jueves, 14 de marzo de 2013

¿Estás no paro? Pois non es tan listo



Esta é a literalidade das palabras ditas polo Alcalde de Mugardos no derradeiro Pleno adicadas a esta concelleira:

"...Eu creo que en vez de estar aquí debía de estar nunha multinacional traballando, por que tanto que sabe… ou nunha gran banca ¿non?, por que controla tanto as finanzas e a economía que debía estar traballando, pero que sepa eu non traballa en ningún sitio vostede, polo tanto non debe de ser tan lista como parece..."



Para o Alcalde de Mugardos, non traballar é sinónimo de non ser tan listo.

Para o Alcalde de Mugardos, 639 mulleres e homes desempregados do noso Concello non son tan listos (dato do IGE, febreiro 2013).

Para o Alcalde de Mugardos, 5.965.400 de persoas desempregadas no Estado español o son por non ser tan listas (dato da EPA, decembro 2012).



No fondo, o que pensa o Alcalde de Mugardos que está a acontecer dende fai anos no mercado laboral debe de ser unha especie de proceso de selección natural: os listos traballan, os non tan listos non.


Se está vostede no desemprego analice a súa situación segundo a "intelixente" teoría do noso Alcalde. Non é que vostede estea a padecer as consecuencias da crise económica, nin as consecuencias de políticas claramente encamiñadas a salvar ao sistema financieiro por díante das persoas, nin as consecuencias de despilfarros por parte das Administracións, nin as consecuencias de ter pésimos e corruptos xestores ...mire vostede para os seus adentros, con sinceridade...O Alcalde de Mugardos pensa que igual é que non é vostede tan listo como parece para merecer un traballo.



¿É esto o que o Alcalde pensa no exercicio do seu cargo en representación dos veciños e veciñas do noso Concello, cando porta unha pancarta nas múltiples manifestacións ás que asiste, por exemplo en defensa do naval, en defensa da carga de traballo para a nosa comarca, en defensa do emprego e dos servizos públicos, en contra dos recortes de dereitos (incluido o dereito ao traballo)...?



A miña conclusión: As vergonzosas declaracions do Alcalde no Pleno extraordinario do pasado martes merecen unha reprobacion pública por parte do Plenario e, por riba de todo, unha desculpa pública do Alcalde aos desempregados e desempregadas

Persoalmente, penso que o Alcalde debe facer unha reflexión profunda do camiño que está a levar na súa loita persoal por perder de vista a esta concelleira. Como xa comentei na entrada anterior, a miña vida persoal non é motivo de discusión nun Pleno, e a sinrazón na que se atopa pensando que calquera aspecto da miña vida (real ou inventado) pode darlle un motivo para desacreditarme, levoulle a traspasar todas as liñas vermellas non xa no debate político, senón nas normas máis elementais e básicas da relación social e política.



Insultar é intolerable, facer falsas acusacións é incomprensible, ter un trato inapropiado é sospeitoso, desacreditar a unha persoa polo feito de ter ou non un traballo, considero que o inhabilita para o cargo que ostenta.
  

Porque cando o Alcalde confunde o seu cargo coa súa persoa... deixanos ver a súa natureza. Impresentable.

28 comentarios:

  1. Nunca es tarde para darse cuenta...

    ResponderEliminar
  2. Alguén con todos os seus sentidos pode crer que o Alcalde (podería ser calquera outra persoa) pensa que a xente que non ten traballo é porque non é moi lista? Eu con todo o meu respecto, sen ánimo de ofender penso que se alguén cre o que vostede conta na súa bitácora, efectivamente, teña traballo ou non, non é moi listo...pois ben se entende que o vostede conta está enmarcado nun contexto supoño que acalorado, como case todo o que conta vostede eiquí, igual que deixa entrever unha certa fixación do Alcalde para con vostede, e permitame dicirlle que a que parece que ten tal fixación con el é vostede, pois semella que vostede non ten máis meta que a de desprestixiar ao grupo de goberno do BNG, (organización á que xa non está vinculada, pero que parece que non é quen de esquecer), e non que as cousas no Concello melloren ou muden, como en varias ocasións publicou.

    Non teño intención algunha de ofender, simplemente é a miña opinión logo de ler as súas publicacións en varias ocasións.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tamen con todo respeto invitolle a ler a acta do Pleno que menciono, na que pode comprobar a literalidade das palabras do Alcalde, que si , se acalora con facilidade cando se fan preguntas sobre o seu labor, e que non xustifican o comentario de que como el (cre) saber que non teño traballo, é que non son tan lista. O comentario foi así. Non é un obxectivo meu desprestixalo, faino so.
      Quero responderlle tamén a miña suposta meta de desprestixiar ao BNG: os que repiten, e se repiten aludindo ao meu pasado no BNG, son presamente os componentes do grupo municipal do BNG. Non hai mais que repasar as actas dos Plenos e comisions para comprobalo. Non son eu quen refresca esta relacion de continuo.
      E para rematar, no repaso dos Pleno pode vostede comprobar como si fago propostas: vía mocións, alegacións, enmendas, etc. Tamén é certo que EU xa manifestou que non vai apoiar ningunha proposta desta concelleira no que resta de lexislatura. Non é que eu non presente propostas para mellorar as cousas, é que outros non queren que as cousas cambien. Ainda así, eu non vou deixar de facelas.
      Agradézolle o seu comentario

      Eliminar
  3. Las discusiones acaloradas pueden llegar a ser fructíferas, pero cuando se cruza la línea y se recurre al insulto o la desacrediatación personal, se hace patente la falta de argumentos y quien lo hace queda retratado. Todos estamos hartos de verlo a todos los niveles, y en especial en política. A mí, desde luego, no me gusta que nuestros políticos se expresen en un pleno municipal como en una disputa en el bar. Ese rancio comportamiento no debería existir ni en el mundo político, ni en el empresarial. A ver si los jóvenes consiguen eliminar esta lacra de nuestra "aristocracia".

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Os argumentos sobre a vida persoal (real ou inventada) de calquera cargo público deberan eliminarse, e non só do debate político.
      parecera que os que quedaron sen argumentos decidiron tomar ese camiño. Persoalmente, non me van atopar aí.

      Eliminar
  4. O que poida pensar o señor alcalde é moi complicado e cada vez máis difícil de saber pero o que si coñecemos , porque non é a primeira ocasión que o fai presidindo o Pleno da Corporación , é que ás veces parece que non se mostra moi respectuoso con quen democraticamente por algún motivo lle contradí , abonda recordar aquilo das palabras dirixidas a outra exconcelleira do BNG , e que tamén constan en acta :

    “….pois a min so me cabe dicir, e con todos os respectos, amiga Anxos… pois e… a verdade é que te quedas aquí como o Galo de Morón sin plumas e cacareando, o sinto moitísimo". (30/12/2010)

    Penso que expresións como esta non debesen utilizarse no debate político e menos aínda intentar xustificalas como produto do acaloramento do momento. Creo pola contra que son a mostra da falta de educación e respecto.

    A necesaria hixiene democrática inclúe tamén o coidado e a limpeza da lingua.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Comparto plenamente a súa opinión e agora só queda esperar que este desexo poda convertirse nunha realidade. Que todos é todas os representantes políticos de Mugardos academos ese mínimo nivel de respecto persoal que os nosos veciños reclaman.

      Eliminar
  5. Sobre lo que ha dicho el señor este, creo que tan grave como lo de los parados es que diga que alguien listo tiene que estar en ua multinacional o en un banco. Supongo que piensa que lo mejor que podemos elejir los votantes de Mugardos es entre los menos listos.
    Aguanta te digan lo que te digan. Desde que saliste del BNG eres la única que dices la verdad. Ellos quieren hecharte por que les dices las cosas que hacen mal, y lo dices muy bien para que todos lo entendamos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Os ánimos sempre son benvidos, pero repito que eu non deixarei nunca o Concello por este tipo de actitudes macarras. Máis ben ao contrario. Fareinas públicas e dende dentro, seguirei loitando contra elas.
      Penso quee as descalificacions persoais non son máis que un recurso desesperado daqueles que quedaron sen argumentos políticos. No debate das ideas encontrarémonos. No debate dos insultos, eu non vou entrar.

      Eliminar
  6. Por lo que dice el comentario de arriba del todo. Que el alcalde tiene fijación por ti es algo que cualquiera que salga por Mugardos lo sabe porque lo dice el a mucha gente. Dijo cuando te fuiste que hace todo lo posible para que te fueras del todo. También hace poco dijo que el no se va mientras sigas tú.
    ¿Es cierto que no cobras nada? porque también dijo que sin dinero te ibas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Descoñezo os comentarios dos que vostede fala, pero se o Alcalde na súa actividade municipal móvese por vinganzas persoais, mala cousa para os veciños que non saen gañando precisamente. No Concello hai que estar porque se queren mellorar as cousas, non por quén aguanta, ou marcha antes.
      Cobro 240€ ao mes por asistencias á comisión de Benestar e ao Pleno. Ainda que asisto ao resto das comisións, non son remuneradas pola convicción persoal que o Alcalde ten de que non me corresponde. Será ese un tema a resolver noutras instancias, que non son municipais.

      Eliminar
  7. Esta chica cuenta lo que ha pasado en un Pleno, pone el acta del Pleno y aclara que no se refiere a la persona del alcalde, y en los comentarios la gente le dice que la que parece que tiene manía al señor que acaba de insultarla es ella y otro le pregunta cuanto cobra. Está claro que hay quien no quiere darse cuenta de que lo que pasa en el ayuntamiento empieza a ser peligroso. Nuestros políticos no son de fiar. Alguien que intenta ofender a otra persona por estar en el paro, no es de fiar. Porque antes alguien decía que es fruto del acaloramiento. Y también justificaría q le levantase la mano? O que la amenazara? Comparto con esta chica que el Alcalde no puede hacer de su cargo el escudo con el que protegerse cuando se ha pasado de la raya.

    ResponderEliminar
  8. Un pouco terxiversar iso de que unha crítica que recibiches ti foi un ataque a todos os parados de Mugardos, non? Non te escudes nos demais, non queda moi elegante.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle o seu comentario.
      Con todo o meu respecto,sinceiramente, chamarlle crítica ao que dixo o alcalde, fose a min ou a calquera outro, si é terxiversar.
      Foi un insulto, unha ofensa e unha descalificación que nada ten que ver co debate ou a crítica política.

      Eliminar
  9. Sinto que o alcalde dixera eso sobre vostede, pero e o mesmo que vostede e outros levan dicindo desde que entraron no concello nesta lexislatura sobre o persoal do Concello de Mugardos: falta de preparación, non saben facer o seu traballo, descoñecen a lexislación.....
    Seica o comentario ia dirixido a vostede, e sabe que hai un refrán que dí algo así como "catedrático de todo, maestro de nada" pois iso, imaxine como lle senta ao persoal os seu continuos desprezos, e non creo que a súa preparación lle permita ter coñecementos en todas as áreas técnicas do Concello, e tampouco nas profesionais, e póñolle un exemplo: sabe realmente vostede e os seus compañeiros do PP o traballo real que desenvolve unha auxiliar de axuda a domicilio?
    Seica que onde as dan as toman e non lle pareceu ben...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participacion.
      Co respecto que me merecen todas as opinións,, debo decirlle que a súa información non é correcta. Persoalmente nunca puxen en dúbida a formación profesioal de ningún traballador do Concello, o que si fixen é cuestionar a calidade de determinados traballos e non só eu, tamén moitas das institucións que os reciben. As múltiples correccións das que debe darse conta en Pleno, e outras que non chegan a el, constatan o que digo. O que non nego é que son exixente co desempeño profesional dos traballadores, de calquera traballador, incluindome eu mesma por suposto. Podense desculpar erros, pero non se son habituais por falta de adicacion ou atencion ao correcto cumplimento. E se algún traballador ou traballadora do Concello considera que son esixente no traballo diario, non está equivocado. son esixente e non me arrepinto, pero non porque considere que son catedrática de nada. O que si fago é traballar moito os asuntos que trato, e podo equivocarme, por suposto, pero non por deixadez ou despreocupación.
      Sobre á referencia que fai aos meus compañeiros, estou dacordo en que o son. Os do PP, os do PSOE, os de EU , os do BNG. Todos somos compañeiros e compañeiras. Ogallá se ejercera máis como tal, os veciños e veciñas sairían gañando, asegúrollo.
      Tamén quero respostarlle á súa dúbida sobre o nivel de coñecemento que podido ter sobre o Traballo que realiza unha auxiliar de axuda a domicilio. Aclarolle que si o coñezo, pois o periodo que estiven como concelleira de Benestar foi de intenso traballo para min. Adiqueille esforzo, tempo e estudo á concellería, como non podía ser menos. tiven moitos encontros, e algún desencontro tamén, con técnicos e traballadores do area, e tamén falei con non poucos usuarios e familiares do servizo, e ainda o fago. Polo tanto, podo asegurarlle que si coñezo o traballo e estou satisfeita delo.

      Eliminar
    2. Pois discrepo do seu coñecemnto, non dubido que sexa leida e se informe das cousas, pero invítolle a facer unha ou varias xornadas de servizo coas trablladoras de axuda a domicilio, e, porque non, con outros traballadores e traballadoras do concello. O mellor así, na vida real e o desenvolvemneto diario dun traballo dase conta que as teorías hai que adaptalas as prácticas, e non o revés, xa que mentes pensantes hai moitas que logo de plasmar normas ditados e instruccións teñen que corrixir.
      E por certo , as verdades no son absolutas , nin dun lado nin de outro, por eso o de contrastar opinións.Isto non se estuda. o ensinan 26 anos de traballo cara o público

      Eliminar
    3. Ten por suposto todo o dereito a discrepar, pero insisto na resposta dada con anterioridade: “Persoalmente nunca puxen en dúbida a formación profesional de ningún traballador do Concello, o que si fixen é cuestionar a calidade de determinados traballos e non só eu, tamén moitas das institucións que os reciben.”
      Non sei de donde deduce que estou a criticar a ningunha traballadora de axuda no fogar en concreto. O servizo de axuda no fogar do Concello de Mugardos non presenta grandes problemas no que atixe á atención directa aos usuarios, senón na xestión municipal, especialmente na coordinación e administración. E non o digo eu, o di a Xunta, as enmendas constantes nas subvencions, e os usuarios e familiares cos que falo, e moito.
      O traballo de axuda no fogar é un servizo para o que as traballadoras teñen formación previa. Por outro lado non é difícil saber en que consiste na xeralidade, porque a maioría de nós conviviu ou convive con xente maior que necesita axuda. Facelo ben, coa máxima entrega e cumprimento é unha obriga, como traballador e como persoa .Desculpe pero non comprendo ben a súa discrepancia, o asunto non ten mais voltas, e menos, de teoría.

      Non falei, nunca o fago, de verdades absolutas, desculpe que descoñeza a qué se refire. Pero obviamente, non podo ter 26 anos de experiencia cara ao público; de ser así, debería ter iniciado a miña vida profesional con 9 anos.
      O que si fago é consultar e moito cos traballadores do Concello. Pregunto moito, moitísimo, da teoría e da práctica. De cómo se fai algo, de como podería facerse, de como se fixo, de como debería facerse, de como se facía antes, de como o faría o traballador ou traballadora en cuestión, de como o faría eu. Outra cousa non, pero preguntar, asegúrolle que moito.

      Eliminar
  10. Probablemente é a máis preparada de todolos concelleiros e concelleiras que hai neste momento no concello, só hai que ler as actas dos plenos, ela soliña dalle volta con coñecemento de causa e lóxica aplastante a calquera dos asistentes, polo que non lles queda máis remedio que recurrir á descalificación, ó insulto, ou simple e chairamente a facela calar.
    E están quedando todos retratados, un tras outro.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradéxolle a súa participación.

      Eliminar
    2. Non tiña intención ningunha de manifestar a miña opinión no seu blog,por ser vtde con tódolos respetos a persoa ,que desde a miña andadura polo concello,e xa van unhos anos,menos confianza,xerou en min.
      Con respeto ó comentario do día 19 debo dicirlle que esa persona non se equivoca,equivócase vtde e os seus compañeiros de despacho.ACONSELLÓLLE QUE REPASE AS ACTAS DE TODOLOS PLENOS E O BOLETÍN DO PP DO DÍA 5-03-2012 E DESPOIS HABER SI É VERDADE QUE SEGUE OPINANDO O MESMO.

      Eliminar
    3. Soy una vecina de Mugardos, y al leer este comentario a las 11:02 horas del que parece ser un trabajador del ayuntamiento que no quiere darse a conocer (y no me extraña), me hago varias preguntas; ¿Qué hace un trabajador del ayuntamiento paseando por estas paginas ¿Y por otras? en horario de trabajo. ¿no tiene otra cosa que hacer?¿habrá salido también a la cafetería?, ¿Cuántas veces y por cuanto tiempo al día?, ¿Y a fumar?, ¿solo o en compañía de otros?.
      Deje mirar para otro lado y cumpla con su trabajo, con sus horarios y con la atención de los mugardeses, que para eso les pagamos, y muy bien.

      Eliminar
    4. Cumplo con mi trabajo,y soy mas responsable de lo que vtd se puede imaginar. me sor prende que este tan enterada de los horarios ylas normas que nos rigen.sinceramente es penoso lo que escribe.

      Eliminar
    5. No es difícil saber cuál es el horario de un trabajador en turno de mañana, si cumple el horario al que está obligado, claro está. Si a las 11 de la mañana se dedica a leer la prensa o los blogs, se les ve en cafetería varias veces durante la mañana, (y no por poco tiempo), salen a fumar, como también se ve, y se conocen los horarios a los que entran y salen, porque está a la vista de todos, pues ya me dirá usted que es lo penoso, se lo digo yo, que le están tomando el pelo a los contribuyentes de este pueblo, y además se consiente por parte de la autoridad competente. Será usted muy responsable en su casa, pero en su trabajo no.

      Eliminar
    6. En resposta á veciña. Agradézolle á súa participación.
      Lamento que teña vostede esa impresión que de seguro non é de todos os traballadores. De todos modos informolle que teñen 30 minutos de descanso na súa xornada, sin que esto poida supoñer incumiplimento algun do seu labor. O goberno municipal e o responsable de que se cumplan as obrigas e os dereitos de todos eles.

      Eliminar
    7. En resposta á persoa do Concello:
      Farei referencia en primeiro lugar á cuestión da confianza. Ainda que fala da súa andaina polo Concello non especifica en calidade de qué o fai: político, traballador ou usuario de servizos, e delo depende a hipótese de esperanza que tivese sobre a miña persoa ou actividade política. É unha valoración subxectiva que obedece en grade medida á empatía ou simpatía polo outro. Da falta de cofianza non se deduce necesariamente un mal comportamento, simplemente parece que non cumprín as súas persoais expectativas, o que lamento profundamente, pero ao non aclarar a súa condición no Concello non podo ser máis precisa na miña resposta.
      Como é natural hai opinións para todos os gustos, é sabido que non se pode contentar a todos.

      Con respecto ao resto do seu comentario, que agradezo como todos, decirlle que a esta concelleira non adscrita negóuselle o uso dun despacho como representante que son dos veciños (o mesmo que o resto), e xa comentei noutra resposta que considero compañeiros a todos os que alí facemos a nosa labor política.
      Como é natural, lin o boletín do PP, e non teño nada que obxectar a que cada quen exprese as súas opinións e intencións politicas. Paréceme ben que se faga unha análise da situación do Concello, se presenten propostas, se den a coñecer e se debatan por todos, políticos e veciños, pois todos somos afectados, independentemente de que comparta ou non as opinións que alí se manifestan.
      Polo que respecta ás actas dos Plenos, eu os vivo en primeira persoa, o que considero un privilexio que me deron os veciños e veciñas, aos que me debo e agradezo o apoio recibido. E repito, eu non poño en dúbida a formación dos traballadores, o que fago é cuestionar a calidade de determinados traballos, como pode comprobar en ditas actas.

      Eliminar