miércoles, 24 de abril de 2013

Si se pode



Como xa comentei nunha resposta na entrada anterior, o Alcalde fixo unha providencia instando á modificación e posterior aprobación dunha nova taxa para a Escola Infantil.

O primeiro e principal é felicitar aos pais e nais da escola infantil que non deixaron de queixarse, non esqueceron  que defendían os seus dereitos,  cousa que non fixeran os seus supostos representantes políticos no Concello. Para todos eles, a miña máis sinceira noraboa. 

O motivo do cambio de actitude do Alcalde ven motivado pola suxestión do Valedor do Pobo, quen recibiu unha queixa dun pai usuario do servizo da Escola Infantil Municipal do noso Concello.

Ante a suxestión realizada polo Valedor, motivada polo que consideraba, e cito textualmente, que a taxa aprobada por BNG, EU e PSOE "non se axusta a principios tributarios esenciais de progresividade e xustiza distributiva" a primeira resposta do Alcale foi decirlle, pouco menos, que non era quen o Valedor de inmiscuirse no autogoberno municipal. O Valedor interpretou a resposta do Sr. Barcia como unha negativa a asumir a súa suxestion, e informou ao Alcalde da intención de facer constar no seu Informe Anual de actividades a decisión adoptada polo Alcalde.

Ai, amigo!!! Non pode o Señor Alcalde permitir tal cousa e manchar o seu bo nome. Novamente púxose en comunicación co Valedor, e aclarou que non deixaría que tal cousa acontecese e que o nome de Mugardos non quedaría en mal lugar¿¿O nome de Mugardos ou o seu?? Pola miña experiencia, preocúpalle moito máis o segundo que o primeiro.

O curioso é que logo da providencia enviada polo Alcalde para o inicio de modificación da taxa, tal asunto non foi tratado nin na Comisión de Benestar nin na de Facenda celebradas con posterioridade á comunicación. Preguntado o Alcalde por esa circunstancia, a resposta recibida foi " xa se fará". Preguntei nas comisións e volverei preguntar no Pleno do venres.

Porque esta actitude é a proba de que unha vez máis, o orgullo persoal está moi por riba dos intereses  reais dos nosos veciños e veciñas. É a proba de que a Toika mugardesa cando intervén, non mira as consecuencias das súas decisións. Porque cada mes, cada semana, cada día de retraso na aprobación dunha nova taxa, á espera do "xa se fará", non deixa de ser un ataque aos principios de equidade e xustiza tributaria, en resumo, un abuso do Concello sobre os usuarios e usuarias de Escola Infantil.

Non quero deixar de lembrar que a suba de taxas da escola infantil foi acompañada dunha reducción de aportación de cartos por parte do Concello. Os pais e nais aportan máis, e o Concello aporta 12.000 euros menos a cambio de nada, porque o servizo nin mellora ni aumenta. Conclusión, beneficiados empresa e Concello, a costa do peto de veciños e veciñas.

E para rematar. O 31 de decembro de 2012 o Concello de Mugardos pechou o ano con máis de 1.200.000€ no banco (non, non sobran ceros, é un millón douscentos mil euros). Nese mesmo mes, a Toika Mugardesa, BNG, EU e PSOE subiron IBI, IAE, rodaxe, plusvalías, escola infantil e 15 días antes a piscina, reducindo exencións e bonificacións en moitos destes tributos e taxas. ¿Porqué? ¿Cal é o motivo de esixir o esforzo económico de mugardeses e mugardesas tendo todos eses cartos no banco? 
Unha vez máis, aquí temos a proba de que os obxectivos da Toika non son os do ben común, son os seus intereses; porque algún o que quere é inaugurar cousas e cortar cintas, outros queren colocar xente, outros queren cobrar os seus 1.000€, ou os dos seus amigos ou familiares...e claro ningún vai remexer. Votan o que lles mandan, o que lles convén a eles , ou o que lle interesa ao que non di esto públicamente...Todo esto, supostamente, claro.

18 comentarios:

  1. Despois de ler esta mañá no Diario de Ferrol, que a corporación municipal do Concello de Ortigueira aprobou onte por unanimidade no pleno ordinario a proposta da Alcaldía de resolver o contrato de xestión, explotación e mantemento da piscina por "incumprimento" da empresa Oxem Sport SL. , ocórreseme pensar se se dan as circunstancias para que a corporación do Concello de Mugardos se vexa obrigada a facer o mesmo coa empresa adxudicataria dos traballos da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

    ¿ Pódese e débese facer ?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      Xa teño a documentación necesaria para facer unha entrada sobre este tema. Espero tela lista mañá e espero poder respostar ás súas preguntas aportando toda a información da que dispoño.

      Eliminar
  2. Quería facer un comentario, eu non son economista nin nada que se lle pareza, e tal vez estou equivocado nos meus prantexamentos, por eso agradézolle por adiantado as suas observacións, pero entendendo que un concello non é unha entidade con ánimo de lucro, e partindo xa da premisa que non ten pes nin cabeza de que o de Mugardos arrastra unha prorroga dos presupostos do ano 2011!!!, (¿cómo se pode xestionar axeitadamente sen saber os cartos que entran ou saen?), e sabendo que a función básica e fundamental dun concello é a boa xestión dos recursos económicos para que estos revertan no benestar dos seus veciños, a idea que quería formular aquí é que os presupostos deberían ter un saldo final de cero, é dicir, que todolos cartos que entren, volten a sair e sexan investidos no pobo. Se como se dí, o concello ten un remanente de 1.200.000€, e Reganosa e Forestal deixan ó ano máis dun millón de euros, eu a conclusión que saco é moi clara, no ano 2012, o peor de momento da actual crise, o goberno do Sr. Barcia non fixo nada cos cartos que ingresou destas duas empresas, ¡están no banco!, e para rematala, sabendo dende principios do ano pasado que un decreto do goberno central vai impor un limite ou teito de gasto para o presente 2013, non se fixo nada para sacarlle proveito a estes cartos.
    Di mal vostede cando fala do orgullo persoal do Sr. Alcalde, porque o orgullo aínda sendo sinónimo de soberbia, pode ter un matiz disimulable por xurdir de causas nobres ou virtudes, e non é o que padece o noso mandatario, non, é soberbia propiamente dita, o exceso de valoración propia polo que un se cre superior ós demais, pecado capital. Soberbia que lle impide recoñecelos seu erros e ó mesmo tempo aparecer nun informe como incumpridor. Soberbia que custalle diñeiro ós veciños, no caso que indica, a usuarios da gardería.
    Dígolle unha cousa, non sei se é unha parvada, pero eu son alcalde e fago a gardería gratis para todalas familias de Mugardos, ¿non se quere atraer xente nova ó pobo?, familias novas con pequenos ¿non son o futuro?, para que isto vaia para adiante ¿axudámola xente ou esmagámola máis?. ¿Non hai diñeiro?, 1.200.000€ no banco.
    E logo algúns que falan no seu blog de políticas de estímulo para dinamizala economía e crear emprego, do empobrecemento das familias pola suba do IVE, a luz, o pago dos medicamentos, etc,…en Mugardos o que fan é subilos impostos e as taxas. Espremen a xente en lugar de espremer a Reganosa e a Forestal. Aínda que algúns deses algúns, quererían que puxesen os depósitos ó lombo e se foran de aquí, ¿e logo de onde sacarían os cartos para meter no banco?, se non lles chegan ahora, ¿qué non farían?, ¿nonsi?.
    E non se me interprete mal, non estou a dicir que Reganosa estea ben donde está, nin que meter gaseiros na ria non teña os riscos que ten, simplemente digo que é unha empresa situada no concello, e que os políticos locais co grupo de goberno á cabeza deberían sacar ouro disto, ouro de moitos kilates.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      O certo é que o dato de 1.200.000€ é o remanente da tesourería a 31 de decembro. Os cartos líquidos na Caixa son máis de 1.800.000€ (non o aclarei correctamente na entrada).

      Sen dúbida con esa liquidez, poderían facerse políticas activas de incentivos a empresarios e emprendedores, creación de emprego, formación, pago de débedas aos nosos acreedores, rebaixa da taxas, aumento de propostas para xente nova, mellora de infraestructuras que non se aproveitan por falla de pequenas inversións, cobertura total de servizos básicos para a poboación, e tantas outras.
      Hai ideas, pero como exemplo, a que levou o Alcalde ao Pleno do venres e que saiu adiante co meu voto en contra, foi facer a lutoteca en Mugardos, pasando do pago mensual de 25€/mes, taxa aprobada apenas fai un mes, a 65€/mes. sen dúbida é un bop servizo, pero no é menos certo que nin as bonificacións nin as exencións axústanse ás existentes nin nas actividades de conciliación xa existentes, nin nas deportivas e de lecer.

      No que atinxe concretamente á xestion económica, como xa diixen nos rogos e preguntas dese mesmo Pleno, penso que o Alcalde xestiona o noso Concello como unha empresa privada, que ten beneficios e liquidez en cantidades moi elevadas....sorprende viñendo de quen tanto fala do " publico servizo, privado beneficio" Só falta que reparta dividendos, e que o ano próximo coticemos no IBEX-35.
      Todo a costa de subir impostos e taxas, amortizar prazas de persoal, non facer nin as sustitucións que a leí permite, reducindo a calidade dos servizos municipais, limitando a aplicación orzamentaria ao simple pago de gastos correntes e deixando a inversión municipal a cantidades meramente testimoniáis.

      Eliminar
  3. E digo eu, non será que o Sr. Alcalde aínda ten na cabeciña levar a cabo o que foi o proxecto estrela da campaña electoral do BNG, abrir unha via de acceso dende a Cruz de Mehá ata o peirao pasando por detras das casas baratas. E de aí o ataque de austeridade que o leva a amasar tanto carto no banco para poder facer fronte a este proxecto?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Me vai permitir que faga a miña aposta, e penso eu que o que o Alcalde ten en mente está máis relacionado co Museo do Caldoval, froito do convenio firmado con Reganosa, e que non supón inversión económica ningunha do Concello.
      Os cartos no banco que ten o Concello son máis froito da falta de previsión e da falla de iniciativas de inversión municipais, que dun ataque de austeridade con fins eletoralistas.

      Eliminar
  4. Creo que por razóns obvias , posto que ademais se trata da utilización de diñeiro público procedente dos nosos impostos , sería bo saber se se poden coñecer e facer públicos os ingresos que reciben os grupos municipais do noso concello e en que e como o gastan.
    Penso ademais que é algo que por propia iniciativa debesen de facer todos os grupos municipais como exercicio de transparencia e para que non houbese lugar a dúbidas nín que tampouco ninguén puidese utilizar indiscriminadamente as malas prácticas que puidesen facer outros , para rematar dicindo aquilo de que " todos son iguais ".

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      No Pleno estraordinario do 7 de xullo de 2011 acordouse por unanimidade que os grupos políticos deberán levar unha contabilidade específica desta dotación, que porán a disposición do Pleno da Corporación sempre que éste o pida:
      O componente fixo é 1.000 €/ano por grupo político.
      O variable de 600 €/ano por concelleiro.
      Así, BNG que agora ten 3 concelleiros recibe 2.800€, PP que ten 4 recibe 3.400€, Esquerda Unida recibe 2.800€, e PSOE recibe 2.200€.
      Eu non recibo nada, nin fixo nin variable; os non adscritos non son grupo político.
      Como gastan as agrupacións estes cartos non sei, a verdade. De todos xeitos, preguntarei, e se esa información pode facerse pública, eu non teño problema en facelo.
      Comparto con vostede que deberan ser as propias agrupacións políticas as que o deberan ter feito de xeito voluntario.

      Eliminar
  5. Vostede di que cando preguntou que ainda non se revisou o pago da guardería o Alcalde dixo que xa se faría, como conta aquí. Non poño en dúbida as palabras que vostede conta, pero se iso é certo pídolle que informe aos pais. non é iso o que se está a contar polo resto dos políticos. Eles o que din é que non pode cambiarse este curso o que se está pagando, e que xa se verá se o poden cambiar para o próximo, porque a xente xa ten que facer a matrícula e dixeron que en principio vaise pagar o mesmo o próximo curso, e que queixarse pode que faga que peche a guardería.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle s súa participación.
      Descoñezo os comentarios aos que fai mención, o que sei é que eu, dende que tiven coñecemento da providencia do Alcalde o día 13 de abril, preguntei en todas as comisións e Plenos celebrados nos que se permiten rogos e preguntas cál é o motivo de que non se leña iniciado a modificación urxente da taxa, que unha vez escoitada a valoración do Valedor do Pobo que expón claramente que a ordenanza aprobada por BNG, EU e PSOE non cumple os requisitos básicos de progresividade e que aumenta o desequilibrio tributario entre os usuarios.
      Os pais e nais da Escola Infantil están a padecer na súa economía a negativa duns políticos a asumir o que foi un erro dende o primeiro momento.
      Sorprende a tardanza na modificación da taxa da Escola Infantil, e a velocidade que lle deron á reforma da taxa de actividades para subir o prezo da ludoteca (con comisión extraordinaria de Facenda incluida)

      Eliminar
  6. Boas, coa que está a caer e que veña un político agora a dicirme que non me queixe, porqué entón vai ser peor....., era o que me faltaba, pero vamos a ver, si en este pais o único que pode facer o españolito de tropa é queixarse carallo, queixarse e dicirlles que fagan as cousas ben, que xestionen como é debido, que xa está ben de enganar a xente, que non somos parvos. Eu digolle aquí a todolos pais da gardería con renda per cápita entre o 125 e o 150 % do IPREM (que non sexan familia numerosa ou monoparental, ou que non teñan a varios irmans na mesma guarderia) que na gardería de Ares con xornada completa e comedor pagarían ó mes 54 € menos, e os comprendidos entre o 150 e o 200% do IPREM, 31 € menos ó mes.
    O Sr. Alcalde é o que ten que levar á Comisión e posteriormente ó Pleno a modificación da tarifa actual porque así comprometeuse co Valedor do Pobo, e quero supoñer que o Sr. Alcalde cumple a sua palabra. Segundo a Sra. concelleira xa perdeu a primeira posibilidade de cumplir con este trámite, e a pregunta de ¿por qué?, resposta "xa se fará". Este "xa se fará" quer dicir iso será cando me pete, cando me dea a gana, polo tema da soberbia que xa se comentou aquí tamén, e porque esas familias que teñen que pagar máis cartos dos que sería lóxico e normal, nin son prioritarias para el, nin lle importa o máis mínimo o esforzo ou sacrificio que teñan que facer polos seus fillos. O Sr. Alcalde de todolos mugardeses, o que vela polo bo nome do Concello de Mugardos e polo seu, ten as suas prioridades, e estas familias non son unha delas, pero que non veña ningún político a dicirme a min que non me queixe, ou que non se poden modificar canto antes as tarifas, ou que van pechar a gardería. A gardería só pechará si para os políticos do concello co Alcalde á cabeza non constitue unha prioridade de primer orde para os mugardeses.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Pola miña parte, pode vostede queixarse todo o que necesite neste blog, entre outros motivos, porque penso que neste caso te vostede toda a razón do mundo.
      Asegúrolle que a ordenanza pode modificarse sen problema ningún. De feito podería terse realizada a aprobación inicial de dita modificación no pasado Pleno do día 26 de abril. Simplemente, o Concello ten que negociar coa empresa que a diferencia de ingresos que terá a empresa será cuberta con fondos municipais (con máis de 1.800.000€ no banco como para decir que o Concello non pode).
      Tamén pode ter a seguridade de que, pola miña parte, ten o compromiso absoluto de que a Escola Infantil non pecharía, e menos pola modificación das taxas. Eu si penso que é unha prioridade dentro das políticas sociais, das políticas de conciliación e un eixe fundamental do futuro para o noso pobo.
      De todos os xeitos, o BNG non aprobou en solitario estas taxas, e sorprende moito que EU e PSOE, que tamén votaron a favor e as defenderon con vehemencia nos Plenos, non teñan nada que decir ao respecto da modificación das mesmas, nin do esclarecedor informe do Valedor do Pobo.

      Eliminar
  7. De ser certas as respostas dadas aos pais e ás nais usuarios da gardaría denunciadas nun comentario anterior, dicindo "..É QUE QUEIXARSE PODE QUE FAGA QUE PECHE A GARDERÍA ", en principio quédase un de pedra e só ocórreseme dicir aquilo de incrible pero certo pero penso tamén que non encaixaría mal en todo isto dicir finalmente , ¡¡ MANDA CARALLO !!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Non creo que ningún partido municipal se atrevera a pechar a escola infantil tendo máis de 1.800.000€ no banco a 31 de decembro de 2012.
      Pechar a escola infantil ademáis de innecesario sería un suicidio político.
      De todos xeitos, sinto informarlle de que ainda non se iniciou a modificación das taxas que o Alcalde comprometeu co Valedor do Pobo alá por principios de abril. Lembre o "xa se fará"...

      Eliminar
  8. Eu tamén comparto que sexan os grupos municipais por propia iniciativa os que publiquen e dean debida conta de cómo gastan o diñeiro que reciben dos nosos impostos posto que ademais de facer de todo iso un exercicio de transparencia daría tamén resposta en tempo e forma a algo que demanda a sociedade nestes momentos . Penso ademais que por parte do Concello , do mesmo xeito que o fai coas entidades que reciben subvencións con diñeiro público , se esixa previamente a cada grupo municipal a xustificación do gasto realizado coas axudas económicas percibidas no ano anterior .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Nas próximas datas, eu mesma presentarei unha moción ao respecto, posto que logo de consultar co departamento técnico correspondente do Concello, informouseme de que NUNCA se xustificaran ditas asignacións.
      O mesmo que vostede, eu tamén o considero unha desigualdade co resto de persoas e entidades que reciben cartos públicos, que non se esixa aos grupos políticos a entrega dunha documentación que a Lei permite esixir.

      Eliminar
  9. No deja de ser cuanto menos, no sé si decir curioso, comprobar cómo esas cantidades que dice usted perciben los grupos políticos municipales: BNG 2.800€ + PP 3.400€ + EU 2.800€ + PSOE 2.200€, suman exactamente 11.200€, coincidentes casi con los 12.000€ que aporta de menos el ayuntamiento a la guardería, haciendo que los paguen las familias a las que les subieron las tasas. Cuestión de prioridades ¿no?, es más importante subvencionar a los grupos municipales, que además no dicen en que se gastan ese dinero, que destinarlo a un servicio básico, total si hace falta más, se coge a los que tienen que pagar 175 y se les dice que paguen 230, que no hay dinero y que el ayuntamiento está muy achuchado. Ya, y nosotros nos chupamos el dedo, y además que no nos quejemos mucho que calladitos estamos más guapos, y no vaya a ser que haya que cerrar la guardería, porque esto no da para todos y a los grupos municipales hay que mantenerlos contentos, lo primero es lo primero. Que la crisis la aguante el pueblo que para eso es el que ha vivido por encima de sus posibilidades. ¡Y Olé!, que son todos unos toreros, como para sacarlos a hombros.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      O certo é que esos 12.000€ euros máis que pagan os pais e nais da escola infantil, e que por tanto o Concello aforra, non sei se será para pagar aos grupos municipais, ou os 50.000€ de máis que se gastaron en festas, ou os tikets de gasolina, peaxe e parking dalgún político, ou os libros dalgún amigo, ou os teléfonos de dependencias pechadas dende o ano pasado...
      En fin, non sei decirlle exactamente en que malgasta o Concello a inxusta suba de taxas da Escola infantil. (aclaración: ningún dos gastos que acabo de relatar son ilegais...pero pode que pouco éticos)
      Como pode comprobar, comparto a súa indignación.

      Eliminar