jueves, 22 de agosto de 2013

Pleno Extraordinario 23/agosto/2013

Mañá venres, ás 10.30h, no salón de Plenos do Concello de Mugardos, celebrarase un Pleno Extraordinario aberto ao público.

Estos serán os asuntos a tratar: (ente paréntese a miña traducción/opinión):
  1. Aprobación de actas anteriores
  2. Aprobación inicial do Regulamento de prestacións económicas dos Servizos Sociais Comunitarios (básicamente copiado, ¡¿que raro?! esta vez do Concello de Málaga....e despois critican a Urgangarín, que cobraba por informes que non facía. ¿Que pasa cos que copian regulamentos? que eu saiba tamén cobran...).
  3. Revisión da Conta de Explotación do Complexo Acuático do Castro Ares-Mugardos. Alegacións de Serviocio. (As miñas alegacións perdeunas o Sr. Alcalde no fondo do caixón, porque sabe que teño razón... As alegacións da empresa están xa máis que pactadas pola Troika, e non sairán adiante. Tanto ten, a empresa xa ingresa máis cartos que o ano pasado, pola suba das taxas aos usuarios... sobre a xestión administrativa deste expediente mellor nin falar).
  4. Expediente de modificación de crédito 6/2013 (modificación dos orzamentos prorrogados de 2011 para sacar a concurso as obras de Mahía. O expediente está incompleto; pero sobre todo, a modificación está mal feita. Avisei mil veces, e unha vez máis van pagar os veciños a mala xestión do Concello; pero agora si, eu persoalmente penso sinalar aos culpables desto, que teñen nomes e apelidos e séntanse na Sala de Plenos).
  5. Expediente de modificación de crédito 9/2013 (modificación dos orzamentos de 2011 para o abastecemento de auga de Fene a Mugardos. As obras adxudicáronse en novembro do ano pasado, xa están finalizadas e incluso facturadas no mes de febreiro deste ano. E agora, mes de agosto, lémbranse de que teñen que ter cartos para poder pagar. O normal...¿quen non fai o proxecto da súa casa, contrata aos obreiros, fai a obra, remata a obra, recibe a factura....e entón, busca os cartos?).
  6. Expediente de modificación de crédito 10/2013 (modificación dos orzamentos de 2011 para as melloras nos depósitos de Monte Pandoira. Este é algo parecido ao anterior, pero con ese toque persoal que só poden darlle os "erros administrativos" de Mugardos. Adxudicadas as obras en novembro de 2012, recepcionadas fai xa 2 meses, que comenzou o prazo de garantía, ainda non temos os cartos para pagalas...a maiores, temos ese "erro accidental" froito do famoso "Manolete, si no sabes torear pa qué te metes")
  7. Ordenanza para a protección dos camiños e vías públicas en relación coas operacións de saca de madeira: alegacións da confederación galega de empresarios da madeira, Confemadera. (As alegacións miñas a esta ordenanza o Alcalde tamén as debeu meter ben ao fondo do caixón, por algo será... Aquí, eu teño que destacar unha frase que di a Confemadera que textualmente expón "A esixencia de fianza ou aval bancario en favor do Concello, non aceptando os seguros de responsabilidade civil como garantía, por unha suposta falta de operatividade destes, só pode entenderse se o que pretende é evitar  que a execución das garantías se vexa sometida á aprobación dos servizos xurídicos das compañías aseguradoras. Entendendo que o prazo para o pago das indemnizacións, fixado nun prazo máximo de 3 meses dende que acontece o sinistro... non é en absoluto excesivo". Non podo estár máis de acordo neste argumento. Os xestores do Concello de Mugardos témenlle ao control externo máis que a un nublao).
  8. Modificación da Ordenanza Fiscal Nº 4 reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras, ICIO (pois si, a Troika sube o imposto que quedaba, e non o sube pouco precisamente. Se vai facer vostede unha obra nova, ou a arranxar algunha cousa na casa, na finca, etc, acepte o meu consello e pida a licencia xa. Porque non fai falta ser moi listo para saber que esta suba vaise aprobar cos votos a favor de BNG, EU e PSOE).
  9. Modificación da Ordenanza Fiscal Nº 1 reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles, IBI (Aquí xa é unha cousa tremenda. Logo de subirlle aos veciños todos os impostos que podían. Agora din os amigos da Troika Mugardesa que para cederlle o Centro de saúde á Xunta, que os fagamos exentos do pago do IBI. A Xunta exenta e os veciños pagando cada vez máis).
  10. Dar conta da delegación de funcións na primeira Tenente Alcalde do día 5 ao 10 de agosto (pois eso, que a Super-Presidenta do Imperio onde nunca se pon o sol foi Alcaldesa accidental durante 5 días... e prometo contarvos o que aconteceu un deses días nos que foi Alcaldesa...un misterio propio dos de Iker Jiménez).
Aos que pensades que non digo a verdade, vide mañá ao Pleno e poderedes comprobalo.
Aos que pensades que digo a verdade, vide ao Pleno e apoiade.
Pero o máis importante, se tedes oportunidade, ¡vide ao Pleno...que non volo conten!


3 comentarios:

  1. Era claro que no era un problema de que el Bloque tuviera tres o cuatro concejales y que por eso lo hacian mal. Era un problema de personas, ya si ahora lleva el ayuntamiento Izquierda Unida y siguen igual de mal

    ResponderEliminar
  2. Felicítoa polo exercicio de transparencia. A orde dos asuntos a tratar en todos os plenos, sexan ordinarios ou non, debería publicarse xa non aquí, senón na web do concello coa suficiente antelación, o contrario é escurantismo puro e duro. Algúns queren manexar no concello como si fora o seu casal particular, sen rendir contas a nadie.

    ResponderEliminar
  3. E suma e sigue, ainda menos mal que avisa que entre paréntese expón a súa opinión persoal, ou sexa asúa visión da realidade en ocasións moi distorsionada e contaminada non sei ben por qué.
    É certo, o pleno non ten desperdicio sobre todo para asistir ao exercicio de mala educación e falta de respeto aos veciños que monta vostede, o grupo do PP e alguén da súa familia, penoso.
    As actas son públicas.............

    ResponderEliminar