martes, 12 de febrero de 2013

Un voto é un voto



Logo de que xa me preguntaran moitas veces cál é exactamente a importancia dos votos na Xunta de Goberno, como para que o tripartito rompese ás negocacións por un voto en dito órgano, vou tentar explicalo.

Os órganos máis representativos do concello son:
  • O Pleno, do que forman parte todos os concelleiros e concelleiras, e preside o/a Alcalde/sa.
  • O/A Alcalde/sa, que ven elexido polo Pleno, na investidura
  • A Xunta de Goberno, onde teñen representatividade o grupo ou grupos que formen parte do Goberno (presidida polo/a Alcalde/sa)
  • As comisións informativas, nas que están representados todos os grupos, pero cuios acordos non son vinculantes (aclarar, que o/a Alcalde/sa é presidente nato das comisións, pero pode delegar) 
O Alcalde pode aprobar asuntos por Decreto de Alcaldía, e na actualidade de feito, o Sr. Barcia faino; pero non é menos certo, que non acostuma a facelo sen o ditame favorable da comisión informativa ou da Xunta de Goberno.
¿Porqué? Pois por que parecería que goberna sen ter en conta a opinión maioritaria dos grupos (no caso das comisións), e por que ter un respaldo dun acordo favorable previo, sempre pode axudar na defensa no caso de ter algún tipo de responsabilidade legal sobre a decisión adoptada por Resolución (no caso da Xunta de Goberno).

Sempre que nun Pleno, Xunta de Goberno ou comisión informativa, exista un empate nos votos, repítese a votación; e se o empate se mantén, desempata o voto de calidade do presidente.
A proposta inicialmente aprobada polas comisións negociadoras de BNG, EU e PSOE repartía 5 votos na Xunta de Goberno: 2 votos BNG, 2 votos EU e 1 voto PSOE. Así, se EU e PSOE acordaban algo, esa sería a proposta aprobada, ainda que non contase co voto favorable da Alcaldía.
A xogada da Sra. Pilar Díaz é que sabe que os votos do PSOE os ten asegurados.
Esta foi a proposta que o Sr. Barcia non aceptou.

Entendendo que a proposta do BNG debeu ser (no o teño confirmado): 2 votos o BNG, 1 voto EU, e 1 voto PSOE. No caso de unión entre EU e PSOE, e por tanto empate de votos, 2 BNG e 2 EU-PSOE, prevalecería o voto de calidade do Alcalde.
Esta foi a proposta que EU e PSOE non aceptaron.

¿A miña opinión?
Non entendo que o Sr. Bouza, futuro Alcalde de terse levado a cabo ese acordo tripartito, aceptara ser Alcalde perdendo o voto de calidade. Unha, pola responsabilidade que conleva a firma das Resolucións. Outra, porque de non ostentar a capacidade decisoria na Xunta de Goberno, o Alcalde queda relevado de todo peso político, e faría pouco máis que firmar vacacións, asuntos propios e requerimentos varios. E última e máis importante, porque como Alcalde do BNG, sendo membro da lista máis votada, quedaría ao albur das políticas de EU e PSOE. E nos últimos 4 meses xa vimos (e padecemos) o que eso significa.

Evidentemente, a decisión do Sr. Barcia de non aceptar a maioría de EU e PSOE en Xunta de Goberno, era previsible.

(este é o enlace da LRBRL que no artigo 21 e seguites, fala das atribucións de Pleno e Alcaldía, así como as posibles delegacións)

(Este é o enlace da LRBRL, que no artigo 124 explica que a Alcaldía ten o voto de calidade en Pleno e Xunta de Goberno)


10 comentarios:

  1. Gracias por la esplicación.queda claro que algún concejal del bng, es capaz de renunciar a todo, con tal de sentarse en la silla de Pedro, perdón de Barcia.¿en que estaría yo pensando?.

    ResponderEliminar
  2. En relación ao comentario anterior (12 de febreiro de 2013 21:40 ) quixera facer as seguintes consideracións:

    En primeiro lugar dicir que para que outra persoa, supostamente o concelleiro do BNG, señor Bouza, poida ocupar o posto da alcaldía, ou a cadeira de Barcia como di a persoa que fai o comentario, ten que producirse antes a dimisión ou renuncia do actual alcalde de motu propio, cuestión que en principio eu considero como pouco probable.

    En calquera caso pode acontecer que existan razóns, que eu descoñezo, que poidan forzar ou propiciar a devandita dimisión e por iso que haxa que proceder á elección dun novo alcalde ou alcaldesa e que, de acordo coa lexislación vixente terá que obter en principio a maioría absoluta para acceder ao cargo. Polo tanto haberá que obter como mínimo sete votos favorables do conxunto do Pleno .

    A cuestión non é tan sinxela, aínda que matematicamente poidan existir distintas combinacións para sumar sete.
    Penso que neste caso ademais da cantidade, por ser legalmente obrigatoria, é sumamente necesaria a calidade, que penso que si a hai pero que vai ser moi difícil de recoñecer, aplicar e en definitiva aceptar.

    Que se faga a luz e máis pronto que tarde haxa fumata branca, porque a cousa está que arde.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      Unha pequena aclaración. Entendo que a elección dun novo Alcalde ou Alcaldesa non é necesario que se faga por maioría absoluta (os 7 votos do Pleno do que vostede fala).
      Segundo a lei 5/1985 artigo 196.c) en caso de non acadarse maoiría absoluta por ningún candidato, será proclamado Alcalde ou Alcaldesa o candidato da lista que obtivera maoir número de votos.

      Eliminar
  3. Discrepo del anterior comentario, en lo referente a que la cuestión no es tan sencilla.Es muy sencilla, o eso era lo que pensaba el concejal negociador del bng.Tres votos del bng, tres votos de pili y los dos comparsas del psoe.Total ocho votos.Todo estaba arrglado, un año para uno y un año para otra.El sr. barcia, estuvo diciendo a quien lo quiso escuchar, que se marchaba, que lo dejaba, incluso se le puso fecha, etc,etc.Pero todo se vino abajo cuando barcia toma Él personalmente la negociación.Ël no se vá.Y por lo tanto no hay pacto.¿Estuvo bacilando a los demas negociadores?¿Estuvo poniendo a prueba al concejal que negociaba por el bng?¿queria saber hasta donde estaba dispuesto a ceder con tal de llegar al sillón?¿quería tener argumentos para presentar ante la dirección de esa organización la catadura de este señor?
    Sea como fuese.......continuará.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      No mesmo sentido que comentaba na resposta anterior, entendo que para a elección do candidato á alcaldía non é necesaria a maioría absoluta de 7 votos.
      Na actualidade, o Sr. Barcia é Alcalde sen obter maioría absoluta na sesión de investidura. Obtivo 4 dos 13 votos e foi proclamado Alcalde por ser a lista do BNG a que obtivo máis votos nas eleccións municipais de 2011.

      Eliminar
  4. Si é máis sinxelo ou menos sinxelo, ou si é máis complicado ou menos complicado, como en todas as cuestións opinables dependerá moito dende a óptica ou dende o cristal con que se mire, que penso que neste caso non debese importar a súa cor senón máis ben a súa transparencia e nitidez que nos permita observar e valorar esta grave situación política municipal coa máxima claridade posible , cuestión que depende en boa medida da información que púbicamente deberan facilitar as partes, e cando me refiro ás partes non o fago soamente pensando nos grupos que protagonizaron os últimos intentos de acordo senón a todos aqueles que nos representan a todos, porque non estamos ante un problema de partidos ou grupos municipais, o problema é a gobernabilidade e boa administración do noso Concello.

    Eu de momento non dispoño de información nín tampouco de datos ou sinais que me poidan facer pensar que toda esta complicada situación se vai resolver da mellor forma posible, por iso, salvo sorpresas de última hora, témome que o arranxo se faga mediante parches.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Na medida das miñas posibilidades, procuro dar toda a información da que dispoño, co fin de explicar o motivo das miñas actuacións, tanto na miña etapa como membro do goberno, como na actualidade como concelleira non adscrita.
      Non dubide en facerme chegar todo aquelo no que vostede considere necesario ampliar a información, e non terei problema en trasladala, respectando obviamente as limitacións legais ás que temos que aternos os Concelleiros e Concelleiras.
      Agradezo a súa participación.

      Eliminar
  5. Agradézolle a información que publica no seu blog, ainda que se o fixera de xeito non sesgado sería mais correcta. Lémbrolle que vostede formou parte do Goberno, tempo no cal adoptou medidas lesivas para a cidadanía e que agora o nega todo.
    Non será vostede unha segunda virxe maría?? que ata tivo un neno sin saber cómo?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Neste blog traslado a información da que dispoño e dou tamén a miña opinión sobre os feitos obxectivos. Creo que sempre tentó diferencialo claramente nas entradas.
      Por suposto que formei parte do goberno, e non renego agora, nin renegarei nunca do que eu fixen. Seguro que comentín erros, e os seguirei comentendo como non adscrita, non teño o don da infalibilidade, pero asegurolle que a motivación das miñas decisions sempre foi o ben común, nunca o persoal

      Eliminar