domingo, 12 de mayo de 2013

As mentiras dependentes


Probablemente, non sexa este o mellor momento político para facer esta entrada, pero precisamente polas novas que se están a ler constantemente nos medios, que si reflicten feitos reais e intolerables, como este, este, este, ou tanto outros que podería poñer, inicio hoxe unha serie de entradas adicadas ao Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Mugardos, porque non pode  taparse unha realidade mugardesa froito do mal goberno, con feitos que aquí non aconteceron. Probablemente esos recortes chegarán ao noso Concello como a todos. Pero ata este ano, non foi así, e a perda de miles de euros de subvención non ten nada que ver con recortes de fora, ten que ver coa pésima xestión municipal. E unha vez máis, os pratos rotos págannos os usuarios e as súas familias. 

Xa van moitos Plenos, moitas comisións e moitas declaracións públicas nas que o Alcalde e aqueles que con el queren negar a realidade, din que no Concello non hai un problema na xestión do Servizo de Axuda no Fogar (en adiante SAF).
Ao SAF pode accederse de dous xeitos: ben pola Lei de Dependencia, ou ben polo servizo municipal, chamado libre concorrencia ou prestación básica. Para acceder pola vía da Dependencia é a Xunta a que pon as condicións, fai unha valoración de grao e nivel e asigna un recurso idóneo (dende teleasistencia, pasando por SAF, centro de día, residencia, etc). A posterior entrada no servizo, decídea o Concello. No segundo caso, na prestación básica, é o Concello o que pon as condicións, fai a valoración e tamén decide quen accede e quen non.

Voume centrar na atención á Dependencia posto que o que se está a escoitar continuamente é que a Xunta diminuiu a subvención. E non é mentira. O que si é mentira é o porqué.
Aquí está unha relación dos Concellos da nosa comarca e algún máis gobernado por BNG e PSOE. Esta é a realidade comparativa de 2010, 2011 e 2012 (o dato do 2012 non está ainda na web): Comparativa subvención Dependencia 2010-2012  

A Troika mugardesa BNG-EU-PSOE insiste en que a perda da subvención débese aos recortes na Lei de Dependencia. A evidencia é outra.

O Concello de Mugardos perdeu dende 2010 máis de 90.000€ de subvención. O seguinte na lista que perdeu cartos, Cedeira, perdeu 5.117€. Se os criterios da Xunta para a subvención son iguais para todos, e a diferencia é abismal (fixémonos en que a maioría ingresa agora máis cartos que antes), logo existe evidentemente outro motivo para a perda da subvención que non son os recortes.

Se temos en conta a cantidade de inspeccións e requerimentos de información para a xustificación da subvención deste servizo, a conclusión é inapelable: MALA XESTIÓN

¿Porqué ainda agora, cando saben que a Xunta os ten no punto de mira, cando o Alcalde xa foi incluso “chamado a consultas” pola Consellería a Santiago, cando xa tiveron 3 requerimentos de información para a xustificación da subvención, ainda agora, faltan á verdade na resposta remitida á Xunta? Esto que digo, estou en condicións de poder afirmalo. Eles chamaránlle unha vez máis erro administrativo, ou despiste...non sei, é que xa son tantos, que como dicía en datas recentes o Xuiz Gómez Bermúdez “cando as omisións fánse voluntariamente son manipulación; cando as omisións son involuntarias, chámase pouca profesionalidade ou erro”.

Seguirei con este tema nos próximos días, poñendo exemplos gráficos da pésima xestión do servizo, que hai moitos. Xa falei deste tema na entrada "desmonta o chiringuito", e agora púxenme a  pensar porqué dende fai meses non vai a comisión de Benestar ningún dato do SAF: nin de usuarios,nin de horas prestadas, nin lista de agarda, nin empresa contratada, nin cartos invertidos,etc NADA. Da igual que se pida en Comisión, en Pleno ou polo rexistro. Silencio absoluto, cero transparencia. Incluso no deradeiro Pleno ordinario, solicitei un Pleno extraordinario sobre este tema. O BNG votou en contra, EU e PSOE abstiveronse.... Pouco sorprendetes os votos. Moi sorprendente, incluso sospeitosa, a falla de interés que teñen neste tema..
Choca tanto interés para outros temas e tan pouco para este...

6 comentarios:

  1. Ya puede usted ir preparándose para hacer muchos comentarios con esto. Yo conozco gente que la atiende el ayuntamiento y le aseguro que van día sí día no a atenderlos, sin avisar y sin nada.La chica del ayuntamiento le pierde papeles a la gente, no me extraña que pierdan dinero también.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      En xeral, a xestión adsministrativa do Concello é deficiente e debería mellorar. Hai servizos e funcionan moi ben,pero non todos. Creo que deberían fixarse protocolos e estandars mínimos de calidade. Pero no caso da Dependencia, non pode permitirse reiteración nos erros. Esa denunca que vostede fai de que hai xente á que non se atende. Eu mesma puxen en coñecemento esas fallas na atención (estando no Goberno e fora del), e respostáronme que mentía. Cando un nega a evidencia, perde a capacidade de arranxar a realidade dos problemas.

      Eliminar
  2. A proba do algodón da incapacidade e a mala xestión pode ser tamén o feito de que por exemplo o noso goberno municipal estea gobernando sín ningún tipo de proxecto e tampouco por iso sín ningún tipo de planificación e control en canto aos ingresos e os gastos, pola contra estaría a actuar sobre a base do que se coñece como "salto de mata". Por iso diríxome a vostede á espera que poida facilitar e facer públicos os seguintes datos considerando que o goberno municipal esta actuando cos presupostos prorrogados de 2011.
    Por iso sería interesante saber cales son as porcentaxes de execución dos presupostos nos principais capítulos de gasto , principalmente as inversión , correspondentes aos anos 2011 e 2012.
    Grazas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa paticipación e a solicitude que fai.
      Paréceme unha información moi interesante e comprométome a preparala. Fareina pública nunha entrada no blog.

      Eliminar
  3. Eu entendo en todo caso que o único que agora mesmo pódese cualificar de politicamente incorrecto é a falta de certos valores éticos e democráticos, especialmente a escasa ou nula transparencia , que se desprende de certas actuacións e comportamentos dalgúns , non de todos , cargos públicos no exercicio das súas obrigas .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Comparto con vostede á súa percepción, e asegúrolle que nestes intres o Concello adolece de total falta de transparencia.
      Na medida das miñas posibilidades, tento facer un pouco de luz nese oscuro tunel. No dubide en solicitar toda información que eu poda facilitarlle de calquera tema que sexa do seu interese. Estarei encantada de facelo.

      Eliminar