por, segundo dí o propio valedor, non axustarse as novas tarifas ao concepto de equidade social no cobro. Lamentablemente, e polo que transmitiu o Alcalde ata o momento, o goberno non vai ser sensible a esta solicitude. De todos os xeitos, eu manterei o meu compromiso no intento de facer unha ordenanza fiscal da escola máis xusta e menos lesiva para os usuarios e usuarias, dende o convencemento de que nos tempos que corren é máis necesario que nunca o esforzo económico do Concello e non dos pais e nais da escola infantil no mantemento dos servizos públicos.

      Eliminar
    6. En resposta ao comentario anterior, agradézolle á súa participación.
      No seu comentario fai unha mixtura de asuntos que nada teñen que ver coa miña resposta anterior. A miña resposta só ten unha interpretación: Dos asuntos políticos os responsables son os politicos (eu incluida); e dos informes técnicos ás propostas políticas, son responsables os técnicos que teñen a obriga de poñer as obxeccións pertinentes, técnicas ou lexislativas, se as houbera.
      A súa conclusión de que teño obsesión con ninguén é una visión particular sobre a que nada teño que decir; é a súa interpretación, e cada quen ten dereito a interpretar as cousas como considere oportuno.
      Teño un obxectivo irrenunciable: que o goberno goberne ben, sen clientelismo, con xustiza e equidade. Por suposto non comparto o seu criterio sobre este asunto das obsesións nin tampouco sobre a miña “tendencia” sobre as axudas.
      Repito e non canso, estimado/a veciño/a, a miña actividade no concello é política e so política, fago propostas, as defendo, e fago oposicion razoada das que non comparto. Todo o demais que vostede supoña, é eso, una suposiciòn que non vou nin siquera tentar de desmentir porque non é a eso ao que me adico, nin no concello nin neste blog.

      Eliminar
    7. Con respecto al mensaje del 29 de marzo a las 9:35, y en mi opinión, y sino que me corrijan, me parece que querer reducir todo a un "subida para os pobres, rebaixa para os ricos" es una deducción simplemente infantil, pensando que la hace de buena fe y porque no ha entendido nada de lo que aquí se plantea, si no es así, entonces es simplemente un comentario malicioso y tendencioso.

      1. Nadie aquí hasta ahora ha hablado de pobres ni ricos.
      2. Nadie ha hablado de subir ninguna tasa a quien usted llama "pobres".
      3. Una familia con una renta per cápita de 665,64€ (125% del IPREM), es lo que supongo que usted llama "pobres" y merece una bonificación del 50% de la tasa de la guardería y pagaría por tanto por jornada completa y comedor 115€.
      4. Una familia con una renta per cápita de 670,50€ (más del 125% del IPREM, es lo que supongo que usted llama "ricos" y no merecen ninguna bonificación, teniendo que pagar por tanto 230€, exactamente el doble.
      5. ¿Es esto justo?, ¿equitativo?, ¿se puede exigir el mismo esfuerzo a esta última familia que a otra con una renta per cápita de por ejemplo 2.000€, ó 3.000€?, que van a pagar esos mismos 230€.

      Ese es el problema de las tasas de la guardería que aprobaron BNG, EU y PSOE, simplemente porque decidieron suprimir tramos de bonificación a partir del 125% del IPREM, haciendo cargar todo el peso de la subida decretada por la Xunta del PP en estas familias en lugar de asumirlo como un servicio básico y esencial que debe prestar el ayuntamiento.
      Estamos hablando de trabajadores, trabajadores que cada vez están más ahogados con esta porquería de crisis, los llamados "mileuristas", ¿a quien llama usted ricos y pobres?, por favor, que en un pueblo pequeño nos conocemos todos.

      Eliminar
    8. Sí, eu tamén son rico, saenme os cartos polas orellas, levántome todolos días ás seis e media da maña para ir a traballar, só porque dame gustiño, non porque me faga falta para vivir.
      O que si é rico é o concello de Mugardos que disque ten un "superavit" de caseque un millón de euros, pero ainda así regatealle un reparto equitativo de bonificacións a sete familias da gardería e prefire aforrar neste servicio e telos cartos na conta do banco. E ainda enriba sube os impostos. Si outros concellos chegan a ter a Reganosa pagando impostos como a ten este, ¿cantas cousas non farían?
      Diganos concelleira ¿cantos cartos deixa Reganosa todolos anos no concello?

      Eliminar
    9. Agradézo os comentarios anteriores, e non podo estar máis dacordo con eles.
      Á pregunta de cantos cartos deixa Reganosa no Concello non podo darlle a cifra exacta. Non dispoño da liquidación do Exercicio 2012, pero entre Reganosa e Forestal, podo decirlle que superan con moito o millón de euros anuais entre IBI, IAE e outras transferencias.
      Por outro lado, os motivos que vostedes plantexan ao respecto da Escola Infantil, fixeron que eu mesma apoiara todas alegacións presentadas á nova taxa, a maioría delas dos propios pais e nais dos usuarios.
      Outros, os da Troika, argumentaron para votar en contra, que esas alegacións estaban manipuladas por esta Concelleira, e unha vez máis esqueceron que o importante é a defensa dos veciños e veciñas e non guiarse polas diferencias persoais pseudo-politicas.
      A realidade é que subiron as taxas para que a nova empresa (que é a que recada as taxas) ingresara máis, e o Concello aforrara cartos. As cifras cantan. Esa é a realidade e non outra.
      Deixo aquí o enlace á entrada que no seu momento fixen sobre este tema. Sei que é bastante longa, e pido desculpas, pero foi co fin de explicalo co máximo detalle.
      http://www.concelleiranonadscrita.blogspot.com.es/2013/01/as-lagoas-mentais-dalguns-voceiros.html

      Eliminar
    10. Vivo en este pueblo y al leer el comentario anónimo del 29 de marzo a las 09 35 horas debo contestarle a usted porque la conozco a ella y me atendió bien: Dice que la concejala da aprobados y suspensos . Yo creo que es su trabajo decir su opinión sobre lo que hacen los que gobiernan, y si les parece bien o mal depende de lo que cada uno quiera. Yo no leí ni escuché a nadie que se ella se apuntara nada de los demás. Tampoco nada de pobres y ricos, sino de que se pague en todo según se gane, y según lo que acuerden entre todos.
      Dice que está atrapada por dos obsesiones. Leyendo lo que se escribe aquí y lo que se dice en el pueblo creo que es al contrario: A pesar de tener el derecho de ir con voz y voto a todas las comisiones no se le cita nada mas que a la de Bienestar, y ella va a todas igual aunque no cobre pero no le dejan votar, solo puede votar en el pleno, y no le dan información de nada que pregunte. Tampoco le dan ningún lugar de trabajo como a los demás concejales y si preguntas por ella nadie sabe, claro, todo para que se vaya de una vez. El alcalde y otros concejales dicen lo que dicen por ahí como ya contaron algunos vecinos, y yo también lo oí. Yo creo que los obsesionados son los que le hacen la vida imposible a ella para que se vaya y entre otra.

      Eliminar
    11. E quen é a outra? A seguinte da lista?

      Eliminar
    12. A min dixeronme que a seguinte na lista era sobriña do Alcalde. Xa vou ententendo algo mais.

      Eliminar
    13. Agradezo todos os comentarios, e resposto en conxunto co que me parece máis importante e a mellor nova que podo trasladar. Na comisión do luns 15 de abril, e logo das múltiples queixas e alegacións dos pais e nais da escola infantil, da denuncia dun veciño no Valedor do Pobo, e do posterior informe deste organismo, o Alcalde de Mugardos decide iniciar o procedemento de modificación da ordenanza da Escola Infantil. Porque como ben se dicía nalgúns comentarios, non é unha cuestión de ricos e pobres, é unha cuestión de xustiza social. A miña máis sinceira noraboa a todos os veciños e veciñas porque unha vez máis, e apropiándome dese lema tan de moda, cando se loita polos dereitos a conclusión é a maravillosa mensaxe de esperanza SI SE PODE!!.
      Non podo deixar pasar a oportunidade de decir, que o mesmo que no caso da escola infantil, e logo de apropiarme do seu leitmotiv, espero que no caso dos desafiuzamentos tamén poidamos celebralo algún día.

      Eliminar
  4. Boas noites, ayer día 19 de marzo pola mañá, enviei o comentario de denuncia publica da censura sistemática que EU fai no seu blog a calquera que sexa minimamente crítico cos seus postulados. Ao blog do PP que o publicou, cousa que agradezo, ao blog da concelleira non adscrita, cousa que agradezo, e intentei envialo ó blog do PSOE, logo de comprobar que non podía facelo có perfil anónimo díxeno aquí mesmo, pola tarde habilitaron dito perfil, podese ver por un comentario publicado nel e a hora de publicación, polo que pola noite envio a mesma denuncia ademais de agradecerlles que fixeran esa modificación nos perfís habilitados.
    Tristemente 24 horas despois vexo que non o publican, polo que entendo que o grupo municipal socialista únese a moda da censura que impón EU.
    Paréceme moi ben que PSOE e EU fagan un frente común de esquerdas, paréceme moi mal que un frente común de esquerdas teña por bandeira a censura, paréceme todavía peor que se consideren eles e os seus blogs tan serios e tan ocupados para non dignarse a respostar a un veciño deste pobo. Cando cheguen as eleccións entón quererán acercarse a nos, e respostarnos a todos, e escoitarnos, e dialogar, exactamente o mismiño que dixeron nos seus programas electorais anteriores que farian. E claro.....é o que están a facer......¿non?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Non sei se respostaron a á súa denuncia, pero só quero lembrarlle que tanto PSOE como EU votaron a favor dun regulamento que elimina a posibilidade de que a xente que asiste ao Pleno poda facer preguntas unha vez rematado este, sen telas rexistrado 4 días antes, aclarando cal vai ser o sentido de dita pregunta e previa aprobación, no sei se da Alcaldía, da Xunta de voceiros ou do interpelado en cuestión. Como xa dixen no Pleno, vese que por 120€ non están dispostos a escoitar aos veciños nin unha vez ao mes, sin censura previa.

      Eliminar