miércoles, 6 de febrero de 2013

Nota de prensa polo meu suposto (e falso) pacto co BNG

Nota de prensa que remitín esta tarde, desmentindo a EU e PSOE, logo de que a voceira de EU Sra Pilar Díaz e o voceiro de PSOE Sr Gabriel Bujones den a entender que existe un acordo "segredo" entre o BNG e a concelleira que suscribe:
"Ante as últimas noticias aparecidas na prensa, nas que tanto a voceira do grupo municipal de EU Sra Pilar Diaz, como o voceiro do grupo municipal do PSdeG-PSOE Sr. Gabriel Bujones, implican a esta Concelleira nun posible acordo  co BNG de Mugardos, véxome na obriga de aclarar o seguinte:
 
Non teño nin tiven, como concelleira non adscrita, ningún acordo nin de goberno, nin de gobernabilidade (nin para temas puntuáis, nin periódicos) co Alcalde Sr Fernández Barcia, nin co voceiro Sr. Bouza, nin con ningún membro do BNG.  Polo tanto, non tiven nin teño participación algunha, directa ou indirecta, nas negociacións levadas a cabo por BNG, EU e PSdeG-PSOE.

Cando decidin deixar o Goberno municipal e pasar aos non adscritos, fíxeno por responsabilidade e polo meu compromiso co programa polo que me presentei, que falaba de transparencia, democracia e participación; co compromiso tamén coa na mellora da xestión e funcionamento interno do Concello, así como coa implementación de políticas sociais e de servicios públicos que redunden na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas, e non dos intereses políticos ou partidistas. Ao meu entender, as necesidades do pobo están moi por riba dos desencontros persoais ou as cotas de poder ansiadas.

Antes de deixar o goberno, e logo de facelo, todos é cada un dos grupos municipais de Mugardos: PP, BNG, EU e PSdeG-PSOE tiveron, teñen e terán as miñas portas abertas para o diálogo,a negociación, a colaboración e a toma de acordos, sempre que se respeten estos obxectivos.

Con esa finalidade teño desenvolvido o meu labor enpresentado propostas ata este momento,  e por ese camiño seguirei. Neste punto, o do diálogo, o acordo e a negociación polo ben de Mugardos, todos os grupos saben que puideron e ponderán atroparme.
Pero na situación actual de crise economica e desemprego, esta concelleira non vai entrar, nin permitir que se me involucre en liortas e desencontros políticos (desencontros en ningún caso programáticos, senon pola busca do poder), que o único que fan é poñer paus nas rodas á saida dunha situación política insostible no Concello, e que os veciños e veciñas demandan que se solucione con amplitude de miras e ningún interese persoal.

En resumo, desminto rotundamente que eu teña un acordo co BNG de Mugardos e a miña participación nas negociacións, e reitero que sempre tiven e manteño as portas abertas ao diálogo con todas as forzas políticas, sempre que sexa na procura de obxectivos polo ben común."

2 comentarios:

  1. Lo que está bien claro es que EU-IU pactaria con quien fuera para gobernar.Se le ha visto el plumero.Han mentido en campaña y para mi han perdido toda credibilidad.

    ResponderEliminar
  2. Agradézolle a súa participación.
    Neste caso, penso que o pacto tiña como única finalidade acadar os obxectivos persoais dalgúns Concelleiros, e non os obxectivos comúns dos/as veciños/as que os votaron.
    Pero se EU foi quen de poder negociar con todos nun momento ou noutro desta lexislatura, deixando ao lado supostas diferencias persoais ou ideolóxicas, eso quere decir que poderemos esperar que manteña esa capacidade de diálogo para acadar as solucións necesarias nestos tempos.

    ResponderEliminar