sábado, 4 de mayo de 2013

Non hai Plan



Esta entrada ven motivada pola pregunta realizada nun comentario onde se plantexaba a posibilidade de denunciar o contrato coa empresa redactora do Plan de Urbanismo.
Xa respondo, e penso que non, non se pode denunciar. A realidade é que se alguén é culpable dos retrasos na elaboración do Plan é, prinicpalmente, o Concello de Mugardos.

A información que aporto nesta entrada é froito do estudo dos expedientes administrativos obrantes en dependencias municipais e da revisión dos rexistros de entrada e saída do Concello dende o mes de setembro.

A redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (en adiante PXOM) comeza en xuño de 2008, cando a Xunta concede ao Concello de Mugardos unha subvención por importe de 80.974,08€ a aboar entre 2008 e 2012, cando tería que ser aprobado definitivamente o PXOM (obviamente non foi así).

A adxudicación definitiva do Contrato de revisión do PXOM fíxose o 2 de abril de 2009, por 93.475,12€ (IVE incluido) á empresa Ámbito Ecourbanismo S.L.
O prazo para a aprobación do Plan, segundo o prego de cláusulas era de 30 meses a contar dende a entrega da cartografía actualizada por parte do Concello á empresa. Esto non aconteceu ata o 23 de setembro de 2009 (logo de máis de 5 meses trala firma do contrato).
En novembro de 2010, a Xunta aumenta a subvención concedida ao Concello en 6.477,93€, e amplía os prazos de abono da subvención, establecendo como nova data de aprobación definitiva na súas previsións, novembro de 2013(tampouco esta data vaise cumplir).

Un dos datos máis sorprendentes é que no prego de cláusulas administrativas da revisión do PXOM establécese que o Concello designará un responsable ou director do traballo. Estamos falando do ano 2009, que foi cando se adxudicou e se firmou o contrato . Ben, pois o Concello de Mugardos non nomeou responsable ou director ningún do proxecto ata o ¡¡ 28 de setembro de 2011!! Máis de 2 anos despóis da firma con Ámbito Ecourbanismo.

No mes de xulllo de 2011, a empresa entrega o anteproxecto como documento de inicio do novo PXOM.

Entre finais de 2011 e principios de 2012 produciuse, a petición da empresa concesionaria, un traspaso de contratos de Ámbito Ecourbanismo S.L á Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos S.L.P
O 7 de maio de 2012 a empresa entrega un primeiro borrador ao Concello de Mugardos.

Non hai información ningunha máis, ata o 19 de setembro de 2012, cando a empresa comunica ao Concello de Mugardos que os traballos atópanse paralizados á espera de consultas e matizacións dos políticos e técnicos do Concello sobre o documento entregado pola empresa. No rexistro de saída do Concello, non consta que remitíramos nos derradeiros 7 meses consultas e matizacións, co cal, os prazos na actualidade, mantéñense parados.

A miña conclusión é que non hai compromiso político con este tema. Por exemplo, no derradeiro ano non se ten definido nin debatido o concepto do futuro urbanístico do Concello. Os redactores entregan un documento en maio de 2012, hai duas ou tres reunións entre políticos e redactores, e esa é toda a planificación urbanística do futuro. Inexistente. Nada.

E, lóxicamente, dada a situación de debilidade do goberno actual que xa ten grandes problemas para presentar uns orzamentos, supoño que o alcalde fuxe espavorecido só de pensar en sacar o PXOM adiante, que require de maioría absoluta (esto é, un mínimo de 7 votos favorables).
¿Podería facelo? ¿podería acadarse a aprobación do PXOM? Eu penso que si, pero terían que dar unha volta de 180 graos na súa postura actual moitos dos grupos municipais. Habería que iniciar unha negociación política, poñer os obxectivos en común, atopar puntos de encontro e acadar un acordo sobre cal é o modelo urbanístico do noso Concello que debe plasmarse nese PXOM. Porque o seguro é, que sen acordos ou con posturas pechadas, non sae un Plan de urbanismo adiante, non favoreceremos o desenvolvemento urbanístico de Mugardos, e por tanto, non favoreceremos aos veciños e veciñas de Mugardos, dilantado o proceso como ata o de agora.

6 comentarios:

  1. El problema no es el retraso con el Plan de urbanismo, es que la mayoría de los políticos de nuestro pueblo quieren un pueblo sin futuro.
    Somos el ejemplo perfecto de burbuja inmobiliaria. Aquí se construyó por encima de nuestras posibilidades, pero se le cerraron las puertas a las empresas que generan trabajo y riqueza. Y saldremos de la crisis con las mismas carencias que nos llevaron a ella centrados en la construcción de segundas viviendas, como supuesta aportación al futuro de nuestro pueblo como villa turística y marinera, aunque no tenga ni una sola plaza de hotel en todo el ayuntamiento o una iniciativa marinera como era la lancha que ya sólo funciona en el verano. Por eso, sin apuesta real por el turismo o por el mar, ni empresas que creen empleo, Mugardos volverá a los brazos de la construcción y la riqueza con pies de barro.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Eu tamén creo necesario un plan estratéxico para Mugardos, e sen dúbida a súa proxección como vila turística é de interese. Pero un crecemento turístico sostible non pode pasar por esperar que caia o maná da iniciativa privada sen máis que facer, ou por estar mes e medio negociando nunha comisión a ordenanza de barracas nas festas, e pensando canto se lle pode cobrar "ao dos cochitos" (frase textual).
      Aquel que pensa que eso é traballar pola proxección turística do noso Concello, anda moi despistado e fora de realidades que nos poñan no mapa turístico.

      Eliminar
  2. Además de agradecerle la información y el minucioso trabajo realizado para hacerla posible , tengo que felicitarla puesto puesto que hasta donde yo sé , principalmente a través de las redes sociales , tengo que decir que a pesar del tiempo transcurrido desde el inicio teórico de este importantísimo proceso urbanísitico es la información más documentada , amplia , precisa y por tanto muy entendible que se haya hecho pública hasta el momento .
    Pienso además que de la lectura de dicha información se pueden extraer fácilmente muchas conclusiones , aunque casi todas ellas lamentables y negativas , en cuanto a la gestión del gobierno municipal del BNG .

    Muchas gracias , señora concejala .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación, e as palabras que me adica.
      Na medida das miñas posibilidades, tento facer pública toda a información que me solicitan. Non dubide en facerme chegar calquera requerimento de información que sexa do seu interese.

      Eliminar
  3. Da vergonza o tratamento que fai o goberno dos temas importantes do Concello. E da vergonza a actitude silenciosa desos que din que non apoian este goberno. Algo calan, e por algo o calan. Como lle din no comentario anterior, moitas gracias, concelleira. Vostede di o que sabe e da a súa opinión sinceira. O resto, por algo non fan o mesmo. Espero que siga vostede por este camiño e non caía nos malos vicios doutros

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Non comparto a política escurantista que están a levar outros concelleiros e concelleiras no que atinxe á información municipal.
      Seguire tentando ser útil aos veciños e veciñas. A información é imprescindible para os políticos, pero sobre todo para as persoas que nos elixen.

      Eliminar