jueves, 26 de septiembre de 2013

Pleno Ordinario 27/setembro/2013

Mañá venres, 27 de setembro de 2013, terá lugar ás 19.00h no salón de Plenos do Concello de Mugardos, o pleno ordinario do mes de setembro, aberto ao público. 
A continuación, orde do día (entre paréntese a miña opinión/ valoración):

1 . Aprobación acta anterior

2. Ordenanza fiscal polo uso do compo de fútbol da Pedreira. Sairá adiante cos votos de BNG- EU-PSOE e PP. (Eu decidirei o voto no Pleno,cando se xustifique o retraso e como pode ser que se soporte un custe de 30€/hora en limpeza e portería. Custe, por certo, utilizado para o cálculo do que se lle vai cobrar á xente cando alquile o campo. Por ese prezo, sairían máis barato contratar o servizo de limpeza e portería e crear un posto de traballo).
 
3. Ordenanza fiscal do servizo de incendios e salvamentos . Sairá adiante cos votos seguros de BNG-EU- PSOE e teño dúbidas co voto do PP, que fixo propostas na comisión. ( Esta é a ordenanza que regula o cobro cando actúa o GES, e ten tan pouca explicación como a anterior. Leva o GES traballando semanas e fai meses que sabían que íamos telo, pero ninguén planificou que houbera ordenanza. As explicacións que se deron na comisión sobré o texto...¿pois qué decir? Por poñer un exemplo, o presidente da comisión, Sr. Bouza non foi quén de respostar pregunta algunha, tivo que ser a Sra. Díaz a que botara unha man, e xa todos sabemos o que sabe esta muller de impostos e taxas....sabe tanto, que un día dixo que o imposto do IBI (contribución) é progresivo...ignorancia atrevida chámanlle algúns). 

4. Adxudicacións de postos vacantes no mercado municipal. Sairá adiante cos votos de BNG-EU-PSOE-PP. (Eu non comparto o procedemento de asignación de postos. Penso que antes de dar postos novos deberían ter preferencia os usuarios existentes, que levan anos tentando sacar adiante o noso mercado, con pouca o nula axuda do Concello).

5. Ratificación das Resolucións da Alcaldía 686 e 710. Sairán adiante. Na primeira, pola miña parte, non haberá unanimidade. A Resolución 686 presta aprobación ao expediente para revisión da delimitación do núcleo rural de A Redonda e O Baño presentados por OgPA, empresa encargada do Plan de Urbanismo. O meu voto débese a nula transparencia que se está dando a este procedemento. A Resolución 710 é a que fixa os festivos locais en Mugardos, que no 2014 a Alcaldía propón que sexan o 7 de xaneiro e o 10 de xuño)

6. Dar conta do informe do 2º trimestre sobre o pago de obrigas. (Os que seguides o blog xa sabedes que os puntos de dar conta non permiten debate, co cal non teremos explicación de porqué o Alcalde di que o Concello de Mugardos non ten débedas, e por contra este informe, que tomaron o seu tempo en traer porque é ata o 30 de xuño, di que o Concello ten pendente de pago 537.662,27€ (dos cales 396.220,64€ están fora do prazo legal de pago para as administracións públicas). Logo din que están por axudar ao pequeno comercio, e aos pequenos empresarios).

7. Moción do PP relativa ao rexeitamento e condena do terrorismo. Non penso que se aprobe, BNG-EU votarán en contra, e o PSOE pode que tamén. (É difícil saber o que vai acontecer con esta moción. O PSOE non mantivo a mesma postura en todos os concellos nos que se presentou, e no Concello de Mugardos ten connotacións complexas que exceden o político, ainda que espero que non sexa así. Eu nacín en democracia e penso que todas as ideas, todas, incluso as máis alonxadas do meu pensar, poden e deben defenderse nas institucións con votos, non con armas).

8.  Moción do PP instando ao Alcalde a presentar os orzamentos de 2014. Non se aproba seguro. Votarán en contra BNG, EU e supoño que PSOE. (Sorprende a presentación da moción, posto que insta ao Alcalde a cumprir a lexislación, que di que deberán presentarse os orzamentos dun ano o 15 de outubro do ano anterior, como moi tarde... claro que ás veces, ao goberno municipal de Mugardos é certo que hai que lembrarlle que a lei hai que cumprila, e o regulamento, e as sentezas xudiciais...

9. Dar conta das condolencias por asasinatos por violencia de xénero.

10. Dar conta as resolucións da Alcaldía do mes de setembro

11. Rogos e preguntas. As miñas preguntas son:
- de resposta escrita:¿Porqué non se lles desconcou o día da folga do 12 de xuño de 2012 aos traballadores do Concello de Mugardos como di a lexislación vixente?. ¿Cal é o motivo das contradiccións existentes entre as declaracións públicas nesta mesma sala de Plenos do Alcalde que di que o Concello de Mugardos prácticamente non ten débedas , e o informe que se trae a das conta a este Pleno que di, que logo do 2º trimestre, o Concello ten débedas fora de prazo por 396.220€?
- de resposta oral: ¿Cal é o motivo de que non coincidan os datos do númeor de usuarios de dependencia entergados o luns 16 de setembro en comisión coas resolucións de Alcaldía das que se da conta nos Plenos ordinarios?. ¿Cal é o motivo polo que non se aplica o convenio colectvo ao persoal de limpeza de praias e si a outro persoal tamén laboral do Concello de Mugardos?


Aos que pensades que non digo a verdade, vide mañá ao Pleno e poderedes comprobalo.
Aos que pensades que digo a verdade, vide ao Pleno e apoiade.
Pero o máis importante, se tedes oportunidade, ¡vide ao Pleno...que non volo conten!

17 comentarios:

  1. Para poder asimilar la subida de impuestos que realizó el grupo de gobierno durante el año 2014, los mugardeses necesitamos un discurso que nos de confianza y que dote de sentido el sacrificio que se nos pide para logar un mejor futuro.
    Es importante acreditar que los sacrificios tienen sentido y conducen a un fin.
    Hacer ese discurso debería ser la máxima preocupación del grupo de gobierno. No se trata de aportar datos o enredarse en debates. Se trata de saber a que tipo de pueblo nos dirigimos. El espectáculo de los concejales enredados en sus batallas es deprimente. El objetivo pasa por una disposición al acuerdo por parte de todos para el logro de los objetivos que se marquen.
    El sacrificio tiene sentido cuando conduce a la solución de los problemas. Lo contrario -la fragmentación y la disputa a corto plazo- está de más.
    ¿Podemos los mugardeses aspirar que nuestros políticos pongan sus ojos en esta meta tan razonable?.
    ¿Será una utopía?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo o seu comentario.
      Lamentablemente, confírmolle que as mesmas dúbidas que vostede plantexa ao respecto da planificación de á onde se quere ir con esta suba de impostos, ou para qué se solicita o esforzo económico aos veciños e veciñas con dita suba, eu tamén as teño.
      Solicitei informe do impacto de dita suba nos veciños, preguntei o porqué da suba nun Concello económicamente saneado, pedín que se aclarase por parte do equipo de goberno cal é a causa do retraso no pago das facturas cando hay cartos no banco. De todo esto, e de moitas cousas máis, non acadei respostas.
      Como di a cultura popular, nunca ten vento a favor o que non sabe a onde se dirixe. E teño a convicción, de que este goberno, non sabe o que quere para Mugardos, só saben que eles queren o sillón e suporán que necesitan cartos para conseguilo

      Eliminar
  2. A la vista de lo sucedido en el pleno del pasado viernes, me refiero a la actitud fascista del alcalde al no dejar intervenir a unos concejales de la oposición incumpliendo la ordenanza de régimen interno aprobada por su grupo con apoyo de EU y PSOE, y haciendo mía el sentir de la mayoría de los asistentes al pleno, los mugardeses estamos legitimados para crear el Frente Revolucionario Antibarcista Patriótico (FRAP).
    El responsable de tamaño dislate no es sólo del presidente del pleno (alcalde) sino de todos los que apoyaron su actuación.
    Un ejemplo histórico: cuando Nerón nombró cónsul a su caballo la culpa no es sólo de Nerón sino de todos los que le rodeaban que no impidieron semejante atrocidad.
    ¿Vamos los mugardeses por el mismo camino?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Entendo que os veciños e veciñas deben pedir aos gobernantes que respecten as leis, normas e regulamentos que obrigan a cumprir aos veciños, as mesmas normas, leis e regulamentos polas que obrigan a pagar impostos, respectar prazos ou solicitar axudas polos procedementos por eles establecidos.
      É certo que o actual equipo de goberno ten un ansia reguladora para os veciños e membros da oposición, aos que amenazan con sancións se incumpren as normas, cando son os propios gobernantes os que non cumpren sistemáticamente, non respostando en prazo os escritos, non pagando facturas en prazo, ou negando dereitos que logo son recoñecidos na vía xudicial.
      Non é unha cuestión de revolucións, é cuestión de solicitar dos representantes públicos lexítimamente elexidos o respecto que os veciños e veciñas merecen. E certamente, a maioría dos membros do actual goberno actúan créndose intocables, cunha falla de principios democráticos impropias do século XXI, con incumprimentos sistemáticos de regulamentos, bases, procedementos administrativos, leis e convenios.
      O que aconteceu o venres foi, simple e lamentablemente, un exemplo máis.

      Eliminar
  3. La parábola de la hormiga y la cigarra, con moraleja
    Cuentan que una cigarra muy preocupada por la dificultad de poder pasar el invierno sin haber acopiado alimentos durante el verano, decidió visitar al animal que tenía fama de ser el más lúcido y hallar rápidamente soluciones. “Me han dicho que está muy preparado… y que hasta puede expresarse fluidamente en inglés”.
    Y se dirigió a la consulta del tan renombrado búho. Le explicó el mal “coyuntural” que le aquejaba. El búho reflexionó durante algún tiempo y después, mirando fijamente a la cigarra, le dijo: “Ya lo tengo. Lo que debes hacer es pasar el invierno en un hormiguero: las hormigas han estado trabajando todo el verano para recoger alimentos que le permitan pasar el invierno sin complicación y tu podrás aprovecharte de ello”.
    La cigarra escuchó con fruición la recomendación del sabio búho y se marchó agradecida y alborozada.
    Pero, de pronto, se detuvo y se dijo: “Me ha dicho lo que debo hacer… pero no cómo”… Desanduvo a toda prisa el camino recorrido, se presentó delante del búho y exclamó: “Me ha gustado mucho la solución que me has dado… pero se te ha olvidado decirme cómo”. El búho la miró de nuevo fijamente y le dijo (¡en inglés!): “This is not my role. I am a policymaker” (“Esta no es mi función, yo soy un político”).
    Moraleja: a partir de ahora, en los programas electorales, en los debates plenarios, en todos los proyectos y propuestas… los ciudadanos no olvidaremos exigir que los QUÉ vayan acompañados de los CÓMO. Así, verbigracia: “…la solución está en crear empleo”. ¿Cómo?; “…vamos a asegurar el bienestar social”. ¿Cómo?.. etc., etc., etc.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Agradezo a súa participación.
      No Concello de Mugardos todos os "como" teñen a mesma resposta. Pedindo cartos... A veciños e veciñas vía impostos e taxas, á Xunta sexa da cor que sexa, á Deputación, Europa...
      Mágoa que a resposta nunca sexa que se vai facer con xestión e planificación do que xa se ten para non seguir apretando á xente

      Eliminar
  4. El coste hora de limpieza es similar al coste hora de Bazán (32 euros). Estoy convencido que si en una oferta para un trabajo para el ayuntamiento le ponen este coste hora el grupo de gobierno lo consideraría excesivo y le diría a la empresa si está de coña. Parece un disparate que la interventora no pusiese ninguna objeción a tamaño coste.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Comparto con vostede as dúbidas sobre o custe/hora do concepto limpeza/mantemento/portería que ven reflectido nese informe.
      E ainda teño máis dúbidas sobre o informe e a imputación de custes, logo das "explicacións" dadas polo Concelleiro de Facenda Sr. Bouza, durante o Pleno.
      É igual de ilóxico que o feito de que o equipo de goberno vexa normal que, nun campo de fútbol, sexa máis caro unha hora de campo completo para xogar ao fútbol (50€/hora) que unha hora de campo completo para espectáculos de carácter míxto, nos que se inclúan algunhas manifestacións alleas ao deporte(40€/hora).
      Aclaro, por se alguén ten algunha dúbida que os meus reparos á ordenanza é o meu voto en contra ían dirixidos á xestión municipal, e ningún caso ao Galicia de Mugardos, que pouco ou nada ten que ver co feito de que o Concello elabore e cobre unha taxa polo uso do campo.

      Eliminar
  5. Soamente dicir que considero democraticamente moi saudable e aleccionador a mensaxe expresada no primeiro comentario desta entrada, co cal penso que coincidimos a maioría cidadá. Penso tamén que é imprescindible chegar a un acordo de mínimos en canto a un proxecto de futuro a curto e medio prazo para o noso Concello.
    Pero o problema vólvese máis preocupante cando non hai proxecto ou proxectos de futuro sobre os que debater e negociar.

    ResponderEliminar
  6. Agradezo o seu comentario.
    Sen dúbida a situación política na que se atopa o Concello de Mugardos require dun anàlise profundo do futuro a medio prazo. O horizonte ao que nos enfrentamos é de dous anos de rodillo BNG-EU sen diálogo, co apoio prácticamente incondicional do PSOE a pasares das importantes decisións pendentes como son os orzamentos, o Plan de urbanismo, o museo, o Castelo da Palma, o esforzo fiscal dos veciños e veciñas, os servizos sociais ou a elevada taxa de desemprego. Lamentablemente, non hai acordo nin diálogo en ningunha deseas áreas, sendo desestimadas sistemáticamente todas as propostas e alegacións feitas tanto pola oposición como polos veciños, en ocasións por motivos pseudopolíticos, noutros por intereses persoais e na maioría dos casos, pola incapacidade a recoñecer erros por parte duns gobernantes que falan da necesidade de negociación e diálogo pero non cren nela.
    Espero que nos próximos procesos electorais, e logo da situación que se está a coñecer dentro da clase política, todos, veciños e políticos, cheguemos á conclusión de que é mellor ter gobernantes que teñan como obxectivo o ben común e non o persoal, que non permitamos que a xestión dos cartos públicos queden en mans daqueles que veñen á política co fin de encher os seus petos ou o seu orgullo.
    Eu pola miña banda, seguirei nos próximos dous años tentando que se respecten os dereitos dos veciños e veciñas, que se traten a todos por igual (non se poden traer licencias de obra nunhas ocasións logo de estar guardadas no caixón un ano, e noutros sorprendentes casos en menos dun mes), e que a xestión administrativa dos expedientes municipais cumpra as leis e os mínimos criterios de calidade esixibles, que no se están a cumprir nestos momentos, coas conseguintes consecuencias negativas para os veciños.

    ResponderEliminar
  7. En política, especialmente en la política democrática, hay que tener la cintura suficiente como para definir los espacios de cada uno. No niego que el BNG+EU con el apoyo del PSOE gobiernen con mayoría absoluta y tienen la legitimidad de las urnas para hacerlo. Pero es imprescindible para ciertas decisiones intentar llegar a acuerdos. En ocasiones eso es imposible e inviable, en muchas ocasiones las diferencias ideológicas son tales que ni siquiera es recomendable. Pero cuando se trata de los propios procedimientos, cuando se trata de garantizar que la democracia pueda seguir funcionando, ahí las mayorías absolutas no valen. Las mayorías absolutas no pueden convertirse en mayorías absolutistas, pues la democracia no es solamente que gobierne la mayoría, sino que se respeten los derechos de las minorías, se cumpla con lo reglamentado y se garantice el acceso a órganos e información.
    Espero que en cuestiones tan importantes, sea el propio sentido democrático el que prime en el futuro. Deseo que a esta institución no tenga nadie que sacarle los colores por algo tan grave como es no garantizar los derechos fundamentales.

    ResponderEliminar
  8. Una sugerencia para el anónimo del día 29 de septiembre 19:05
    Cambiaría Revolucionario por Reivindicativo. Reivindicar es reclamar o recuperar algún derecho que nos pertenece y se nos ha quitado.
    También cambiaría Patriótico por Popular (del Pueblo). Patriótico tiene ciertas connotaciones que pueden retraer a algunas personas.
    Las siglas seguirían siendo las mismas. Además muy bien traídas al caso.

    ResponderEliminar
  9. No soy un visitante habitual de estos foros pero después de asistir a la lamentable sesión plenaria del concello el pasado viernes 27 de septiembre y animado por varias entradas de anónimos en este blog, quiero exponer mi opinión. Sólo es una opinión, la mía, que puede ser compartida o no. Espero se respete al igual que yo hago con las opiniones de los demás. No tengo por costumbre discutir sobre opiniones, las opiniones son eso, opiniones. Puedo estar de acuerdo o no con ellas, pero las respeto.
    Los políticos, de los diferentes grupos de gobierno, que ha tenido este pueblo nunca se han distinguido por su gestión democrática y transparente. Esto llama la atención cuando todos ellos, dicen, han “luchado” por un fin: la democracia en los tiempos de la dictadura. Cada uno a su manera (estrategia). Todas respetables aunque no comparta la estrategia que utilizaron en algunos casos pero si el fin a conseguir.
    Cuando los políticos que han tocado poder pasan a la oposición o a los que nunca disfrutaron del poder, sí se les percibe criticar las formas de gestión del gobierno de turno. Pongo un ejemplo: “Mugardos non se merecía, nin se merece, esta suposta trama urbanística, Mugardos non se merece que ronde sobre a sua ciudadanía o manto da posible corrupción, Mugardos se merece una institución que de resposta ós seus problemas dentro da legalidade” (Fin de la cita). Sra. Díaz Otero sesión plenaria del 17 de diciembre de 2007 (Caso Virgin). Si repasamos la hemeroteca de las actas de los plenos hay algunas más sugerentes que esta.
    ¿No tiene nada que decir la portavoz del grupo municipal de Esquerda Unida, que en la actualidad forma parte del grupo de gobierno (BNG+EU), ante lo sucedido en el pleno del pasado viernes?. Como bien dice uno de los anónimos, la culpa también es de los que toleran esas actuaciones. Uno es culpable por acción (alcalde-Nerón siguiendo el símil de la referida entrada) y otros por cómplices necesarios (resto de concejales del grupo de gobierno).
    LA DEMOCRACIA NO SE PREDICA, SE PRACTICA, dicho que se le escucha a la concejala no adscrita con bastante frecuencia en los plenos.

    ResponderEliminar
  10. Mucha gente confunde la soberanía popular con la soberanía del pleno de la corporación. Error evidente fruto de la poca educación de la ciudadanía (en el estricto término político de la expresión) que sufrimos y de la demagogia que la disfraza. Lo lamento, pero el pleno no es soberano; lo es la ciudadanía para decidir y elegir. El pleno no es soberano para aprobar o consentir la prevaricación, por ejemplo. No es posible que el pleno decida que mañana los concejales tienen derecho a no pagar impuestos y esa decisión sea legal.
    No se puede consentir que aquí se haga lo que la mayoría quiere, aunque sea contra la legalidad. Estamos en el pueblo de la dictadura, de una democracia truncada, que la practicó durante bastantes años el BNG cuando gobernó en solitario y ahora cuenta con el apoyo de Esquerda Unida. Estáis errados si seguís por ese camino.
    No, esto no es una democracia truncada. Esto es una democracia en la que pasta libremente la demagogia o el “buenismo”. Y ese es el problema.
    No es un problema de mayorías o minorías, es un problema de pedagogía política y de responsabilidad de gobierno. Por mucho que unas formaciones políticas obtengan una mayoría absoluta en un ayuntamiento no está legitimada para actuar en contra del marco legal
    La pedagogía política consiste en explicar una y mil veces a los ciudadanos que las instituciones públicas, los ayuntamientos en nuestro caso, están sujetas a leyes y reglamentos que regulan su funcionamiento y su régimen jurídico y que ese marco legal es la mejor garantía para ellos, sin embargo hay responsables políticos que apelan a decisiones absurdas (por a-legales) para hacer valer su mayoría, si están en el gobierno, o apelan a su “buenismo”, si trabajan desde la oposición irresponsable.
    Todo esto me huele a: por una parte (Alcalde) a un problema de querer demostrar lo que se es pero no ejerce porque no le dejan, y por otra (Sra. Díaz) a una ambición desmedida de poder y protagonismo (no confundir poder con autoridad. La autoridad se la da el cargo el poder lo gana uno mismo). No es más importante el que ocupa el despacho más grande o el que tiene más concejalías a su cargo, sino el que deja el mayor vacío cuando se va.
    Cuando el actual alcalde de Mugardos le dijo a un juez que “hacia lo mejor para el pueblo de Mugardos” el juez le contestó “que lo mejor para el pueblo de Mugardos es cumplir la ley”.
    No es tan difícil Alcalde, Vd. puede hacerlo y el pueblo se lo agradecerá. Busque el apoyo en su gobierno y si no están dispuestos a ayudarle en este cometido hágales dimitir. Dimitir no es una palabra rusa, aparece en el Diccionario de la Real Academia de la Lengua Española aunque su declinación es harto complicada en este país.

    ResponderEliminar
  11. Que pensa vostede da actitude dos concelleiros do Partido Popular ao abandonar a última sesión plenaria , tendo en conta que con iso renunciaron á vez , a que se debatese unha proposta que eles mesmos presentaran en relación a algo tan importante como poidan ser os presupostos municipais . Porque sín entrar a xulgar a forma de comportarse do alcalde , que posiblemente non sexa algo novo nín tampouco produto da improvisación , pode que mesmo poidan ter sido vítimas dunha provocación calculada na cal , de ser así , penso que non deberon caer .

    ResponderEliminar
  12. Agradezo a súa participación.
    O certo é que comprendo a reacción dos Concelleiros e a Concelleira do Partido Popular. Os incumprimentos reiterados e sistemáticos do Regulamento por parte do Goberno municipal requiren de respostas por parte da oposición que den voz aos graves ataques ao dereito dos Concelleiros a facer o seu traballo de fiscalización e control coas garantías recollidas na lexislación vixente.
    Que a oposición pida explicacións sobre porqué o Concello de Mugardos ten débedas a 30 de xuño por máis de 400.000€ non resulta extravagante. Máis tendo en conta que ese era un expediente que non pasara pola comisión de Facenda.
    O que non entendería é que tendo 4 Concelleiros, o PP non mostrara a súa repulsa ao abuso que o Alcalde e o seu equipo están a facer coa negativa a dar explicacións e a proporcionar información básica para o traballo municipal. Xogan con cartas marcadas, impoñendo as súas reglas para logo non cumplilas. BNG, EU e PSOE votaron un regulamento que agora non respectan.
    Sobre as provocacións ás que fai mención, a verdade é que non sei se todo esto forma parte dun plan calculado, pero serán os veciños e veciñas de Mugardos os que teñan que decidir se con trampas, mentiras e provocacións é como mellor pode gobernarse un Concello.
    A min, daquela situación no Pleno e doutras semellantes que se dan nas comisións o que máis me sorprende é o PSOE, que permite que por exemplo a min, leven meses sen respostarme as preguntas nas comisións informativas, e incluso nos Plenos sen dicía unha palabra. Os dereitos dos Concelleiros debemos defendelos todos os Concelleiros, porque é defender os dereitos de aqueles aos que representamos.
    Se hai Concelleiros que só defenden o cumprimento dos regulamentos según como lles vaia a festa, non poderán negarme que eu conclúa que están no Concello para o seu, e non para o ben común.

    ResponderEliminar
  13. Escuchando un poco de música al ver este viejo video, pura energía, adrenalina directa a vena, me ha venido usted a la cabeza, quien le iba a decir a un tipo acostumbrado al ordeno y mando que una chica a la que dobla en edad se le plantaría delante. Ojalá cundiese el ejemplo y muchos se plantasen delante de toda esta clase acomodada de políticos, cáncer de este país y de este corrupto sistema que pretenden disfrazar de democracia. No tienen ni puta idea de lo que es la democracia.

    Pues eso… ¡¡No surrender!!

    http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=WXsR9ANcAQg

    ResponderEliminar