miércoles, 21 de agosto de 2013

Quen cho dixo (21/08/2013)

¿Sabedes que...

... na comisión de Facenda do luns aprobaron BNG-EU-PSOE facer exenta á Xunta de pagar o IBI (recibo da contribución) cando se lle traspase o Centro de Saúde? Fíxerono por urxencia, como cando no Nadal aos veciños nos subiron a Rodaxe, as Plusvalías, etc. urxentemente...claro que saiulle máis a conta á urxencia á Xunta, que non vai pagar...

... nesa mesma comisión, eu propuxen que non se pagaran os recibos de contribución de importe menor de 8€? porque facendo contas, é case máis caro a xestión administrativa que o importe, e porque son terreos e vivendas case sen valor...Que BNG-EU-PSOE dixeron NON á exención ata 8€

... propuxen que existera una bonificación do 95% da Contribución para os inmobles onde se desenrrolen actividades de interese ou utilidade municipal por circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego? Que BNG-EU-PSOE dixeron NON a esa bonificación

... polo que dixeran, o pacto de goberno fora para loitar contra o desemprego e axudar á xente, pero din que non a que paguen menos na Contribución actividades que fomentan o emprego? o final vai ser que o pacto fora por outra cousa...

...tamén propuxen que aparecera no texto, para que a xente a coñeza, que existe unha bonificación do 95% no recibo da contribución para os terreos rústicos das cooperativas agrarias? Que BNG-EU-PSOE dixeron NON tamén a eso...

... propuxen bonificacións para asentamentos poboacionáis singulares pola importancia das actividades agrícoloas, gandeiras, forestal, pesqueiras ou análogo (marisqueiro, por exemplo), para a xente con sistemas de placas solares na casa, para familias numerosas (segundo a renda), etc?...Que BNG-EU-PSOE dixeron NON... parecían Amy Winehouse " they said no, no, no"...igual tamén coma ela deberían ir a rehabilitación de tanto poder...

...que moito apoio de palabra ás coperativas, contra o desemprego, aos nenos na guardería, no comedor, no colexio, pero á hora da verdade, a que non paga a contribución é a Xunta, pero os veciños e veciñas si? Que ás familias se lle subiron a Escola Infantil, o Comedor, a Ludoteca, a contribución, rodaxe, actividades deportivas e culturais...

... O mesmo o refrán en Mugardos sería "a Dios rogando, y con el mazo y la hoz, dando"? dígocho eu

5 comentarios:

  1. O problema de EU-Mugardos e que non fai políticas de EU, fai o que lle sale da cabeciña a Pilar Díaz, que xa defraudou a moita xente e segue defraudando a moita máis. Agora, precisamente neste momento deulle unha febre recadadora, porque quere facer, facer e desfacer, claro, e máis agora que ten a posibilidade, sentada na cadeira do poder. Parece que se move con catro ou cinco anos de retraso, cando neste país estaba de moda facer, facer aeroportos, grandes edificios, autopistas, ferrocarrís de alta velocidade, os cartos sobraban, e había que facer, e ela dentro da modestia do concello de Mugardos, quere ter cartos para facer, quere cortar cintas, se poidera inauguraba algún pantano, e non se da conta, aínda que o digan os lideres do seu partido, que agora non é tempo diso, agora é tempo de axudar a xente, a xente agradecerialle infinitamente máis que lle baixasen a contribución ou calquer outro imposto, ou os autónomos que lle baixasen o IAE, a que se poñan a facer unha acera por poner un exemplo. E que conste que cos cartos que ten o concello poderían facerse as duas cousas.

    Pero os que gobernan hoxe este pobo parece que viven nunha burbulla, ¡¡non é tempo de esganar máis a xente!!, é tempo de axudala. E este é o discurso de EU, PSOE e BNG, pero os representantes mugardeses destes partidos políticos van por libre, din que adaptan as políticas dos seus partidos á realidade do seu pobo, ¿pero de qué realidade me falan?, que monten un circo, que xa teñen unha “troupe” de payasos, e de gran pista central a sala de plenos do concello. É vostede como Galileo fronte ó tribunal da Inquisición, xa pode dicir que a terra xira arredor do sol, que a queimarán sen piedade por “traidora” ó seu partido, ¿e Pilar non traizoa ós seus votantes?, ¿e África e Gabelo non traizoan á asamblea que lles pide que fagan oposición?, ¿e Barcia?, ¿a quén traizoa Barcia?, a nadie, Barcia está por encima do ben e do mal, Barcia é o Sumo Sacerdote, é por decilo de algunha forma como o Papa en comunicación directa co Espírito Santo. Amén.

    Pd.: É triste que pola incompetencia da esquerda deste pobo case me esquezo do PP, o liquidador deste país, o Terminator do estado do benestar e dos dereitos sociais, Juan Domingo e a súa cuadrilla opóñense, adaptando tamén as políticas do seu partido á realidade do pobo, a todas as medidas impopulares que promove e impón a dereita, pois rapaces….¿qué facedes ahí?, ¡¡a esquerda necesítavos!!.

    ResponderEliminar
  2. Hombre, no deja títere con cabeza!!! No me extraña. Juan Domingo y "su cuadrilla" han sido elegidos en las listas del PP, cierto, pero JD y "su cuadrilla" tienen claro que son concejales de Mugardos, y a los mugardeses es a quien van a defender por encima de partidismos. No somos diputados ni senadores (tendriamos quizas menos trabajo) pero sabemos cual es nuestra tarea: velar por el bienestar de los Mugardeses.Tras esta frase quedabien (puede pensar) está mucho esfuerzso y horas de trabajo y lectura para fiscalizar a este gobierno demoledor de los principios de la izquierda. Ir por unas listas no implica tragar con carros y carretas, como cuando sabes que tu padre y tu madre dictan normas que sabes son injustas a veces o simplemente crees que lo son. No vamos a abandonar nuestro objetivo porque BArcenas deje en calzoncillos la credibilidad de unos pocos del PP. Nosotros no recibimos sobres y por lo tanto no podemos ser responsables de lo que supuestamente puedan hacer unos u otros. A nosotros se nos debe juzgar por nuestras acciones, por nuestras propuestas para Mugardos y para mejorar cuanto podamos la transparencia de un Ayuntamiento con mucho margen en muchas cosas y que se dirije como se hacia a principios de siglo, eso si, se han cambiado las maquinas de escribir por odenadores, pero poco mas. NI derechas ni izquierdas, nosotros estamos y estaremos con la gente de Mugardos, a quien ayudamos sin pedirle el carnet o preguntarle a quien vota.

    Atentamente

    Juan Domingo
    Jefe de "cuadrilla"

    ResponderEliminar
  3. Desculpe vostede si levado polo ímpeto do comentario non elixín o término máis adecuado para dirixirme ós seus compañeiros de partido. Ben é verdade que merecen un respecto os señores concelleiros.

    Non é o Partido Popular obxecto da miña devoción e menos o repertorio de medidas neoliberais que están a executar Rajoy e compañía,… perdón, el Sr. Presidente y sus señorías ministros y Srs. presidentes autonómicos. Se considera vostede que aceptar esas medidas é tragar con carros e carretas, se milita vostede e os seus compañeiros nun partido de dereitas, porque decir o contrario sería mentira, e cre que aplicar políticas de dereitas non é a solución, nin o mellor para os veciños de este pobo, entón ¿qué fan en ese partido?. Eu dende logo me iría, decepcionado tal vez, pensando que non era o que esperaba. ¿Ou o que quere vostede e quedarse para refundar o partido e cambiar as suas ideas e darlle un aire novo para que non o coñeza “ni la madre que lo parió”?. Non sei, a mín máis ben paréceme que a desfeita que están a dirixir os tránsfugas de esquerdas de EU, PSOE e BNG (adxectivo que lle aplican a concelleira deste blog, sen decatarse do seu propio transfuguismo ideoloxico, ou bipolaridade, que lles leva a pensar e decir unha cousa, e cando sentan na cadeira do poder a facer a contraria) venlles que nin pintada para facer a pose de que están vostedes en contra desas medidas impopulares. Pero bueno, probablemente estou equivocado, e si estivesen vostedes gobernando no concello non subirían nin unha sola taxa nin imposto das que subiron BNG-EU-PSOE, o cal celebro e os felicito, e espero e así debe ser que sigan axudando a xente de Mugardos sin pedirlle o carnet ou preguntarlle a quen vota. E anímoos a que lle suxiran ó Sr. Presidente do Goberno a que as medidas que consideran que non son boas para os mugardeses tampouco han de selo para o resto dos españois e teña a ben baixar o I.R.P.F. das rendas do traballo, o I.V.E., suprimir o copago farmacéutico, derogar a reforma laboral, antepoñer o benestar e os dereitos dos españois a o pago ineludible dunha deuda ilexitima reclamada polos piratas financeiros, etc. etc...

    De todos os xeitos, agradecerlle o seu interese polo meu comentario, conserva todavía o impulso primario do que debe de ser un político, o debate, o enfrentamento dialéctico. Os transfugas da esquerda, os bipolares, atópanse xa nun estado superior, o debate está superado, a verdade absoluta é a sua posesión máis prezada, o silencio é a sua resposta. Mañá continuarán coméndolle o fígado ós veciños coa suba do I.C.I.O, e que nadie se queixe, ¿non entendedes que é para reactivar a economía do pobo?.

    ResponderEliminar
  4. Le agradezco su sinceridad, y celebro su crítica en cuanto que constructiva, porque no nos gusta el pensamiento único ni el servilismo.En la diferencia está la riqueza y la pluralidad. Mire, ahora mismo son las 23:54 de la noche y todavía sigo estudiando los temas del pleno de mañana, que no son pocos, cuando podría estar secando mi cerebro con programas tan culturales como "Campamento de Verano"y bostezando hasta quedarme dormido, sin otra inquietud que llegar mañana al pleno, votar que no a todo, y quedarme tan pancho, pues ya es bastante razonable votar contra esos disparates sin tener que pensar demasiado, pero ya ve, entre mi obligación y mis ganas de dormir, me inclino por las primeras, y me repasaré los cientos de páginas que configuran el aberrante despropósito del pleno de mañana, extraordinario y matinal (anti-público, para que nadie se ponga crispado en el pleno, mejor que se enteren despues en la factura).

    Indudablemente el segundo método, el de dejar que la madre naturaleza ejerza su dominio del ronquido la dejo para otros, que sin duda estarán más preocupados en votar y mandar sms para que Karmele no abandone el "campamento" que la cuchillada que mañana le meterán a los vecinos de Mugardos levantando la mano y siendo cooperadores necesarios de un fraude. Ya sabe a quien me refiero, a los teloneros de la pseudoizquierda, a aquellos que no son oficialmente gobierno pero tampoco oposición, a los que les da pereza leer, no por el hecho en sí, sino porque conlleva tener que entender lo que se lee, cuestion que si me permite dudo que sepan hacer. Por hacer ni han cambiado la direccion de email del portavoz antecesor del antecesor, al que puede enviarle sus quejas y que puede consultar en la web municipal (vease partidos politicos). ¿Para que cambiar un email, con el esfuerzo que eso conlleva de levantar el telefono y cubrir una hoja de petición? Mejor que lo lea el portavoz anterior del anterior, así ya lo lee él...

    Como ve, cada uno escoge sus prioridades y ejerce sus responsabilidades como cree que prestan un mejor servicio a sus vecinos, vecinos que valoran más a un politico que comparta vinos y sea simpático (aunque sea un pesimo gestor) que a aquellos que hacemos lo que hacemos porque creemos en que desde nuestro sillon se pueden hacer las cosas de otra manera. Nosotros sabemos el nombre y apellidos con los que compartimos tertulias, supermercado o cola en la pescadería, de a los que mañana,al levantar la mano, les hundiremos un poquito más, otra vez.
    Bastante tenemos con Mugardos, solo somos concejales, nuestra responsabilidad es con los Mugardeses, y a eso dedicamos nuestras noches como puede ver, Bárcenas no sube los impuestos a mis vecinos. En Madrid se critica la subida de impuestos por parte de la izquierda, y en Mugardos pasa lo contrario ¿Contradictorio? Depende de la solvencia de cada Ayuntamiento. Mugardos tiene 1,2 millones sin gastar y aun así prefiere apretar aun mas, para qué. para tener mas donde gastar, mas inauguraciones, mas plazas, mas aceras, todo aquello que pueda salir en un panfleto con las siglas del Partido, y mejor un poquito antes de las elecciones... Dar mayor asistencia a la dependencia no permite foto, aumentar las prestaciones de protesis a familias en emergencia social no permite foto, reducir las tasas de la escuela infantil para aliviar las economias familiares no permite foto... Para eso no hay, para eso no se gobierna porque eso no es "rentable" para reproducir la poltrona del poder. Lo impopular y lo contradictorio es estrujar el bolsillo de aquellos a quien les vas a llevar el panfleto de tus aceras (y sus fotos a todo color), y aun encima tendrás la cara de pedirles el voto...

    Perdone, pero aun me queda un buen rato de lectura del pleno.
    Gracias por su atención.

    Juan Domingo.

    ResponderEliminar
  5. Eu ademais de felicitala e tamén o mostrarle o meu agradecemento e agrado polo traballo informativo municipal que está a realizar, quero facelo ademais porque no que levo observado ultimamente considero o seu blog como o máis activo de todos os relacionados cos grupos que forman a Corporación Municipal de Mugardos . Sín entrar noutro tipo de valoracións , quero dicir tamén que baixo o meu punto de vista é toda unha lección de transparencia que debese servir de exemplo.

    ResponderEliminar