sábado, 19 de enero de 2013

Os tontos miran o dedo




“Cuando el dedo señala la luna, los tontos miran el dedo”



Este famoso proverbio chinés é o resumo que mellor explica a situación política, que semella ser de transición ao Barcismo,e que está a vivir o Concello de Mugardos nestas últimas datas con comunicados, contracomunicados e supostas filtracións, relativos a unhas negocacións que están máis que masticadas e dixeridas dende fai meses, como demostra o silencio de PSOE e EU nos Plenos e comisións dende o mes de setembro, do que xa vos falei na entrada do Pacto da Troika.


Pero, ¿que é o que os leva a mudar agora a posición pública? Analicemos que cambiu.
Unha vez máis, voume centrar nas declaracións de EU, por ser as que máis incoherencias e contradiccións continuas plantexan.

Di hoxe sábado EU no seu Blog, que " Se o acordo fracasa, ao grupo de goberno, é dicir, ao BNG só lle quedará un camiño: voltar a recibir o apoio, para as súas políticas, dos mesmos a quen manifesta combatir".
Refírese ao PP. E partindo de aquí xurden moitas preguntas.



Estos son os documentos (valoración e propostas) que EU fixo públicos tralas negociacións que EU, e non o BNG, mantivo co Partido Popular previas á investidura en xuño de 2011. Efectivamente, EU negociou, e moi intensamente co PP. Incluso ao PSOE plantexoulle a opción de gobernar EU-PSOE co apoio do PP (non tiñan realmente ese apoio) e inlcuso un tripartito PP-EU-PSOE (tamén desmentido polo PP).
¿Porqué acusa EU ao BNG de apoiarse nos que manifesta combatir? ¿Cree o ladrón que todos son da súa condición?

O medo de EU, dende a súa forma de facelas cousas, é lóxico. 
Como xa vos dixen, este acordo é a culminación de obxectivos persoais (Sr. Bouza e Sra. Pilar Díaz)e non políticos, e na loita polo sillón todo o mundo desconfía do que ten ao lado.
Se o acordo fose ideolóxico, non habería tantos medos coas conviccións políticas de cada un.
Se o acordo fose polo ben dos veciños, non imporían a lei do rodillo nin ás limitacións á participación na vida municipal e política do Concello.
E se o acordo fose programático, ¿porqué se suben os impostos, política contraria ao programa do BNG?.E ¿qué van facer con Reganosa? o que fora bastión de loita de EU contra o BNG, ata non fai tanto tempo: EU pide o peche,o BNG non acepta tal opción. ¿Caerá rendida EU ante os centos de miles de euros de tributos que a empresa ingresa nas arcas municipais? ¿Retirará o seu apoio ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol?.

É o problema que ten facer a política "do contra": contra Sr. Barcia, contra Reganosa, contra a transparencia, etc....o tempo fai que vaias da man do Sr. Barcia, pasees nas lanchas de Reganosa, e te saia unha non adscrita que poña negro sobre blanco as vergonzas das contradiccións.
En resumo: 
EU (Sra. Díaz) negocia polo sillón. BNG (Sr Bouza) negocia polo sillón. Ambos repartíranse o sillón sen problemas, polo que a comisión negociadora de EU (Sra. Pilar Díaz e Sr Ramiro Prado) chegou a un acordo coa comisión negociadora do BNG (Sr Bouza e Sra Tania Fernández).
Pero o Sr Barcia non está disposto a entregar a súa cabeza (condición sine qua non) para entregarlle o Goberno a quenes tanto dano persoal e político fixeron e fan ao BNG en Mugardos, dende dentro e dende fora. Esto é o que hai que ver, esto é a lúa. 
O resto: as supostas diverxencias na normalización lingüística, nas políticas de emprego, ou nos servizos públicos, é o intento que todos fan para que miremos o dedo.

O próximo martes, continúa o "Xogo de Tronos" no Concello de Mugardos.


Mentras, este mesmo luns, teremos unha Comisión Informativa de Benestar, á que unha vez máis levan as axudas á escolarización que o tripartito se nega a aprobar dende setembro, as axudas de emerxencia que non gustan a EU e pretenden cambiar (unha vez máis), e o demoledor informe da inspección da Xunta sobre os Servizos Sociais de Mugardos (ese chiringuito do que xa vos falei).

No hay comentarios:

Publicar un comentario