miércoles, 30 de enero de 2013

Tengo una pregunta para usted, Sr Alcalde



Se lembrades este famoso programa de televisión, lembraredes que cidadáns a título particular facíanlle preguntas a políticos invitados. Alí déronse situacións tan comentadas como a pregunta ao Presidente Zapatero de canto costaba un café, ou a pregunta ao, daquelas, xefe da oposición Sr Rajoy de qué faría se fose presidente no 2012 e tivera 4.000.000 de parados.
Como o Sr Barcia non resposta as miñas preguntas como Concelleira, voullas facer como veciña, a ver se teño máis sorte.

Logo de visitar hoxe a páxina web do Concello e atoparme na portada coa seguinte información “A Deputación Provincial da Coruña felicitaao Alcalde pola situación económica saneada que presenta o Concello deMugardos” que logo se amplía cunha parte de dito informe. Aclaremos algunhas cuestions.

Antes de nada, convido ao Sr Alcalde, dado o seu novo interese en que veciños e veciñas coñezan a situación economico-financieira do Concello, a que publique vostede os orzamentos na web municipal, a liquidación (ou peche) dos orzamentos ao rematar o exercicio, (incluso podería facelo trimestralmente, para que veciños e veciñas poidan ir coñecendo en qué se invirten os seus cartos), a publicar canto paga o Concello a cada un dos Concelleiros e Concelleiras (incluidos gastos de teléfono, de viaxes, peaxes, aparcamentos, comidas, etc).

O problema é que cando lle propuxeron estas medidas de transparencia nun Pleno, vostede votou en contra. Vostede e os seus compañeiros do tripartito.
¿porqué publica vostede informes da Deputación con titulares tendenciosos, e non a  información económica e financieira municipal que obra no seu poder e que aos veciños e veciñas gustaríanos saber? 


E o máis importante. Se o que dí no titular da “noticia” da web é certo, e tiñamos unha economía tan saneada, ¿Porqué subiu vostede, xunto cos seus socios da Troika Mugardesa, os impostos e taxas aos veciños e veciñas, con eliminación de bonificacións nos impostos, e ata rexeitando máis de 15 alegacións de nais e pais que solicitaban que non se fixera tal suba nas taxas da Escola Infantil Municipal?.

Fai poucos meses, a mediados do ano 2012, nunha Xunta de voceiros á que eu mesma asistín, dixera o Sr Alcalde que o Concello estaba nunha situación de emerxencia económica, e apelaba á coherencia e responsabilidade dos voceiros dos grupos municipais ¿A quén enganou o Sr Barcia?. ¿Á Diputación ou aos voceiros?

O grave é que o Sr Barcia e os seus compañeiros de tripartito, din aos veciños e veciñas que a suba de impostos e taxas é para salvar servicios, pero tiñan 800.000€ de beneficios e 1.200.000€ no banco ao iniciar o ano 2012.

O certo é que xestionan mal, e tiran polo camiño fácil: subir impostos. É moito máis sinxelo facer que paguen máis os que xa pagan que facer xestión, e que paguen os que non pagan, como xa comentamos en moitas ocasións (por exemplo, na entrada das lagoas mentais. Antes da suba tería que terse feito unha revisión de padróns, e o cobro por vía executiva a aqueles que non pagan os seus tributos.
Penalizar aos veciños e veciñas cumpridores foi a saída fácil da Troika.

Espero que nesta ocasión, teña o Sr Alcalde a deferencia de respostar, pero sobre todo, que faga un exercicio de transparencia e publique esa información económica e financieira que os veciños e veciñas esperan coñecer.

12 comentarios:

  1. A verdade e que cada día queda mais claro por que se foi esta rapaza do goberbo de Barcia.Ainda que a pregunta ó mellor sería que facia na candidatura do bng.
    Polos seus comentarios deixa ben claro as suas diferencias cons restantes membros do goberno, do que ela formou parte.Está claro que non podía seguir alí.era un estorbo paro os manexos de barcia e bouza.
    Esperemos que esta paxina siga a informar á cidadanía do que esta pasando no noso Concello.E digo noso por que ao mellor algun e algunha pensan que o Concello e da sua propiedade.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Marchei polo que xa expliquei na prensa e na entrada de "desmonta el chiringuito". En resumo, pola falta de transparencia, democracia e participación existente dentro do grupo de goberno. Ese proceso iniciouse a principios de 2012, cando se iniciaron os contactos con EU (o PSOE chegou máis tarde).
      Ao principio da lexislatura non foi así, polo que eu nunca pensei que estivera fora de sitio, ata que decidiron cambialo rumbo.
      Teño o obxectivo de seguir informando do que pasa no Concello, na medida das miñas posibilidades, e co absoluto convencemento de que, canta máis información manexen os veciños e veciñas, mellor será o goberno do noso Concello.
      Agadézolle a súa participación

      Eliminar
  2. Animo a xente a que vaia ós plenos do Concello, os últimos venres de mes ás 7 da tarde, podrán comprobar "in situ" o talante, o respeto, o dialogo, o comportamento lamentable e a homenaxe á democracia e á liberdade que fan o alcalde e algúns concelleiros desta corporación municipal.
    Hai que ter valor para aguantar o trato que recibe esta concelleira. Unha auténtica vergoña por parte de algún e algunha concelleiro/a que se dín servidores públicos dos mugardeses.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O importante nos Plenos, aos que eu por suposto tamén animo á xente a asistir e participar, non son as faltas de respecto, son os temas importantes e absolutamente relevantes para a vida diaria dos veciños e veciñas. Ninguén debería deixarse levar por asuntos absolutamente secundarios q acontecen e resultan reprobables, como faltas de respecto ou insultos q non van facer que eu esqueza que o meu acta representa aos mugardeses e mugardeses e a ninguén máis, votarán ou non.
      Agradézolle a súa participación.

      Eliminar
  3. Coincido co que se prantexa no primeiro comentario: ¿que facia vostede nas listas do BNG? se nin vivía en Mugardos , se as súas ideas non coinciden para nada coa ideoloxía do BNG, mais ben coa do PP........Ou sería porque Barcia prometeulle a alcaldia cando él se fora e isto non pasou?
    Certo é que hai que asistir aos plenos para ver o bochornoso espectáculo do PP e o seu, sin respeto por ninguén, lendo escritos que non veñen a conto , despreciando ao resto de concelleiros/as ao igual que a institución municipal, e amparándose en asistentes ao pleno que insultan e interrumpen as intervencións de todo aquel que non sexa do PP ou a concelleira non adscrita, por certo , seu pai entre eles.
    E quere que a respeten? comece por respetar vostede.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación. son moitas as cuestións que platexa.
      Vivía e vivo en Mugardos. É doado comprobalo no padrón.
      Os motivos polos que me presentei son o compromiso político, e un programa electoral que comparto da primeira á derradeira palabra que contén. Eu non me movo por promesas nin sillóns, se así fose ¿para qué marchar? quedaría esperando tranquilamente ata que o Alcalde marchara.
      Os meu feitos desminten o suposta promesa da Alcaldía e o meu suposto interés na mesma.
      Os motivos polos que deixei o goberno penso e espero que estean sobradamente explicados na entrada de "desmonta el chiringuito".
      Sobre o espectáculo dos Plenos: Se un veciño ou veciña queda coas formas dos Plenos e non co fondo do que alí se trata, é que hai algo que non funciona, e pola parte que me toca, pido desculpas.
      Os insultos, exabruptos e faltas de respecto que se escoitan nos Plenos descalifican ao que os fai. Alá cada ún cos argumentos que utiliza para a defensa das súas propostas.
      Sen dúbida, se considera vostede que os escritos dos que falo nos Plenos (informes e Decretos de Alcaldía) non veñen a conto, probablemente os meus argumentos non o convencerán nos Plenos. Pero é a liña política que decidín utilizar, o que digo sempre podo demostralo con papeis.Sempre.
      Sobre os asistentes, unha vez máis, convido a todos os veciños e veciñas a asistir aos Plenos e participar do que é o seu goberno, o goberno do seu pobo. Resúltame indiferente se son familiares, amigos ou veciños dos concelleiros e concelleiras alí presentes. Ogallá o salón de Plenos estivera sempre cheo.
      E para rematar, o Alcalde coñece perfectamente o Regulamento, e sabe que ante calquera intervención ou interrupción inapropiada do público ou dun concelleiro, ten total respaldo para actuar como Presidente.
      Na derradeira sesión do Pleno, no mes de xaneiro,eu mesma fixen un rogo ao respecto.

      Eliminar
  4. Como é posible que a persoa que fai o comentario do 2 de febreiro de 2013 20:14, diga que coincide co platexamento do primeiro comentario desta entrada, do 30 de xaneiro de 2013 16:52, no que se di...

    ." que está claro que a concelleira non podía seguir alí porque era un estorbo para os manexos de barcia e bouza.. "

    Do contido de ambos os dous comentarios é doado chegar á conclusión de que son totalmente distintos e opostos. Pero ben, non deixan de ser simples comentarios.

    Pero pasando ao terreo dos feitos será convinte recordar que nestes últimos tempos non tan afastados, foron moitos os abandonos producidos dentro do goberno municipal do BNG e practicamente todos eles protagonizados por mulleres que ocupaban postos de primeira liña tanto nas listas do BNG como posteriormente na conformación do goberno municipal, do cal é de supoñer que todas elas contaban coa suficiente cualificación e capacidade para o desempeño das súas funcións.

    Ao meu modesto entender, e só é a miña opinión, posiblemente en todo este proceso o factor principal dos desencontros producidos no seo do goberno municipal do BNG non sexan diferenzas programáticas, e menos aínda de carácter retórico-ideolóxico, senón máis ben. diferenzas xeracionais internas producidas ante o feito da incorporación de novos valores con novas ideas, que plantexan e consideran que en política ademais dun cambio de contidos é tamén necesario cambiar as formas e os comportamentos e que parece ser que en principio non son ben acollidos pola corrente dominante no BNG de Mugardos .

    Volvendo aos feitos concretos, teño que dicir que eu en ningún momento observei falta de respecto no comportamento da concelleira non adscrita, e menos aínda lle escoitei algún tipo de insulto nas súas intervencións, polo menos ata a data. Dito isto hai que dicir tamén que posiblemente algunha das súas intervencións poidan resusltar politicamente incómodas ou molestas para algunha xente que non entende, ou non quere asumir, que son cuestións propias do exercicio político en democracia, e de forma especial si se pretender exercer o cargo dende o lugar que a cada un correspóndelle, neste caso dende a oposición.

    Ademais do dito anteriormente e ante o que parecen intentos de descualificar a esta persoa polo feito de discrepar e abandonar o goberno municipal do BNG, quero dicir que para min merece o mesmo respecto que sinto por outras persoas como Beiras, Martiño Noriega e outros alcaldes e demais cargos públicos que despois de haber abandonando o BNG, por sorte para este país, seguen exercendo os seus cargos e as súas responsabilidades públicas e políticas.

    Finalmente non estará de máis recordar o feito lamentable, pola súa procedencia ou quizais tamén improcedencia, cales foron ao meu entender as últimas palabras dirixidas polo noso alcalde á exconcelleira do BNG, Anxos Díaz, na sesión plenaria na que renunciou oficialmente ao cargo:

    TEXTO EXTRAIDO DA ACTA DO PLENO ORDINARIO DO 30 DE DECEMBRO DE 2010

    “……. pois a min so me cabe dicir, e con todos os respectos, amiga Anxos… pois e… a verdade é que te quedas aquí como o Galo de Morón sin plumas e cacareando, o sinto moitísimo.”

    Sín comentarios .


    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Comparto con vostede a sensación de que algunhas das descalificacións nos Plenos xurden da dificultade de entender por parte dalgúns concelleiros o meu papel de control e fiscalización ao goberno.
      Penso que se debe a que algúns concelleiros e concelleiras síntense máis cómodos na loita no barro (no terreo da descalificación e a falta de respecto), que no debate das ideas e das propostas.

      Eliminar
  5. Polo que pido saber, o comportamento dos concelleiros e concelleira do Partido Popular e a concelleira que se foi do bng, son correctos e totalmente educados.Non poido decir o mesmo do comportamento de barcia, bouza e pili.Basta con leer as actas.O que está escrito está escrito, non valen contos, entre outras cousas por que tamen está grabado e non se pode negar.
    Por cero o que se ve ás claras e que quen quere ser alcalde, ó prezo que sexa, e un tal bouza, e por suposto unha tal pili.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a participación.
      Aquí pode ver as actas dos de todos os Plenos, que como vostede ben di, son textualmente transcritos:
      http://www.concellodemugardos.org/es/noticias/plenos

      Eliminar
  6. Sobre el comentario que habla que la concejal que marchó del bng, no vivía en Mugardos, la respuesta es tan clara como decir que una tal Pilar Díaz tampoco vive y no pasa nada,¿o si?.
    En cuanto a lo de las ideas,solo con ver cuando y en qué coincide votando con el pp, ya queda claro.La familia de esta chica siempre fue progresista.Otra cosa es que la convencieran para ir en las listas, y luego afiliarse, de un partido que está por ver que sea de izquierdas.¿acaso la politica del bng en Mugardos es de izquierdas?que venga dios y lo vea.Bueno, Dios debe de ser el que inspira a barcia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Eu non entro nas vidas privadas dos concelleiros e concelleiras de Mugardos, pero repito que eu vivía e vivo en Mugardos. É tan sinxelo como consultar o padrón municipal.
      E aclaro, que eu non fixen a lista electoral do BNG de Mugardos, nin formaba parte da asamblea local cando foi aprobada.

      Eliminar