Probablemente, non sexa este o mellor momento político para facer esta
entrada, pero precisamente polas novas que se están a ler constantemente nos
medios, que si reflicten feitos reais e intolerables, como este,
este,
este,
ou tanto outros que podería poñer, inicio hoxe unha serie de entradas adicadas
ao Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Mugardos, porque non pode taparse unha realidade mugardesa froito do
mal goberno, con feitos que aquí non aconteceron. Probablemente esos recortes chegarán
ao noso Concello como a todos. Pero ata este ano, non foi así, e a perda de miles
de euros de subvención non ten nada que ver con recortes de fora, ten que ver
coa pésima xestión municipal. E unha vez máis, os pratos rotos págannos os
usuarios e as súas familias.
Xa van moitos Plenos, moitas comisións e moitas declaracións públicas nas
que o Alcalde e aqueles que con el queren negar a realidade, din que no
Concello non hai un problema na xestión do Servizo de Axuda no Fogar (en
adiante SAF).
Ao SAF pode accederse de dous xeitos: ben pola Lei de Dependencia, ou ben
polo servizo municipal, chamado libre concorrencia ou prestación básica. Para
acceder pola vía da Dependencia é a Xunta a que pon as condicións, fai unha
valoración de grao e nivel e asigna un recurso idóneo (dende teleasistencia,
pasando por SAF, centro de día, residencia, etc). A posterior entrada no
servizo, decídea o Concello. No segundo caso, na prestación básica, é o
Concello o que pon as condicións, fai a valoración e tamén decide quen accede e
quen non.
Voume centrar na atención á Dependencia
posto que o que se está a escoitar continuamente é que a Xunta diminuiu a
subvención. E non é mentira. O que si é mentira é o porqué.
A Troika mugardesa BNG-EU-PSOE
insiste en que a perda da subvención débese aos recortes na Lei de
Dependencia. A
evidencia é outra.
O Concello de
Mugardos perdeu dende 2010 máis de 90.000€ de subvención. O seguinte na lista
que perdeu cartos, Cedeira, perdeu 5.117€. Se os criterios da Xunta para a subvención
son iguais para todos, e a diferencia é abismal (fixémonos en que a maioría
ingresa agora máis cartos que antes), logo existe evidentemente outro motivo
para a perda da subvención que non son os recortes.
Se temos en conta a
cantidade de inspeccións e requerimentos de información para a xustificación da
subvención deste servizo, a conclusión é inapelable: MALA XESTIÓN
¿Porqué ainda
agora, cando saben que a Xunta os ten no punto de mira, cando o Alcalde xa foi
incluso “chamado a consultas” pola Consellería a Santiago, cando xa tiveron 3
requerimentos de información para a xustificación da subvención, ainda agora,
faltan á verdade na resposta remitida á Xunta? Esto que digo, estou en
condicións de poder afirmalo. Eles chamaránlle unha vez máis erro
administrativo, ou despiste...non sei, é que xa son tantos, que como dicía en
datas recentes o Xuiz Gómez Bermúdez “cando as omisións fánse voluntariamente
son manipulación; cando as omisións son involuntarias, chámase pouca
profesionalidade ou erro”.
Seguirei con este
tema nos próximos días, poñendo exemplos gráficos da pésima xestión do servizo,
que hai moitos. Xa falei deste tema na entrada "desmonta o chiringuito", e agora púxenme a pensar porqué dende fai meses non vai a comisión
de Benestar ningún dato do SAF: nin de usuarios,nin de horas prestadas, nin lista
de agarda, nin empresa contratada, nin cartos invertidos,etc NADA. Da igual que
se pida en Comisión, en Pleno ou polo rexistro. Silencio absoluto, cero
transparencia. Incluso no deradeiro Pleno ordinario, solicitei un Pleno extraordinario
sobre este tema. O BNG votou en contra, EU e PSOE abstiveronse.... Pouco
sorprendetes os votos. Moi sorprendente, incluso sospeitosa, a falla de interés
que teñen neste tema..
Choca tanto interés para outros temas e tan pouco para este...
Ya puede usted ir preparándose para hacer muchos comentarios con esto. Yo conozco gente que la atiende el ayuntamiento y le aseguro que van día sí día no a atenderlos, sin avisar y sin nada.La chica del ayuntamiento le pierde papeles a la gente, no me extraña que pierdan dinero también.
ResponderEliminarAgradézolle a súa participación.
EliminarEn xeral, a xestión adsministrativa do Concello é deficiente e debería mellorar. Hai servizos e funcionan moi ben,pero non todos. Creo que deberían fixarse protocolos e estandars mínimos de calidade. Pero no caso da Dependencia, non pode permitirse reiteración nos erros. Esa denunca que vostede fai de que hai xente á que non se atende. Eu mesma puxen en coñecemento esas fallas na atención (estando no Goberno e fora del), e respostáronme que mentía. Cando un nega a evidencia, perde a capacidade de arranxar a realidade dos problemas.
A proba do algodón da incapacidade e a mala xestión pode ser tamén o feito de que por exemplo o noso goberno municipal estea gobernando sín ningún tipo de proxecto e tampouco por iso sín ningún tipo de planificación e control en canto aos ingresos e os gastos, pola contra estaría a actuar sobre a base do que se coñece como "salto de mata". Por iso diríxome a vostede á espera que poida facilitar e facer públicos os seguintes datos considerando que o goberno municipal esta actuando cos presupostos prorrogados de 2011.
ResponderEliminarPor iso sería interesante saber cales son as porcentaxes de execución dos presupostos nos principais capítulos de gasto , principalmente as inversión , correspondentes aos anos 2011 e 2012.
Grazas
Agradézolle a súa paticipación e a solicitude que fai.
EliminarParéceme unha información moi interesante e comprométome a preparala. Fareina pública nunha entrada no blog.
Eu entendo en todo caso que o único que agora mesmo pódese cualificar de politicamente incorrecto é a falta de certos valores éticos e democráticos, especialmente a escasa ou nula transparencia , que se desprende de certas actuacións e comportamentos dalgúns , non de todos , cargos públicos no exercicio das súas obrigas .
ResponderEliminarAgradézolle a súa participación.
EliminarComparto con vostede á súa percepción, e asegúrolle que nestes intres o Concello adolece de total falta de transparencia.
Na medida das miñas posibilidades, tento facer un pouco de luz nese oscuro tunel. No dubide en solicitar toda información que eu poda facilitarlle de calquera tema que sexa do seu interese. Estarei encantada de facelo.