domingo, 25 de agosto de 2013

Quen cho dixo (25/08/2013)

¿Sabedes que...

... o día 13 de abril de 2013 entrou en vigor o convenio colectivo e acordo regulador dos traballadores do Concello de Mugardos? que estaban sen convenio dende 2004?...ainda que algúns tiñan conviccións políticas e acordos tácitos para negar a realidade

... que tanto acordo tácito e convicción política o único que fixo foi que o Concello perdera case todos os xuizos? igual por eso suben impostos, para poder pagar avogados e procuradores duns xuizos que se sabe que se perden antes de empezar

... que nese novo convenio di que os traballadores teñen que ir ao Concello unha tarde á semana e os sábados pola mañá? Non van. NUNCA. Preguntados Alcalde e Alcaldesa polo motivo de tal incumprimento... non responden

... que dende abril, nin o Alcalde nin a Alcaldesa do Imperio onde nunca se pon o sol osaron pedirlle aos traballadores que cumplan o convenio no que respecta ao horario? pero pediron cartos dos veciños nun Pleno si e noutro tamén, con subas de impostos e taxas.

... que no convenio tamén di que non se poden pedir as vacacións en máis de duos períodos? que piden as vacacións en tres partes mínimo o funcionario que máis cobra do Concello, e un que representa polo que parece máis os seus intereses que os do resto? e o Alcalde e a Alcaldesa do Imperio onde nunca se pon o sol non dixeron nin palabra

... que o Convenio di que os traballadores teñen que facer 37,5 horas á semana, esto é, 1.642 horas ao ano? que por poñer un exemplo, nos meses de xullo e agosto os traballadores do edificio do Concello farán  32,5h á semana? que o resto do ano, ata o momento fixeron 35h á semana?... que o Alcalde e a Super-Presidenta do Imperio onde nunca se pon o sol...caladiños, caladiños

... que cando a Alcaldesa do imperio onde nunca se pon o sol era unha "humilde voceira dun humilde grupo municipal", xa se queixara de que non os traballadores non cumprian o horario? Ai, que mala memoria...xa se sabe, digo y Diego...

... que no Pleno onde se aprobou este convenio, ante as miñas manifestacións de desacordo co texto, un Concelleiro dixo que se eso pasara na empresa onde el traballa, que non sabía o que podería acontecer? que de feito xa pasa, concretamente a el, porque el non fai todas as horas na súa outra empresa, que tamén é a de todos, pero cobra full-equip...que cousas...

... que nese novo convenio dise que as axudas anuais á estudos para os 55 traballadores do Concello terán un importe anual de 3.000€ cun máximo de 900€ para un traballador? que nas axudas á escolarización e transporte que acaban de aprobar BNG-EU-PSOE para os 5.469 veciños e veciñas de Mugardos o importe tamén é de 3.000€? un pouquiño desaquilibrado

... que a realidade é que cando BNG-EU-PSOE falan de defender aos traballadores, refírense a un grupo de traballadores, os privilexiados que traballan no Concello??... non se refiren aos veciños traballadores, nin aos que lamentablemente agora non están traballado, que son os
que pagan as dádivas graciables dos políticos con medo, que non son capaces de facer cumprir o Convenio que eles mesmos aprobaron, pero esixen esforzos económicos aos veciños para pagalos...

... que a culpa non é dos traballadores? é dos políticos aos que os seus discursos demagogos levoulles ao absurdo de esquecer que eles están aí como representantes do pobo, non como representantes sindicais... que xa os ai no Concello

... que se a Troika non cumpre o Convenio que aproba, por qué hai que pagar os impostos que suben? dígocho eu


13 comentarios:

  1. Igual que hay vecinos que tienen un trato exclusivo, también hay trabajadores que tienen un trato mejor, más especial. Usted ya sabe quienes son, son los que cuando vas al despacho nunca están, que en sus tiempos de trabajo politiquean, que a las 8 cuando abren todavía no han llegado, y a las 3 cuando cierran ellos ya se fueron.
    Son los que cuando les bajan el 5% el sueldo cortan la calle, pero cuando voy yo al ayuntamiento no me atienden porque están tomando café o de vacaciones.
    Son los que tienen como festivo Santa Rita, que no es festivo nacional, ni autonómico, ni local.
    Que no trabajan el 24 ni el 31 de diciembre, que tampoco son festivos.
    Son para los que la Toika como usted dice, necesita nuestro dinero. Permitir esto y que no se note, sale muy caro

    ResponderEliminar
  2. Deja de meterte con los trabajadores y devuelve lo que robastes al Bloque. Te cres el centro del mundo que sabes mucho y eres una don nadie que si no es por Barcia a ver donde estabas.
    Todos los que trabajan ahi dicen que eres chula, que no haces más que pedirles cosas y cuando no tienen lo que pides los insultas y gritas. no son vagos como quieres que parezca, ellos hacen lo que le piden y si no les mandan ir el sábado, no van ir voluntarios. seguro que ibas ir tu caradura

    ResponderEliminar
  3. O rigor e a contundencia na mensaxe política da actividade pública debera sempre ir acompañada do respecto ao adversario político, ás persoas e tamén ás institucións.

    ResponderEliminar
  4. Creo que nunha ocasión xa llo dixen e repítollo de novo: eu de vostede faciamo mirar...unha pequena consulta cun algún especialista médico para que lle axude coas obsesións que ten (e coa linguaxe de paso), unha consulta na sede dun sindicato, ou que sexa, tamén os hai de dereitas non se preocupe, para que lle expliquen o que é un convenio colectivo e os dereitos laborais (xa que amosa un total descoñecemento desta materia) igual e por ter pouca experiencia laboral.
    E tamén lle aconsello que se mire o da envidia, porque os seus comentarios desprenden un tufillo de envidia e carraxe:
    -Contra os traballadores/as, necesidade dun posto de traballo?
    -Contra o goberno anterior e o actual, os seus cálculños de poder non sairon ben?
    -Contra o mundo en xeral, padece dun problema de egolatrí e só vostede está no certo e o mundo equivocado?
    Sí é mellor que se o faga mirar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estimado anónimo: creo que la no adscrita tiene razón en lo que se refiere al incumplimiento de las horas indicadas en el convenio colectivo.(1.647 horas/año).
      No hace falta consultar con un sindicato, con sumas, restas, multiplicaciones y divisiones es suficiente Te lo muestro a continuación:
      Días naturales del año: 365
      - Sábados año 51
      - Domingos año 52
      - Fiestas estatales 10
      - Fiestas autonómicas 2
      - Fiestas locales 5
      - Días de Vacaciones 22
      - Días de libre disposición 3
      = Total días laborables 220
      Si esta última cifra la multiplicamos por la jornada diaria de 8:00 a 15:00 (7 horas)tenemos las horas que realiza cada trabajador durante el año. Esta multiplicación da como resultado 1.540 horas/año.
      Si el convenio estipula que las horas a realizar, por cada trabajador, durante el año son 1.647, hay una diferencia de 107 horas al año, Su equivalente en días es de 15,28 días.(107 horas dividido entre 7 horas día)
      Esto nos indica que cada trabajador trabaja 15,38 días menos al año (medio mes).
      Si el resto de tus argumentos tienen la misma fundamentación que lo que dices sobre el cumplimiento del convenio, concluyo que tienes poca o ninguna (te doy el beneficio de la duda) razón

      Eliminar
    2. Festas locais 5?
      DOG 224 do 23/11/2012
      Festas de carácter local para o ano 2013.
      MUGARDOS: 7 de xaneiro San Xiao e 21 de maio Voto de Chanteiro.

      Eliminar
    3. Para analizar cualquier asunto es imprescindible recopilar toda la información, relevante, sobre el tema. Tienes toda la razón que los días festivos locales que oficializa el DOG del 23 de noviembre de 2012 son 2. San Julián y el Voto de Chanteiro. Si además ojeas el convenio, encontraras que art.18 DÍAS NO LABORABLES en su apartado 1. Dice "Os días 24 y 31 de decembro e 22 de maio non serán laborables para o personal do Concello de Mugardos......". Si sumamos los dias festivos locales, tanto los oficiales DOG como los que recoge el convenio, se alcanzan los 5 días.
      En mi anterior respuesta te daba el beneficio de la duda. No tengo otra alternativa que desdecirme de ello. Se puede observar que tus razonamientos se basan en datos parciales y ello conduce la mayor parte de las veces a conclusiones erróneas.
      Hay más cosas interesantes que analizar en este convenio. Si quieres seguir profundizando en ello, cuenta conmigo.

      Eliminar
    4. Quen fala con tantos prexuicios e subxectividade deberia mirarse a se mesmo antes que aos demais

      Eliminar
    5. Son o autor do comentario do 29 de agosto ás 12:45, e é o único comentario que fixen, aínda que aquí todos nos chamemos “anónimo” non son eu ó que lle concedeu o beneficio da duda. O digo por aclarar. Simplemente chamoume a atención o de os cinco festivos locais, porque sin ser eu traballador do concello, todo o que se mova un pouco pola administración pública sabe que os festivos locais son dous. De todas formas se se pon vostede tan puntilloso ou puntillosa, fíxese ben no comentario, nin analicei ningún tema, nin fixen ningún razoamento baseado en datos parciais, tan só fago unha pregunta e dou un dato. O único que quita conclusións é vostede, e ademais erróneas, por dar por feito que eu son o autor de outro comentario. E o que leva á confusión e vostede tamén, por incluir en festivos locais tres días de convenio.

      Por outro lado dicir que haberá convenios máis ou menos afortunados para os traballadores, e neste caso disfrutan de tres días máis ó ano. Pois moi ben. Pero si hai unha xornada asinada, haberá que cumprila, e si agora non se está de acordo pois non tería que terse asinado no seu momento. Iso está claro. Salvo que se asine unha cousa a sabendas de que non se vai cumprir, o que é unha fraude polo que haberá que pedir responsabilidades.
      Un saúdo.

      Eliminar
  5. E por que non denuncias no xulgado igual que denunciaches polos teus intereses

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu non denunciei no Xulgado polos meus intereses, denunciei en defensa dos meus dereitos, que debería ter eu o mesmo que teñen o resto dos Concelleiros e Concelleiras. Chámanse dereitos individuáis.
      Eu non teño interés persoal ningún que defender. Eu nunca tiven unha axuda municipal nunca, tampouco do ARI. Eu non teño familia, nin compañeiros de organización política nin íntimos amigos traballando no Concello. Non negociei nunca coa promotora da urbanización de Mahía nin con ningunha outra. Eu non teño interés electoral ningún posto que non teño intención de presentarme nas próximas eleccións. Eu non lle debo nada a ninguén.
      Se fala vostede de intereses de membros da Corporación, non é a esta Concelleira a quen debe de mirar.

      Eliminar
    2. Non recibes axuda municipal? ¿E os teus emolumentos quen os paga? Non tes intención de presentarte ou non tes con quen presentarte e non te atreves a ir con lista propia

      Eliminar
  6. Contestación al anónimo del: 30 de agosto a las : 11:06
    Antes de nada mis sinceras disculpas por confundirme y responderte como si fueras el autor del comentario que dio lugar a mi respuesta.
    Pasando al tema que nos ocupa y preocupa (días festivos anuales) decirte que los festivos estatales, autonómicos y locales son los que se publican anualmente en el BOE/Boletines Oficiales Autonómicos. Para todas las autonomías y ayuntamientos son 14 (10 estatales para todas las autonomías, 2 autonómicas cada autonomía marca los suyos y 2 locales cada ayuntamiento marca los suyos). Además de estos días los Convenios Colectivos (CC), tanto del sector público como privado, pueden recoger más días como no laborables. Este es el caso del ayuntamiento de Mugardos. El Estatuto de la Función Pública sólo recoge 2 días de festivos locales.
    El problema no está en los días no laborables que se tengan al año. Se pueden tener los que se quieran siempre y cuando la jornada diaria/semanal respete las disposiciones legales (12 horas de descanso entre jornadas y día y medio de descanso semanal) y se cumpla la jornada anual que se acuerda en CC. En el caso del ayuntamiento de Mugardos, como puedes comprobar en el cálculo que realizo en mi respuesta que da lugar a tu comentario, no se cumple con las horas anuales acordadas en CC: 1.647 horas/año.
    En el ayuntamiento de Mugardos para cumplir con las horas acordadas en CC se debería hacer una jornada/día de 7h: 30m de lunes a viernes (1.647 horas/año según CC dividido por 220 días laborables/año = 7,486363 horas/día. Que pasado al formato horario 7h: 30m.). El número de días que faltan por trabajar para realizar las horas acordadas en CC las calculo de la siguiente manera: 0,486363 fracción de horas/día multiplicado por 220 días laborables/año = 15,29 días laborables.
    Respecto a la parte final de tu comentario decirte que, a mi entender, se firmó el CC con la idea de no cumplirlo (en lo que se refiere a la jornada diaria, semanal y anual) tanto por la parte política como sindical. Debe resultarles duro y poco electoral a los que aprobaron el CC: BNG; EU y PSG/PSOE decir a los trabajadores que deben trabajar 30 minutos más al día. El CC propuesto al pleno para su aprobación venía negociado y acordado por: BNG; EU; PSG/PSOE; GIG y CC.OO. La jornada anual y semanal acordada en el último CC ya venía recogida, en las mismas cantidades, en el anterior convenio. No se puede echar la culpa a la reforma laboral de este incremento en la jornada.
    Los gastos de personal, en la liquidación del presupuesto del año 2012, ascendieron a 1.991.917,59 (obligaciones reconocidas netas). Si esta cantidad la dividimos entre los días laborables que se realizan en el año (220) y el resultado lo multiplicamos por los días que faltan para cumplir la jornada anual según CC (15,29), lo que se paga sin haberse trabajado asciende a 138.438,27 euros (23 millones de ptas.) Esto nos debería hacer reflexionar.
    Te pido disculpas, una vez más, por mi imperdonable error.

    ResponderEliminar