domingo, 26 de mayo de 2013

Camiño do Xulgado



Dende o 15 de maio de 2013, por fin podo asistir a todas as comisión informativas do Concello con voz e voto.
No Pleno extraordinario do día 20 de maio, os grupos municipais do BNG, EU e PSOE acordaron no 4º punto da orde do día, limitar as indemnizacións por asistencias que podo cobrar, como podedes ler aquí. Esto quere decir que, ainda que asista e poda votar, non me van pagar as comisións de Obras, Urbanismo, Cultura e Facenda. Só me pagarán unha, Benestar.

Como podedes ver nas miñas intervencións nese Pleno, a decisión adoptada considero que é manifestamente ilegal e claramente discriminatoria, posto que os demáis concelleiros e concelleiras cobran por asistencias ou por adicacións.
Tomar decisións inxustas a sabendas é un delito tipificado no código Penal como prevaricación, que pode conlevar para autoridades e funcionarios públicos multa, suspensión de emprego e/ou inhabilitación.
Estos son os enlaces á lexislación á que fago referencia na miña intervención:
Art. 214 e seguintes do RD 2/2004, Art. 103.4 do Regulamento Orgánico Municipal, Art. 13.6 do RD 2568/1986, Fundamentos xurídicos punto 10, da Sentencia do Tribunal Constitucional (en adiante STC) 246/2012

Existe infinita lexislación e xurisprudencia sobre o recoñecemento dos dereitos individuais dos concelleiros e concelleiras non adscritos, enlazo algunha delas : STC 169/2009 , STC 103/2013 , Xulgado do Contencioso-Administrativo Nº3 Oviedo 144/2012, STC 52/2011, etc.
Hai moitísimas máis, nas que o relevante é que se recoñece que os concelleiros non adscritos, cando abandoamos o grupo político de procedencia perdemos os dereitos propios dos grupos políticos (como a asignación de cartos que da o Concello anualmente, o dereito de ter voceiro e asistir a Xunta de voceiros, ou dereitos materias como ordenador, impresora, despacho, etc). En ningún caso os concelleiros non adscritos podemos perder os dereitos individuais como as indemnizacións por asistencias, dado que cobran as persoas que asisten, non os grupos municipais. Aquí tedes o Pleno no que se aprobaron os importes das asistencias, o 7 de xullo de 2011 (punto 5).

Varias aclaracións sobre esta entrada e sobre a miña intervencion no Pleno en resposta á Sra. Díaz e ao Sr. Fernández Barcia:
1.A información dada aos membros da corporación que fixen xa en innumerables ocasións (e tamén no derradeiro Pleno) non foi unha ameaza, foi coa sana intención de evitar un erro na súa decisión. Lamentablemente non quixeron escoitar, e só me deixaron un camiño aberto: que sexa a Xustiza quen decida, coas consecuencias que para cada un de nós esto supoña.
2.Falar da xustiza non é unha ameaza, eu fixen o que de calquera cargo público debe esperarse, ser transparente e non ir polas costas; poñer en coñecemento dos concelleiros/as a lexislación e o dereito que me asiste. Se eles o precibiron como unha ameaza, por algo será.
3.Non debería molestarlle tanto á Sr Díaz que eu acuda á Xustiza. Ela fíxoo no pasado (caso Virgin), e en datas recentes (denuncia ao Sr. Roca). Unha vez máis a Sra Díaz é incongruente: Cando os demáis falan de xustiza, síntese ameazada; cando o fai ela é un dereito que lle asiste, e como xa sabemos, o exerce.
4.Non hai informe do secretario sobre a proposta aprobada no Pleno, a Sra. Díaz di que si. Non a leron e non a presentaron no Pleno. Tampouco estaba no expediente. Logo non existe.

Defendo os meus dereitos coa mesma convicción que defendo os dereitos dos veciños e veciñas, como defendín a inxusta suba de taxas da Escola Infantil; a inexistencia de informe na revisión do canon da piscina ou na ordenanza de talas; a negativa á participación da nosa Policía nos desafiuzamentos; o innecesaria suba dos impostos, a pésima xestión que se está a facer do Servizo de Axuda no Fogar á dependencia, a necesidade de transparencia na información do Concello, a falla de atención das demandas feitas por veciños e veciñas, o dereito á participar nos Plenos, etc.

Á vista dos antecedentes que aquí vos comento, o camiño está claro.

4 comentarios:

  1. Te mando todas mis fuerzas, está claro que te quieren fuera del ayuntamiento. Pero podrías aclarar de cuanto dinero hablas, pues pienso que no es lo mismo que denuncies por cobrar un sueldo que por 100€. Yo también soy aportador de ese dinero y me gustaría saber a quien se lo estoy dando. Tengo claro que, de todos los que estáis ahí, probablemente tú seas de las pocas a las que vale la pena pagarles

    ResponderEliminar
  2. Non vin toda a documentación que puxo vostede, que é moita coma sempre, pero non parece que haxa moita dúbida de que ten vostede razón. Agora a pregunta é cal é o motivo de que se arrisquen. Supoño que pensan que pagándolle pouco non poderá vostede denunciar. ¿Podería decir canto é o que lle pagan e cando deberían pagarlle? É xa postos, podería decir canto cobran o resto dos políticos

    ResponderEliminar
  3. Fai vostede moi ben en defender os seus dereitos con convicción e chegar ata onde teña que chegar para iso. E paréceme moi ben que as denuncias sexan individuais e nominativas, polo feito de que algúns concelleiros crense con inmunidade para cometer calquera tipo de atropelos amparados nas siglas dos seus partidos e na defensa xurídica que a eles si saelles gratis por ser custeada cos cartos do concello, e dicir, cos cartos de todolos veciños. Si como dixo vostede no pleno, deberán responder cos seus cartos, deste xeito quedan avisados para que outra vez pensen mellor o que fan e non voten tan alegremente. O concello de Mugardos é desgraciadamente un perfecto exemplo do desprestixio da clase política, algún está tan acomodado e no seu rol que esquence os principios que o fixeron chegar ahí, e iso concedendo que todos chegasen á política por principios. A todos os que levan mais de duas lexislaturas, ¡¡vaianse xa!!, deixen vir aire novo, xa vimos todos o que son capaces de facer e están moi vistos. O que necesita este pobo son políticos con maiúsculas, diálogo, flexibilidade nos prantexamentos, búsqueda de consenso, o primeiro ten que ser o veciño de Mugardos, sen nomes nin apelidos. E o persoal e o partido son secundarios. Pero hai que ter altura para estar convencido diso e deixar de mirarse o embigo.

    ResponderEliminar
  4. Ay, Ay Ay...son lamentos. Lamentos de usted sra. fernández, porque de vez en cuando leo este blog y es peor que un culebrón sudamericano, por lo menos tiene todos los ingredientes:
    Mujer perfecta, maltratada por el mundo
    Malos que no la dejan progresar
    Buenos que le dan mucho apoyo pero la dejan tirada
    Información-desinformación que proporciona usted y sus amigos para intentar liarla más
    Amor -Odio por Barcia y Díaz....
    Dinero, oH! poderoso don dinero!!(no informa usted de que la jurisprudencia dice que no puede cobrar menos que antes, es decir, la comisión a la que pertenecía, o espera que el BNG le siga pagando?)
    Aportaciones prácticas para la ciudadanía:ninguna, como las telenovelas. Ideología? depende de quien hable su personaje
    Buuuf, entre culebrón y Calimero

    ResponderEliminar