domingo, 27 de enero de 2013

Espadas en todo o alto



Logo da información dos derradeiros días suminitrada polos membros do tripartito (Troika Mugardesa), non hai dúbida de que, a negativa a ser sinceiros e transparentes nas negociacións, levan aos membros de BNG-EU-PSOE a caer en continuas contradiccións que non fan máis que amosar que as diferencias existentes radican nas cotas de poder e as condicións leoninas impostas por uns e outros para asinar o acordo na busca dos seus obxectivos particulares.

Fagamos memoria:
  • O 22 de decembro de 2012 falan de inicio de negociacións. O 26 de xaneiro xa recoñecen que o "período de colaboración" ven dende outubro. A realidade é que o acordo Sr. Barcia-Sra. Pilar Díaz no departamento de Servicios Sociais ven dende principios de 2012 e que o acordo das organizacións no resto dos departamento existe dende setembro de 2012
  • O 22 de decembro falan de "encontrar unha solución que permita abordar os retos diarios que plantexa a xestión da administración municipal e o impulso de políticas que favorezan a realización de novos proxectos". O 26 de xaneiro "EU quere un cambio de goberno e non participará dun goberno cuxo obxectivo sexa dar continuidade á xestión actual". Esos novos proxectos conxuntos e os retos diarios transfórmanse na negativa a participar. O único problema de xestión que teñen EU e PSOE para firmar o acordo públicamente é que non van firmar ata que o Sr Barcia abandone a Alcaldía e os deixe gobernar a eles.
  • O 17 de xaneiro falan do acordo programático e de xestión acadado entre as comisións negociadoras de BNG-EU-PSOE. O 19 de xaneiro fala EU de que "o BNG pretende alterar a vontade da cidadanía" , baseado nun acordo xa adoptado o 9 de xaneiro co propio BNG. Só pode existir unha aclaración imprescindible neste momento. ¿Quénes adoptaran os acordos: persoas individuais con intereses e obxectivos persoais, ou representantes de organizacións con intereses e obxectivos colectivos? Sospeito que a resposta correcta é a primeira.
  •  O 22 de decembro de 2012 falaba o Troika dun inicio de negociacións motivada pola crise económica, as políticas do PP, a debilidade do BNG ou as cifras de paro. Se eran estás as motivacións que os levaban a acadar acordos programáticos e de xestión, ¿porqué o 26 de xaneiro de 2013 as discrepancias veñen das cotas de poder, de órganos de xestión que pouco ou nada teñen que ver coa loita contra o paro, ou as propostas para paliar a crise económica?.


¿Non serían sempre estas as diferencias existentes? membros do BNG din non estar dispostos a aceptar ter o cargo da alcaldía a título meramente figurativo, desconfían das capacidades de Bouza para ostentar a Alcaldía, e néganse a entregarlle a EU o goberno real do Concello. 
Coñecen o desastre ao que EU levou a Concellería de Benestar dende a sombra, e sospeitan que ese "estilo de xestión" será estendido por outras áreas. Teñen moi presente o desastre do Virgin, onde acusacións que logo resultaron infundadas, supuxeron a suspensión de emprego e soldo para traballadores, e incluso para o Alcalde, así como a descalificación pública de todos eles por parte da Sra. Pilar Díaz.
A realidade é que o cambio no goberno do que falan esas comisións negociadoras que chegaran ao acordo de BNG, EU e PSOE nos comunicados e filtracións dos derradeiros días limítase é a marcha do Sr. Barcia.

E ¿o PSOE? farían calquera cousa por unha concellería, aínda que sexa de "segundo orden". ¿Pensan que eso é unha vitoria?. Están equivocados. Miseria política para un partido tan grande e imprescindible, que de seguir por este camiño, vai acabar tendo unha presencia meramente testimonial no Concello.

E ¿Esquerda Unida? Dominaría todas as areas, conseguindo rodearse de xente co perfil baixo que lle gusta á súa voceira, estendería o "modelo de xestión" que tan bos resultados electorais deulle a outras áreas que aínda non pode explotar e gañaría, por fin, a batalla na sombra que mantén co Sr. Barcia dende que este a expulsara do Goberno en 2003.

6 comentarios:

  1. Ainda estando dacordo no esencial, no fondo do asunto, e dicir, as negociacións so serven para acadar cotas de poder a nível persoal.Vexamos, Bouza quere ser alcalde, pilar quere ser alcaldesa e bujobe s e africa queren cobrar.Ata ahí dacordo.Agora ben,¿vai dimitir Barcia?O partido Popular a nível orgánico, vai consentir que o fututo de Reganosa quede nas máns de IU, o partido que fixo bandeira polo peche desta industria.
    Seguiremos na conversa.

    ResponderEliminar
  2. Non podo respostarlle á pregunta de se vai dimitir ou non o Sr Barcia, pero por responsabilidade, creo que agora non debe, ainda que hai que recoñecer que o pulso é forte dende dentro e dende fora da súa organización.
    Toca esixirlle ao Alcalde que resolva o problema creado sin causar perxuizo a Mugardos. E asegúrolle que, ainda que o digan por activa e por pasiva, eu non son o problema.
    Agradézolle a súa participación

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu non sei si Barcia dimitirá ou non, pero no caso de que, por un suposto, o fixese e EU quedara no poder xunto co resto dos partidos agás o PP que quedaría na oposición novamente, credes que pecharían Reganosa? o mellor non dou moitos postos de traballo os mugardeses,pode que a súa actividade esté a danar a ría, habería que demostralo, pero os ingresos que deixa no concello pola súa actividade non son nada despreciables...

      Eliminar
  3. Esta é a derradeira postura política pública que eu lembro, feita polos 4 grupos políticos existentes no Pleno do Concello, ao respecto de Reganosa.
    Foi no Pleno ordinario de Agosto de 2012, e EU, no 6º punto, presentaba unha moción solicitando unha comisión de investigación á Xunta e ao Parlamento do Estado e a execución do peche da planta de gas.
    http://www.concellodemugardos.org/sites/default/files/adjuntos/PL2012.08.31 0S.O..pdf

    Na miña modesta opinión,Reganosa non vai ser un tema prioritario no seu acordo, teñen outros.

    ResponderEliminar
  4. Penso que Barcia non vai dimitir.
    Pero tamen digo que a seguinte na lista e unha sobriña sua, e seguro que quere que sexa concelleira.sobre todo tendo en conta que nas próximas listas do bng ó concello, vai haber loitas moi gordas por ir nos primeiros postas, e cando digo primeiros digo o 1 e o 2, por que moito mais non van sacar.
    Penso que Reganosa non se vai pechar, por moito que diga pili e agora o psoe apoie unha comisión de investigación que investigue como foi que un alcalde do psoe concedeulle a licenza.
    Si teño claro que as negociacións so están sendo para acadar cotas de poder dos negociantes.Me parece normal que barcia rexeite o acordado por bouza, no que se refire á composición da xunta de goberno.Si o alcalde está en minoria vai ser un trapo nas mans de pili, que xan ten no papo ós dous do psoe.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Pois o motivo polo que romperon as negocacións, segundo o feito público polos voceiros de EU e PSOE, parace ser que foi o reparto de votos na Xunta de Goberno.
      Entendo que a proposta do BNG debeu ser 2 votos para o BNG, 1 para EU e 1 para o PSOE.
      Á hora de votar en dita Xunta de Goberno,no caso de unión de votos entre EU e PSOE e enfrontamento ao BNG, se mantería a postura do BNG, posto que existe o voto de calidade da presidencia, que en Xunta de Goberno, sempre ten o Alcalde (BNG).
      (quedou unha explicación algo complexa, espero que se entendera).
      É unha loita (a dos votos da Xunta de Goberno) que di moito do pouco espírito negociador que levaba ese acordo tripartito na súa base.

      Eliminar