lunes, 19 de agosto de 2013

Quen cho dixo (19/08/ 2013)

¿ Sabedes que....

... Houbo erros na liquidación do "Espacio Infantil de Xogo" (tamén chamado ludoteca)? Que raro...

... Que non se van resolver os erros administrativos do "Espacio Infantil de Xogo" ata que volva "a técnica municipal"? Con caaaalma...

... Que a Supra-Alcaldesa Sra. Díaz -Presidenta do Imperio onde nunca se pon o sol, non sabe a lista de espera de Servizo de axuda no Fogar? Non podo crelo...hai que esperar a setembro...vese que supendeu....

... Que a super- presidenta non sabe/non contesta sobre a lista de espera do Servicio de Axuda no Fogar? pero cando unha persoa denunciou no Valedor do Pobo que non atenderon á sua sogra, a super-presidenta  non tardou nada en  respostar que xa non estaba na lista...lamentablemente porque xa era tarde....Mágoa que non tivera a mesma presa para atendela a tempo....

.... Que tampouco sabemos porqué se sube o prezo do comedor escolar porque non houbo queixas dos pais e nais? pero o curso que ven vai costar máis que este curso, ainda que os salarios non suban...algúns invitan, outros pagamos...

.... Que non sabemos porqué se subiu a escola infantil beneficiando á empresa e perxudicando aos usuarios que pagarán máis polo mesmo servizo? Amigoooo

.... Que subiron tamén a ludoteca co mesmo razonamento... Beneficio para a empresa...

.... Que a suba de comedor,Escola Infantil e Ludoteca (agora "Espacio Infantil de Xogo"...máis molón) só benefician a empresas, non a usuarios?....

... Que BNG-EU como goberno benefician ás empresas e non aos usuarios? ainda que o pintan de cores...as empresas recadan máis porque os usuarios pagan máis, e o Concello pon cada vez menos...

... Que o PSOE existe? porque apoia todo esto.... dígocho eu!!!!

2 comentarios:

  1. O PSOE existe e parece que por partida dobre ou con dúas cabezas , por unha banda o que decide en asemblea ser oposición e o outro que deixa de exercela no Concello .
    E a ti non che debe de estrañar posto que tes coñecemento e constancia das dúas versións .

    Dígocho eu .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¿El PSOE tiene dos cabezas? el PSOE no tiene cabeza NINGUNA en Mugardos.

      Eliminar