viernes, 8 de febrero de 2013

Cando marcha o amor, chega a lista de agravios


Ao longo destas semanas, xa comentei en moitas ocasións o pouco convincentes que eran aqueles argumentos (eu prefiro chamalas excusas) que BNG, EU e PSOE expuxeran no seu comunicado de inicio público de negociacións, e fai poucos días no comunicado de ruptura.
Lembraredes que aquela era unha unión motivada pola elevada taxa de desemprego no Concello, a necesidade dun cambio nas políticas ou a miña marcha do grupo de goberno.

Pero este luns, na comisión de Benestar, tiven a oportunidade de comprobar un dos exemplos máis claros de que aquelas negociacións agora rotas, nunca foron un acordo na consecucións de obxectivos polo ben común senón un reparto de sillóns, votos na Xunta de Goberno ou as presidencias das comisións.

Fagamos memoria:

27 de novembro de 2012:  recíbese no rexistro do Concello a subvención da Deputación para o programa formativo “Mellora da empregabilidade das mulleres”. A subvención ascendía a algo máis de 4.000€

11 de decembro de 2012: o Alcalde renuncia a dita subvención por Decreto de Alcaldía.

No Pleno ordinario de decembro, celebrado o día 28 de dito mes, dase conta do citado Decreto.

2 de xaneiro de 2013: o PP publica no seu blog unha entrada falando da renuncia á subvención.

26 de xaneiro de 2013: EU recoñece que os tres grupos levan colaborando xuntos dende fai meses.

Este luns, 4 de febreiro: A voceira de EU, Sra Pilar Díaz, na comisión de Benestar pídelle ao Partido Popular que desminta a información publicada no seu blog sobre a renuncia da subvención de mellora da empregabilidade (facía máis dun mes da publicación no blog do PP, e case dous meses dende a renuncia do Alcalde), posto que, segundo di, EU non apoiou dita renuncia. ¿Acórdase agora?

6 de febreiro: Os voceiros de EU e PSOE, Sra. Pilar Díaz e Sr. Gabriel Bujones, din que as negociacións rompéronse pola intranxisencia do BNG a ceder na composición da Xunta de Goberno.

Aqueles que se uniron na loita contra a lacra do paro, ¿non rompen o seu acordo de colaboración pola devolución dunha subvención coa finalidade de mellorar a empregabilidade das mulleres, e si rompen por non chegar a un acordo no reparto das cotas de poder da Xunta de Goberno?.

¿Aqueles que levaban meses colaborando xuntos tardan mes e medio en desmentir o seu apoio á decisión de renuncia da subvención feita polo Alcalde?

Chegados a este punto, ¿Qué podemos esperar?
Pois lamentablemente sospeito que chegaron os tempos da lista de agravios do amor roto. Durante meses, BNG, EU e PSOE calaron, esqueceron todos eles a finalidade para a que están xestionando un Concello, e fixeron políticas que pouco ou nada beneficiaron aos veciños e veciñas:
· Suba de impostos e taxas aos veciños,
· Negativa á actualización das listas de sustitucions temporais no Concello, para dar entrada a veciños e veciñas que agora atópanse en situación de desemprego,
· Negativa a cubrir a praza de policía local de xeito permanente (e non só no verán),
· Negativa á resolución das axudas de escolarización que levan pendentes dende outubro,
· Negativa ás bonificacións nos impostos ás empresas por creación de emprego,
. Negativa aos pais e nais da escola infantil de atender ás súas alegacións.

Pero todo esto, non os fixo romper….romperon por un voto na Xunta de Goberno. Cuestión de prioridades.

Agora que romperon, uns e outros sacarán a lista de enfados disimulados nos meses de amor, e tentarán convencernos a todos, do que conveña a cada un deles.

O pobo require de políticas que axuden realmente á creación de emprego, á solución dos problemas reais da xente, á adecuación dos Servizos Sociais ás necesidades dos veciños, á elaboración dun novo plan de urbanismo, a xestión administrativa moderna, áxil e eficaz do concello, á planificación das políticas municipais a medio e longo prazo… 

Resumindo, require doutras cousas, non as que preocupan aos frustrados negociadores.

10 comentarios:

  1. "Había una vez una rana sentada en la orilla de un río, cuando se le acercó un escorpión que le dijo: —Amiga rana, necesito cruzar el río. ¿Podrías llevarme en tu espalda? —No. Si te llevo en mi espalda, me picarás y me matarás. —No seas tonta —le respondió entonces el escorpión—. Si te picase, me hundiría contigo y me ahogaría. Ante esta respuesta, la rana accedió. El escorpión se colocó sobre la espalda de la rana y empezaron a cruzar el río. Cuando habían llegado a la mitad del trayecto, el escorpión picó a la rana. La rana, al sentir picotazo y darse cuenta de que iba a morir, le preguntó al escorpión: —¿Por qué me has picado, escorpión? ¿No te das cuenta de que tú también vas a morir? A lo que el escorpión respondió: —Lo siento, rana. No puedo evitarlo. Es mi naturaleza."

    MORALEJA : No trates de engañarte con los demás al creer que son o pueden ser otros y menos engañarte a ti mismo acerca de quién eres.

    En mi opinión EU y más concretamente su portavoz, Pilar, se equivoca por tratar de alcanzar poder a cualquier precio. La legislatura es larga y se están quemando, es más, están en llamas.

    PD.: No me han publicado este mensaje en el blog de EU-Mugardos, tal vez se han molestado al asumir el papel de rana.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Sen dúbida, esa é unha fábula que representa moi acertadamente a realidade da natureza dalgúns políticos do noso Concello.
      Ainda así, eu penso, que na longa trayectoria política dalgúns deles, a súa natureza de rá e escorpión, muda co tempo e cos intereses persoais.

      Eliminar
  2. Muy bueno el comentario.Nunca me imaginé a pili en el papel de rana, mas bien siempre la veía en el papel de escorpión.A partir de la ruptura del pacto, el bng, y concretamente el sr. bouza , se va a dar cuenta de quien es pili.
    Gracias por erste espacio en el que poder expresarnos con libertad.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradézolle a súa participación.
      Persoalmente, non sei exactamente cal é o papel que vai desenrolar o Sr. Bouza. Farei unha entrada próximamente sobre ese punto.
      Grazas sempre a os lectores, e ,moi especialmente a todos aqueles que fan comentarios, dándolle sentido ao blog, polo que aporta en cercanía e participacion dos veciños e veciñas

      Eliminar
  3. Espero que no agradecemento ás persoas que participan neste blog cos seus comentarios e opinións, cando menos debesen excluírse a todas aquelas que, confundindo a liberdade coa libertinaxe, e ante a ausencia de argumentos, en lugar de discrepar dende o razoamento e o respecto ás persoas e as ideas, o fan a través do insulto que os descualifica.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Desculpe se hai algún comentario que puido molestarlle, pero se a súa referencia é pola fábula da rá e o escorpión, non intérpreto na administración dos comentarios, unha fábula mundialmente coñecida como insulto ou libertinaxe de ningún tipo.
      Agradézolle a súa participación.

      Eliminar
  4. Madre mía, como vamos si al leer una fábula en lugar de interpretar su contenido se entiende como un insulto, tal y como parece ser por parte del moderador o moderadora del blog de EU-Mugardos para censurar el comentario, un blog de un partido de izquierdas, abanderado de la libertad (la de expresión incluida), se dedica ahora a censurar simples comentarios de los vecinos en lugar de tratar de ser un foro abierto a todas las opiniones. Por favor, esperaba mentes más abiertas y un poco de sentido del humor.
    Barcia pide ayuda a EU para cruzar el rio al quedarse solamente con tres concejales, EU desconfía del historial que trae el alcalde, pero claro si tú me ayudas yo te ayudo a ti, y Pilar accede, al final la naturaleza del alcalde que no es otra que “la del aquí ordeno y mando yo” sale a relucir y EU se queda con la cara pintada.
    Señor/a moderador/a del blog de EU-Mugardos, rebátame esto y no se quede con que le llamo rana o escorpión, que por supuesto no lo hago, y que una fábula no es más que eso, o que se lo explique el número dos de la lista, que es profesor.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      Descoñezo cal é a política de administracións de comentarios doutros blogs.
      Neste blog, publícanse os comentarios que non conteñan insultos, nin faltas de respecto, e sempre que teñan relación coa actividade política municipal.

      Eliminar
  5. Cada dia vamos conociendo nuevos elementos del pacto fallido.Desde luedo quedó claro, por lo menso para la gente de a pie, que el objetivo no era el bien de nuestro Mugardos.El objetivo era el sillón y la tela marinera.Logicamente algunos se enfadan y dicen improperios en las cafeterias, por que gracias a espacios como este, la gente está informada, y tiene argumentos, datos, fechas, para rebatir y razonar.
    Se les descubrió el pasteleo, y espero que a los de iu no les parezca un insulto.Despues de todo, estuvieron negociando con el Partido Popular, la forma de sacar a barcia de la alcladía.¿O lo vais a negar ahora? y ahora estaban negociando con barcia sus cuotas de poder, y a ser posible, que nadie les entrase en asuntos sociales, por si se les descubre todo lo que alli tienen.

    ResponderEliminar
  6. Agradézolle a súa participación.
    Este blog ten como obxectivo proporcionar información aos veciños e veciñas, coa convicción de que canto máis e mellor coñecemento da actividade municipal se traslade, mellor será o goberno do noso Concello.

    ResponderEliminar