jueves, 3 de enero de 2013

"Desmonta el chiringuito"


Ese foi o labor que se me encomendou cando comecei a miña andadura como Concelleira de Benestar do Concello de Mugardos. “Desmonta el chiringuito de Pilar”. Esas foron as palabras textuais do Alcalde.

Os  Servicios Sociais, a concellería de Benestar,  son un “reino” da voceira de EU dentro do Concello, e se veñen seguindo as suas indicacions e premisas "clientelares" dende fai tempo, como os meus propios compañeiros do grupo de Goberno me transmitiron cando cheguei.
Entendín que a misión era reorganizar,equilibrar, baremar, vixiar que se cumpriran os criterios da normativa vixente en cada caso,  coa debida equidade e xustiza.
Igual para todos. A eso me puxen.

Dado que nos últimos días volvín ler, escoitar e ser preguntada polos motivos  que me levaron a marchar, e porque sempre é bo iniciar unha nova dinámica coa mochila lixeira de equipaxe, non tiven problemas en contalos no seu momento, e non teño problemas en facelo novamente, especialmente dados os comentarios, infundios e calumnias sobre o meu labor dentro do Goberno, e especialmente dende que abandonei e pasei a formar parte dos concelleiros non adscritos.


Certamente o traballo encomendado era cando menos complexo pola falla dunha dirección clara e coherente, liderazgo, criterios  a seguir,  e sobre todo, control. Unha concellería sen ningún control por parte do goberno municipal. A república independente de Benestar, reino de taifas que  supuxo e supón continuas incidencias cos usuarios e usuarias, ou coas subvencións da Xunta de Galicia, e como consecuencia delo, a perda de recursos.

Nese tarefa xa foran sacrificados varios concelleiros/as en anteriores lexislaturas sen éxito, supoño que tamén pola falta de apoio do Alcalde e do resto do grupo de goberno. Encoméndase a tarefa, pero sen apoio nin implicación, supoño tamén que por temer o previsible enfrontamento político e persoal que iso ocasionaría.

A transparencia non permite o personalismo que se vén exercendo, e en canto se propoñen normas, protocolos e baremos para que todo o mundo teña as mesmas oportunidades, saltan chispas. Se pides información asúmese como unha ameaza, máis aínda, como unha prepotencia intolerable; os protocolos de traballo tómanse como un insulto, o cumprimento de horarios e tarefas, un abuso; os cambios non se admiten porque "sempre se fixo así".
Se a cousa mellorase, o río deixaría de estar revolto, e algúns pescadores perderían pezas.

Soa; Esa foi a imaxe, e esa foi a realidade. Non obstante, sigo crendo no traballo realizado e na necesidade de seguir facéndoo, máis e mellor, pero non o espero nas actuais condicións de negociación e pacto. "Se non podes co teu inimigo, alíate con el ", así é o vello dito popular, e así están a actuar.
 
O meu distanciamento co grupo de goberno e o alcalde comezou a principios de 2012, cando o Alcalde propón iniciar conversas co grupo de EU de Mugardos para facer un acordo de goberno. Non apoiei a proposta entón, e a asemblea local do BNG tampouco. Se o meu labor era desmontar o "chiringuito" que a súa voceira tiña na Cocellería de Benestar (que o propio Alcalde coñecía, e supostamente denostaba) non parecía lóxico pensar que o labor de goberno melloraría incluindo no goberno a quen, non seu momento, o Alcalde xa botara (Piar Díaz foi concelleira express na primeira lexislatura como Alcalde de Barcia) por non poder chegar a consensos e acordos, soamente posibles coa rendición do BNG. Diso xa hai moitas experiencias e eu non quería participar desta.

O segundo encontrazo veu dado pola aprobación da listaxe de bonificacións e exencións das taxas de auga, lixo e sumidoiros concedidas en 2012. Neste caso me opusen a aprobalas na comisión da que eu era presidenta, pois considero que a listaxe de beneficiados non se axusta aos criterios marcados nas ordenanzas vixentes naquel momento, (que non estaba disposta a saltarme), e son un exemplo máis das asignacións "sospeitosas" que se repiten unha vez si e outra tamén nesa Concellería. Baseo a miña afirmación no informe levado polo Alcalde á Xunta de Voceiros. Ditas exencións e bonificacións foron finalmente aprobadas por Resolución persoal da Alcaldía.

Logo destes dous encontronazos, pouco a pouco deixei de recibir información, de non ser tida en conta para a toma de decisións, empecei a escoitar ataques persoais por parte dalgúns dos meus compañeiros, faltas de respecto en reunións, ou a ser ameazada con falsas acusacións máis propias dunha estratexia de acoso e derribo que dun trato entre adultos con serias responsabilidades. 
E Ainda tiven que escoitar de boca do Señor Alcalde que non me queixara tanto, que ás outras (concelleiras que marcharon) as trataba peor.  

Eu non voto nada que non estude, valore, coñeza e considere xusto. Por responsabilidade, coherencia, e criterio. A discrepancia era considerada como un ataque; cando a discrepancia, ou mesmo a discusión, non fan máis que enriquecer o debate político. Creo nos principios cos que me presentei ás eleccións: Transparencia, democracia e participación, e non teño pensado abandoalos por conveniencia de ninguén. Cando comprobei que isto non se daba non seo do grupo municipal do BNG, derivou non que xa coñecedes.

Anunciei a miña intención de abandoar o grupo de goberno, sen deixar a acta, o 4 de setembro de 2012. A miña actitude e limpa, a miña acta está limpa. Fago o meu traballo con adicación e seriedade, e débome aos veciños de Mugardos, con principios éticos que non estou disposta a perder. Teño a vontade e a capacidade necesaria para negociar e chegar a acordos, pero non estou disposta a facer a "política clientelar" doutros grupos polos que non me presentei nin me presentaría, e non por grandes discrepancias ideolóxicas, senón por discrepancias de xestión, actitude e metodoloxía.

Hai outro asunto que tamén gustaríame aclarar.
Houbo un acordo de non facer pública a miña marcha ata despóis dás eleccións, por razóns lóxicas de non interferir nas eleccións convocadas; pero o propio Alcalde rompeuno ao día seguinte, saindo nos medios a dicir que eu marchaba por non saber asumir ás críticas. ¿Quen é o que non sabe asumir críticas?. Aquelo foi un "ou comigo ou contra min" por parte do Alcalde e as actitudes caudillistas xa non son deste tempo, pero hai a quen ainda lle gustan.

Por certo, foi o Alcalde quen me ofreceu ir na lista (nunca preguntei en qué posto), e estoulle agradecida por darme a oportunidade da que gozo, pero non me recolleu dun gethoEu teño unha profesión, unha carreira, e unha vida; son profesora, licenciada, e afortunadamente, independente no persoal e no profesional. Eu lle cumplín con seriedade, legalildade, traballo, e sen mentiras nin enganos. Non teño débedas con ninguén, nin nada do que arrepentirme.

Logo de case 4 meses, ainda non podo asistir con voz e voto ás comisións (incumprindo sentezas do Tribunal Constitucional), e calquera que asista aos Plenos ou os lea, coñece xa toda a retaíla ás acusacións, insultos e faltas de respecto que teño que escoitar. Non sei se, como dicía alguén, isto é froito dun acordo para que canse e marche. Non vai funcionar.

Logo deste tempo, son moito máis feliz, fago ou meu traballo con dignidade e liberdade. Preparo cada tema coa responsabilidade e a importancia que considero que teñen en beneficio dous veciños e veciñas. E así seguirei.

Sentinme utilizada, pero non abandono. Algúns modos de facer política teñen que mudar, e mudarán polo ben de todos. Tempo ao tempo.

Permitídeme dende aquí, e para rematar, dar as grazas á xente que estivo ao meu lado nos malos momentos. Sen dúbida repetiría o que fixen, pero tería sido moito máis duro sen o voso apoio. Tamén aos que se foron incorporando durante o proceso: aos traballadores/as, aos veciños e veciñas, aos "descoñecidos" que durante todo este tempo me chamaron, mandaron mensaxes, fixéronme chegar consellos e mostraronme un apoio inesperado e sorprendente, que agradezo profundamente.

12 comentarios:

  1. Una pregunta: ¿dónde da clase?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este é un foro sobre a actividade municipal, e non sobre a miña vida fora do Concello. En todo caso, agradezo a pregunta, e dende o punto de vista municipal respostarei á mesma.
      Cando me incorporei ao grupo municipal de BNG, o Alcalde asignoume unha adicacion exclusiva; loxicamente dita adicacion era incompatible con calquera outra actividade profesional remunerada. O traballo encomendado polo Alcalde, sinceiramente, tamén era incompatible con calquera outra actividade.
      Tralo meu abandono do grupo de goberno e o paso aos non adscritos, continúo co meu labor político, e non percibo adicación.

      Eliminar
    2. Si es profesora de niños pequeños, está claro que donde da clase es en el Ayuntamiento, porque eso parece una guardería. Que la chavala esté a estas alturas ensenñándole al Alcalde o a Pilar, que deben llevar más años en el ayuntamiento que años tiene la propia Mónica, dice mucho del nivel de nuestros políticos municipales.
      Yo te animo a seguir, Mónica. Por los insultos que te lanzan, no te preocupes; ya todo el mundo dice que Barcia y Bouza a tu lado se ven muy limitados, y los que quedan mal son ellos. Y lo de tránsfuga que te dijo Pilar en un Pleno, pregúntale tú qué opinan en IU sobre su amistad con Barcia, que los tiene contentos.

      Eliminar
    3. Agradézolle os ánimos e a particiación

      Eliminar
  2. Jacinto el Mugardés4 de enero de 2013, 17:11

    Ehorabuema por dar este paso, me refiero a salir a la luz pública.Ya es hora de que alguien diga la verdad de lo que está sucediendo dentro de nuestro Ayuntamiento.Y digo nuestro por que alguna y alguna piensasn que es su cortijo particular.
    sigue así.Sácales la careta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O programa electoral co que me presentei falaba de "transarencia, democracia e participación", e ese é o obxectivo co que iniciei este blog.
      Tentar explicar a miña visión sobre algúns temas que acontencen dentro do Concello, dar máis información da que na actualidade trascende, que entendo que é moi escasa, e abrir un foro máis de debate e opinión.

      Eliminar
  3. Eu dende o principio, ademais de respectar a túa decisión, como non podía ser doutro xeito, sempre considerei que non soamente asistíache o dereito senón tamén a razón, e hoxe despois de ler con atención as aclaracións públicas manifestadas no teu blog, teño que dicir que me sinto, si cabe, máis convencido de que fixeches politicamente o correcto e necesario nestes tempos de mudanza.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sen dúbida, lecturas políticas, éticas ou morais sobre se a miña decisión de deixar o goberno foi correcta ou non, existirán moitas. Pero asegúrolle que foi a máis coherente.
      Coherente co programa co que me presentei e beneficiosa para os veciños e veciñas de Mugardos, que poden estar seguros de que alguén vai respectar o programa co que pediu o voto. Lamentablemente, como puido comprobar nos últimos días nas miñas entradas, penso non hai moitos Concelleiros e Concelleiras que estén a respectar este principio, que considero básico.
      Agradézolle a súa participación

      Eliminar
  4. Margarida, Anxos e Carolina foron as últimas concelleiras de servizos sociais , polo que si non fago mal as contas, desde o 2003, hai 10 anos xa, IU non tivo responsabilidade nesa concellería. Logo a conclusión será que o chiringuito é do BNG, PSOE e PP por gobernar xuntos nalgunha ocasión ou con apoios ao BNG?
    E non fai falla ser profesora, licenciada, diplomada, grao etc.. para ser político, se non saber que a política se exerce co pobo e para o pobo, que é un duro traballo si se cre nel , e que exixe adicación , comprensión, estudo e respecto, primeiro á cidadanía e segundo aos compañeiros/as e traballadores/as.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como xa dixen en moitas ocasións "ás veces, o que ten o cargo non manda; e o que manda non ten o cargo"
      Fun presidenta da Comisión de Benestar durante máis de ano e medio, e o que relato na entrada foi exactamente o que aconteceu.
      Concordo con vostede en que non fai falta ser licenciada, diplomada ou calquera outra cousa para o desenvolvemento da actividade política, pero sen dúbida, considero que ter experiencia laboral no sector privado só pode enriquecer a actividade pública, ben sexa como concelleira, deputada ou mesmo presidenta do Goberno.
      Agradézolle a súa participación

      Eliminar
  5. El anterior anónimo, el que escribe el el dia 11 a las 12,34, debe de ser el único de Mugardos que no sabe que la persona que gobierna el área de Bienestar Social es Pili.y lo hace porque fue ella la que montó todo el tema cuando gobernaban los del psoe,bng,iu y los independientes.Lo monto con su gente de cofianz y sin hacer ninguna oposicion a la plaza.Llevan ahi enchufadas desde hace mas de 12 años y Pili no quiere que le toque nadie el asunto, o el "chiringuito",( como le dijo barcia a la no adscrita).
    Las cazicadas que se hacen desde ese departamento son conocidas y están bien faciles de demostrar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Entenderá que eu non participe nas opinións que se refiren a etapas do goberno do Concello nas que eu non formaba parte da Corporación.
      Agradézolle á súa participación

      Eliminar